CS Guía, información e asistencia turísticas

Visitas guiadas do Ciclo de Turismo na Mostra de FP

O alumnado do ciclo superior de Guías, información e asistencia turísticas participou activamente na Mostra FP Lemos.

A primeira hora adicáronse a informar aos estudantes que se acercaban o stand sobre o ciclo que están a cursar e as súas experiencias o longo do curso.

O punto forte da súa colaboración estivo nas visitas guiadas polo Monforte monumental.
En xornada de mañá guiaron a un grupo de alumnos e alumnas do CPI Dr. López Suárez de Escairón.
Pola tarde a actividade estivo dirixida aos relatores participantes no evento, entre eles encontrábase persoal da Consellería de Educación, o escritor Xabier Alcalá e a periodista e escritora Eva Millet.

O bo facer do grupo de estudantes mereceu as felicitacións dos participantes na experiencia.

"Presente e futuro da Ribeira Sacra"

O pasado luns, 11 de marzo, tivo lugar na aula de Turismo a conferencia “Presente e futuro da Ribeira Sacra” impartida por Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

A exposición versou sobre o Consorcio, o seu funcionamento e os proxectos levados a cabo dende a súa creación no ano 2005 ata a actualidade, facendo fincapé no reto que supón a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Rematou a conferencia cunha mesa redonda onde o alumnado do CS de Guías, información e asistencia turísticas mostrou as súas inquedanzas relativas ao xeodestino.

Hai que destacar a boa disposición e implicación da poñente tanto na exposición coma na resolución das dúbidas plantexadas polo auditorio. 

Foi todo un pracer contar cunha profesional de referencia no sector turístico coma é Alexandra Seara.

"Eu practico turismofilia, e ti?"

O día 21 de febreiro celebrouse o Día Internacional do Guía de Turismo baixo o lema, “Eu practico turismofilia, é ti?”
 
 
E, como todos os anos, o CS de Guías, información e asistencia turísticas sumouse a esta celebración. Nesta ocasión visitamos o románico do Miño: Santo Estevo De Ribas de Miño, San Paio de Diomondi e Santa María de Nogueira.
 
 
 
 
 
A visita, xentileza da empresa Máis que Románico foi guiada por María Abuin e Begoña González.

Visita guiada do alumnado de CS de guía e asistencia turística á Exposición

 



Co gallo da exposición “F. Boix fotógrafo de Mauthasen” o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turísticas realizou na tarde do luns, 11 de febreiro, varias visitas guiadas para dar a coñocer a transcendental laboura deste personaxe. Nado en Barcelona, militante izquierdista exiliado en Francia e posteriormente deportado ao campo de concentración nazi de Mathause, acabou sendo clave para a condena de militares nazis no xuizo de Nuremberg grazas as fotografías custodiadas por el.

Esta exposición organizada pola Biblioteca do Centro pódese visitar ata o venres 15 de febreiro.

"Segredos de Pantón" Charla de Lucas Vázquez

O alumnado de Turismo contou este martes, 5 de febreiro, coa presenza do coordinador de “Segredos de Pantón”, Lucas Vázquez.

Dende o postureo das redes sociais -como di Lucas- pretenden divulgar e darlle dignidade as tradicións, a cultura e o patrimonio do mundo rural focalizado no concello de Pantón.

Mostra da manifesta paixón polo rural son as actuacións que están a levar a cabo: rutas, charlas, proxectos de investigación, coidado da natureza, posta en valor de tradicións en perigo de desaparición ou publicación de novas do concello, entre outras.

 Xa que Lucas se ofreceu para rutear con nós, verémonos de novo!

"Coaching no camiño" Charla de María Benita García

“Coaching no Camiño” foi o título da charla impartida por María Benita García Dacosta na aula de Turismo este luns, 4 de febreiro. 

A relatora conta con ampla experiencia como coach executivo e de saúde, ademáis de estar vencellada ao sector turístico na súa etapa coma responsable de marketing da Maison du Languedoc Rousillon. Foi tamén responsable do  desenvolvemento de estratexias de promoción turística para diversas rexións francesas no territorio español, entre outras experiencias laborais.

Na disertación relatou o programa do produto, “Coaching en el Camino” que comercializa a empresa Kam Move, da que é socia fundadora.

