CS Guía, información e asistencia turísticas

Visita a Santiago do alumnado do CS Guía, información e asistencia turísticas.

O alumnado do CS de Guía, información e asistencia turística viaxaron a Santiago para percorrer a cidade sendo asistidos, na visita guiada, polos seus compañeiros do IES Rosalía de Castro.

Para o almorzo escolleron compartir aula taller cos alumnos e alumnas de hostalería do CIFP Compostela.

Visitaron a Oficina de Información Turística municipal e a de Porto e norte de Portugal e aproveitaron para departir sobre temas de actualidade turística cos responsables das oficinas mencionadas.

Para rematar a xornada, o grupo desplazouse ao Mosteiro de San Francisco para disfrutar do Museo de Terra Santa.

Alumnado do CS de Turismo descubrindo a cultura emprendedora

O alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas do IES Río Cabe recibiron o luns, 30 de novembro, a Rodolfo Ojea e Paula Tenreiro, xerente e consultora respectivamente da Fundación da Confederación de Empresarios de Lugo -CEL-. A Xornada organizada pola Fundación tiña como misión a sensibilización, motivación e difusión da cultura emprendedora entre o alumnado de Turismo. Paula Tenreiro baseou a súa exposición en dar respostas ás seguintes cuestións: Que precisamos para emprender?, Onde buscar ideas?, Como evaluar unha idea? Rodolfo Ojea destacou o papel da CEL no apoio á creación de empresas e ao emprendedor con programas tan interesantes como o viveiro de empresas. Para finalizar, o alumnado puido coñecer de primeira man a experiencia da posta en marcha dunha empresa de venda de cruceros online, Miramar Cruises, con sede en Lugo, no viveiro da Fundación CEL. A súa xefa de comunicación, Isabel Chousa, despediu a exposición compartindo cos futuros emprendedores a súa fórmula máxica para alcanzar o éxito: Traballo + Formación continua + Unha boa idea + Sector permeable á innovación + Apoio institucional.

Visita ao Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos

O alumnado do CS de Guía, información e asistencia turísticas asistiu a unha charla e visita guiada ao Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos.

Durante a mesma, Issac - o Xefe de Estudos, explicou as labores técnicas e prácticas así como os distintos ciclos formativos que se imparten nese centro.

Tamén tiveron a posibilidade de dar un paseo pola finca e observar os bancos de xermoplasma de maceiras, videiras e pereiras; así como a adega onde elaboran viño e licores.

Ruta por Monforte de Lemos

O venres 23 de outubro o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turísticas do I.E.S. Río Cabe saíu de ruta por Monforte de Lemos para celebrar o IV Centenario da publicación da segunda parte do Quijote que foi adicada ó VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro. A visita,  organizada polo Concello, foi guiada polo lingüísta José Martínez Rodríguez.

 

Visita a Termatalia

O alumnado do CS de Guía, Información  e Asistencia Turísticas do IES Río Cabe viaxamos a Ourense para visitar Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, unha cita de referencia mundial dentro do ámbito do turismo de saúde.


E para rematar a viaxe, percorremos o casco histórico da cidade acompañados dunha guía local que nos mostrou a riqueza do patrimonio ourensán.

 

 

Museo do alumnado do Ciclo de Guía, información e asistencia turísticas

O 21 de maio tivo lugar no centro a inauguración dun pequeno museo que fixo o alumnado do Ciclo Superior de Turismo. Nel expoñen diferentes pinturas e obras de arte, ademáis de guiar aos visitantes polas diferentes partes nas que se divide o museo.

Decreto polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia

No Diario Oficial de Galicia de hoxe acaban de publicar o Decreto que regula a profesión de guía de turismo de Galicia. Esta información é moi interesante para o alumnado que cursa no noso centro o Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas.

 

Convalidacións dos módulos de Ciclos Formativos de FP

O xoves 20 de novembro publicouse no BOE a Orden ECD/2159/2014, de 7 de novembro, pola que se establecen convalidacións entre módulos profesionales de formación profesional. No noso centro afecta ás posibles convalidacións do Ciclo Superior en Guía, Información e Asitencias Turísticas, sobre todo concretamente aos módulos de FOL, EIE, Inglés e Francés, xa que contempla por exemplo a posibilidade de convalidar o módulo de inglés co Certificado de Nivel Avanzado (B2) de Inglés da EOI.

 

No seguinte link podes acceder ao PDF coa norma antes citada, e atopas subliñado de cor amarelo as partes que máis afectan ao CS da familia de Hostelería e Turismo que se imparte no noso centro:

 

 

 As/Os alumnas/os que desexen máis información poden acudir á Secretaría do centro.

Hai que ter en conta que a Orde ECD/1055/2017, do 26 de outubro, modifica a Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro, pola que se establecen validacións entre módulos profesionais de formación profesional

http://www.edu.xunta.es/fp/validacion-modulos-profesionais

ALUMNAS DO CICLO DE TURISMO EN SOBER

Co fin de coñecer os diferentes concellos que conforman a Ribeira Sacra, alumnas e profesores do Ciclo de Turismo do IES Río Cabe desprazáronse ata o concello de Sober.

Guiados por D. Xesús Verao, visitaron o lugar de Bolmente para admirar a Ribeira Sacra dende o miradoiro da Cividade, ademais de coñecer os restos dun castro próximo. A continuación, dirixíronse cara ao miradoiro de Cadeiras, outra atalaia privilexiada, dende a que poder contemplar a grandiosidade dos canóns do Sil, e as localidades próximas como Parada de Sil ou Castro Caldelas.

A seguinte parada tivo como destino a Adega Regina Viarum, un referente entre as adegas da bisbarra. Recibidos por Sonia e Emma, esta última guiounos polas instalacións desta, explicándolles as diferentes pautas que se seguen na elaboración do viño da Ribeira Sacra: catalogación das uvas, procesos de fermentación, períodos de maduración, variedades de viño...

E antes de regresar e como colofón a esta xornada, o grupo dirixiuse ata a "Pena do Castelo", lugar no que se encontra un castañal con árbores de máis de 500 anos.

Facendo click na seguinte imaxe podes acceder a algunhas fotos da actividade:

 

 

Distribuir contido