CS Guía, información e asistencia turísticas

""VIAXE A MÉXICO" na Biblioteca. Guías: alumnos do Ciclo Superior de Turismo.

O pasado luns, os alumnos de 1BAC "viaxaron" a México na nosa Biblioteca.

 

 

 

 

 

No Ciclo Superior de Turismo do centro quixeron colaborar activamente coas actividades deseñadas dende a Biblioteca (poden verse en Bibliocabe) e convertíronse, cunha magnífica caracterización e presentación, en guías que fixeron rir e disfrutar da experiencia a uns alumnos que se implicaron na actividade e saíron encantados da viaxe...

 

Selene, Rocío, Xoán, Sandra, Iria, Ramón e a profesora Sol foron os que prepararon esta fantástica viaxe.

 

Visita ó Pazo de Tor do alumnado e profesorado de Ciclo de Turismo

O alumnado do Ciclo superior de Guía, información e asistencia turísticas realizou unha visita ó Pazo de San Xoán de Tor o pasado mércores.

A saída veu motivada por coñecer unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, ademais de entrar en contacto co  modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.

Un lugar que merece ser visitado... 

Visita a Ourense do CS de guía, información e asistencia turística

A primera saída do CS de Guía, información e asistencia turística deste novo curso 2018/19 tivo lugar o luns, 1 de outubro, e o destino elixido foi Ourense.

Nesta viaxe visitamos a zona monumental da cidade acompañados dun guía local que nos ofreceu unha información pormenorizada deste destino.

A visita rematou no Centro Cultural Marcos Valcárcel para asistir a charla sobre oratoria co título: “Quen comunica, triunfa

Recibimos ás alumnas finlandesas do intercambio

Acaban de chegar ao noso centro un grupo de alumnas finlandesas enmarcado dentro do intercambio escolar entre alumnos de segundo de Bacharelato do IES Río Cabe e o Paimio High School, de Turku. Os nosos alumnos e alumnas xa viaxaron a Finlandia do 7 ao 14 de setembro, xunto coas profesoras Patricia Barrientos e Temi Madarnás.

As alumnas finlandesas convivirán cos alumnos do IES Río Cabe nas aulas, asistindo ás clases de diferentes materias. Tamén vivirán o día a día da vida en familia xunto aos seus compañeiros monfortinos e a lingua vehicular de comunicación é o inglés.

Xunto co grupo de alumnas veñen dous profesores: Juhani, profesor de inglés, e Ritu, profesora de matemáticas, que levarán a cabo unha tarefa de jobshadowing ou observación dos profesores do IES Río Cabe.

Como actividade de benvida o martes 2 de outubro tiveron ocasión de coñecer os lugares máis emblemáticos de Monforte de Lemos acompañados polo alumnado do CS de Turismo, que actuaron como guías locais, e as profesoras Sol González e Temi Madarnás. Clickando na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería fotográfica do percorrido pola nosa vila.

Álbum: Escolares -> Alumnado Finlandés de Turismo

Xornadas para o desenvolvemento de produtos turísticos

O alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas asistiu os días 30 de novembro e 1 de decembro a unhas xornadas, organizadas polo profesor da materia de "Marketing Turístico", sobre a análise e estratexias para o desenvolvemento de produtos turísticos.

A primeira delas foi impartida por Aida Menéndez Lorenzo, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e a temática da mesma foi o estudo sobre o camiño de inverno como vía de peregrinación a Santiago de Compostela, as oportunidades e os retos que isto representa.

A segunda charla foi impartida por Xesús Verao Pérez, Vocal que foi do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e os contidos da mesma versaron sobre a denominación de orixe Ribeira Sacra, o territorio, a paisaxe e a economía ante a declaración de patrimonio da humanidade.

Alumnado de Turismo no Espazo Coworking

Profesorado e alumnado do ciclo de Turismo asistimos á presentación dos proxectos de empredendores participantes na segunda edición do Espazo Coworking EOI- Ribeira Sacra, o pasado 29 de novembro.

O espazo Coworking, iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, desenvólvese en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) co obxectivo de facilitar a posta en marcha de innovadores proxectos empresariais.

Esta posta en común de experiencias empredendoras era moi especial para nós porque entre a veintena de ideas de negocio expostas, estaba a axencia de receptivo, Novas Rutas-Servicios Turísticos, presentada pola nosa alumna, Ruth Díaz e os ex-alumnos, Mabel Álvarez, e Vicente Parra.

Foi un pracer e unha satisfacción compartir ese momento con eles e desexámoslle moita sorte nesta nova andadura.

Presentación do traballo de Aitor Frean

O alumnado de Turismo asistiu en Sober á presentación do traballo de Aitor Frean, “Os Ibios de Sober. Confluencias simbólicas nun antigo asentamento da Ribeira Sacra”.

A actividade estivo organizada polas asociacións, O Colado do Vento e O Trícole, co motivo da conmemoración do Día do Patrimonio Mundial 2017.

Conferencia do delegado de Politours ao alumnado de Turismo

Na aula de Guía, información e asistencia turísticas  comezamos  a semana do 20 de novembro cunha interesante actividade de toma de contacto co sector profesional dos tour operadores turísticos.

O delegado de Politours, Santiago Vázquez,  presentounos a programación da súa empresa ao tempo que nos trasladaba as novas tendencias do sector e as distintas posibilidades de empleabilidade na maiorista que representa.

Unha charla amena e instructiva por parte dun profesional de dilata traxectoria na comercialización de viaxes.

Visita ao Pazo de Tor do alumnado do CS de Turismo

Como todos os cursos, non podía faltar a visita ao Pazo de Tor. O venres, 27 de outubro, o alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas, viaxamos a Tor para coñecer unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega. Visitamos as salas e dependencias do Pazo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ao longo dos séculos.

A actividade supuxo un importante  aporte de coñecementos relativos ao modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.

 

O alumnado do CS de Turismo nas Clarisas de Monforte

Co fin de coñocer in situ os recursos turísticos da cidade, o Ciclo de Turismo organizou unha saída a un dos máis importantes museos de arte sacra de España, o das Clarisas de Monforte.

Unha magnífica visita guiada permitiunos disfrutar da ourivería, pintura, escultura, relicarios e ornamentos e téxtiles litúrxicos que mostran as cinco salas do museo.

Destacar as esculturas, o Cristo Xacente en furna procesional e dúas inmaculadas, obras de Gregorio Fernández, máximo expoñente da Escola Castelá do século XVII.

 

Distribuir contido