Segundo as súas verbas, trátase de aproveitar a introspección que o propio camiño de Santiago facilita para, aplicando técnicas de coaching, chegar ao autocoñecemento persoal.

Unha interesante toma de contacto co mundo do coaching que terá continuación no futuro.

Dúas actividades do CS de Turismo: Asistencia á Charla da Asociación Camiño de inverno e presenza no centro dunha restauradora que falou de esgrafiados.

Charla sobre esgrafiados

O luns, 17 de decembro visitounos na aula de Turismo do IES Río Cabe, Carola Sánchez, restauradora de BB.CC.
A súa disertación versou sobre os revestimentos de cal, encintados e esgrafiados, na Ribeira Sacra.
Na presentación pudemos apreciar distintas decoracións nas edificacións e coñocer da man da restauradora funcións como a de protección ante condicións meteorolóxicas adversas ou as propriedades antibacterianas e antifúnxicas dos morteiros de cal, entre outras.

Respondeu às dúbidas do alumnado e ofreceuse para percorrer connosco as principais construcións coas fachadas decoradas con cal. Agradecemos a Carola a súa presenza nas nosas aulas e a mostra da súa interesante intervención na Ribeira Sacra.  

Por outra banda, para rematar as saídas do primeiro trimestre o CS de Guía, información e asistencia turísticas acercámonos ao Centro do Viño de Monforte de Lemos para asistir á presentación do II Anuario da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, “Vía Jacobitana polo Camiño de Inverno”.



Aida Menéndez, presidenta da Asociación, indica que o obxectivo da publicación é poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do Camiño de Inverno e dar a coñocer novas investigacións sobre esa ruta.

Visita ó Parlamento do CS de guía e información turística.

Nesta viaxe do CS de Guía, información e asistencia turísticas o destino foi Santiago de Compostela.
Comezamos cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia que rematou cunha extensa charla sobre protocolo institucional a cargo de Maribel Cao, xefa de protocolo da Presidencia do Parlamento.


Para xantar desprazámonos ao CIFP Compostela onde o seu director, Ramiro Esparís, fixo de cicerone polas instalacións do Centro. Durante a comida Rosalía Carril, profesora experta na materia daríanos nocións sobre protocolo na mesa.


A tarde estivo adicada a percorrer o casco histórico guiados polo alumnado do CS de Guías do IES Rosalía de Castro acompañados da súa profesora, Esther Buide. Magnífico traballo o dos nosos compañeiros e compañeiras de Santiago mostrándonos a cidade!
E para rematar a xornada visitamos as instalacións dun convento franciscano do século XVIII hoxe convertido nun hotel de catro estrelas, o Hotel Monumento San Francisco.

O CS Turismo asistiu ó "I Congreso Iberoamericano Cultura e memoria" e a actividades relacionadas.

O CS de Turismo participou o venres, 30 de novembro, no I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria que tivo lugar no centro cultural O Vello Cárcere de Lugo.



Os diferentes poñentes defenderon o uso cultural e turístico dos cemiterios expoñendo diferentes experiencias de xestión e difusión dos mesmos. A catedrática de historia do arte é directora do Centro de Estudos da cidade, Ana Goy Diz fixo de cicerone na visita guiada ao Cemiterio de San Froilán.


A xornada rematou coa escenificación da obra, Memorias do Alén, a cargo do grupo de teatro Achádego.

Visita do Ciclo Superior de Turismo ás Clarisas e ó Hotel Cardenal

Co gallo da celebración do Día do Patrimonio Mundial, o 16 de novembro o CS de Guía, información e asistencia turísticasvisita un dos principias museos de arte sacra de España. Ubicado no convento de Santa Clara de Monforte de Lemos do que foi fundadora e mecenas a sétima condesa de Lemos, Catalina de la Cerda y Sandoval, acolle un importante legado artístico entre o que destacan as pezas escultóricas do taller de Gregorio Fernández.

Unha vez rematada a visita guiada á exposición de arte sacra acercámonos a coñocer un dos principais establecementos que conforman a oferta aloxativa de Terra de Lemos, o Hotel Cardenal. Ademáis de visitar as instalacións tivemos ocasión de departir coa responsable de recepción cuestións de índole diversa referidas ao sector turístico. 

 

Distribuir contido