CS Guía, información e asistencia turísticas

Día Internacional do Guía de Turismo

O 21 de febreiro o Ciclo de Guías, información e asistencia turísticas festexou o Día Internacional del Guía de Turismo #DIGT2020 cunha visita guiada pola cidade de Monforte de Lemos por xentileza da guía oficial, Beatriz Pérez de Máis que Románico.

O eslogan do evento deste ano, #turistaentutierra pon de manifesto o interese de APIT Galicia-Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia- por dar a coñocer aos galegos e galegas o seu territorio.

Aproveitando o significativo do día, reivindicouse a importancia da profesionalidade no sector do Turismo frente a un panorama comprometido polo  intrusismo.

 

Encontros Profesionáis do Sector Turístico

O alumnado do ciclo de Guías, información e asistencia turísticas viaxou a Santiago, mércores 5 e xoves 6 de febreiro, invitados polo IES Rosalía de Castro para asistir a distintos encontros con  profesionáis do sector turístico.

Na primeira xornada, mediación e emprendemento foron os temas abordados polos responsables en Galicia de Costa Cruceros e Politours, ademáis das intervencións da xerente de Viaxes Áncora e da responsable de Estila Azafatas.

O segundo día o encontro versou sobre a acollida e a información ao visitante. Neste caso os relatores foron Silvia Iglesias, directora da oficina de Porto e Norte de Portugal; Fernando Mújico de Turismo de Santiago, Ítalo Péndola como guía oficial de turismo e Tommi Alvarellos en calidade de presidente de APIT – Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia-.

Charla de Xurxo Ayán

Co título, “Creando a Ribeira Sacra: modelos de deseño dun produto turístico” o arqueólogo Xurxo Ayán disertou, onte martes 28 xaneiro,  na aula de Turismo do CS Guías, información e asistencia turísticas.

A actividade tivo continuidade coa xornada práctica sobre experiencias de turismo patrimonial e arqueolóxico na igrexa de San Pedro e no castro de San Lourenzo en Cereixa, rematando a xornada  no conxunto de adegas de Vilachá.

Vigo, máis aló das luces

Alumnado de nocturno do IES Río Cabe visita Vigo guiados polos seus compañeiros do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas.

 

 

Nun chuvioso mércores 18 de decembro iniciamos a visita á cidade olívica na plaza de O Berbés antes de adentrarnos no Casco Vello, onde observamos a Concatedral de Vigo (comunmente coñecida como A Colexiata) e a casa torre de Ceta e Arines considerada a máis antiga da cidade e que na actualidade é a sede do Instituto Camões, xunto coa contigua casa de Pazos e Figueroa.

Ascendemos pola rúa dos Cestos, onde aínda se poden atopar dous talleres de artesáns cesteiros, para chegar á Praza da Constitución. Resguardados nos seus soportais, observamos a primeira farola alumeada con luz eléctrica en Vigo e a antiga sede do Concello.

Dirixímonos cara a Porta do Sol dende a Plaza da Princesa. Tras unha breve explicación sobre a arquitectura modernista de finais do século XIX e principios do XX, tendo como exemplos os edificios Simeón e O Moderno, dispuxemos dun tempo de lecer para desfrutar do alumeado de Nadal, pasear, tomar algo pola zona e sacar fotos co “Dinoseto”.

Continuamos o paseo baixo a chuvia polo Teatro García Barbón, obra do arquitecto Antonio Palacios, e a comercial rúa Príncipe. 

 

 

No cruce das Rúas Colón e Urzáiz, paramos para coñecer o MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo) antes de baixar cara a Praza de Compostela, onde se sitúa o mercado de Nadal e unha noria xigante. 

Xa que a meteoroloxía non acompañou, regresamos a Monforte enchoupados... pero contentos polo tempo compartido cos compañeiros e agardando a próxima saída xuntos.

Visita ao Parador

Alumnado e profesorado do CS de Guías, Información e Asistencia Turística participaron, hai uns días,na xornada de divulgación: A importancia do Románico no Camiño de Inverno, que se celebrou no Parador Nacional de Monforte de Lemos.

 A organización do evento correu a cargo da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia.

  No encontro valorouse a importancia cultural e singular da elevada concentración de románico no destino Ribeira Sacra, promovéndose a incorporación de este territorio á rede Trasrománica ou Ruta Cultural Europea del Románico -The  Romanesque  Routes  of  European  Heritage-. 

Conferencia de Politours

Na aula do CS de Guías, Información e Asistencia Turística recibimos a Santiago Vázquez, delegado comercial do Tour Operador Internacional Politours, que disertou sobre a oferta de viaxes desta empresa pioneira na apertura de novos destinos turísticos no extranxeiro.

Foi de gran interese poder contar cun profesional da experiencia e traxectoria de Santiago para que nos amosara a realidade do sector da intermediación.

Charla seminario: Introdución á Economía Social

Dentro do Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvemento Sustentable na Galiza Rural e promovido pola sociedade chantadina Lugar da Veiga, levouse a cabo a semana pasada, no salón de actos, o seminario Introdución á Economía Social, dirixido ao alumnado de Ciclos e Ensinanzas de Adultos.

A xornada de formación correu a cargo de Rosa Álvarez, consultora de Espazo Coop e contou coa colaboración de Semente Monforte.

A formación continuará con tres seminarios prácticos nos que un grupo dos nosos alumnos elaborarán un plan de empresa de economía social no ámbito rural.

Visita ao MUFERGA

O CS de Guías, Información e Asistencia turísticas comezamos as saídas didácticas do curso 2019/20 cunha visita ao MUFERGAMuseo do Ferrocarril de Galicia-.

Na visita guiada puidemos coñecer os antigos  centros de mando ferroviarios,  contemplar a popular  locomotora a vapor Mikado ademais doutras locomotoras diesel, sorprendernos co luxoso coche-salón presidencial ZZ1 e co vagón do Lusitania Express  no que o rei Juan Carlos retornou do seu exilio en Portugal.

E, como non podía ser doutro xeito, subimos ao tren. A viaxe foi moi curta pero o desprazamento á rotonda coa praia de corenta vías enlazadas por unha ponte xiratoria resultou  moi interesante.

Esta visita resulta imprescindible para coñecer a historia e a trascendencia que tivo o ferrocarril para a cidade de Monforte de Lemos.

Coas musas de Dona Emilia

 

O pasado venres 14 de xuño, alumnado e profesorado de nocturno do IES Río Cabe, desprazáronse ó concello de Lalín para aproximarse á figura de Emilia Pardo Bazán.

A actividade incluíu a visita á Fraga de Catasós e ó Pazo de Quiroga, no lugar de Quintela, onde a escritora pasou longas tempadas ó ser ambos propiedade da familia do seu home, José Quiroga Pérez de Deza. No paseo pola fraga, declarada Monumento Natural, puideron contemplar carballos centenarios e os castiñeiros coa maior taxa de crecemento de Europa, que alcanzan máis de 30 metros de altura e 5 de diámetro.

Remataron a excursión no Pazo de Liñares (parroquia de Prado), chamado pola Condesa de Pardo Bazán “El Palacio del Recuerdo”. Percorreron as instalacións deste singular edificio guiados por persoal de turismo do Concello de Lalín.

A excursión foi organizada por unha alumna do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas. e incluíu citas dalgún dos libros de Dona Emilia que ben puideron estar inspirados nestes lugares.

Queremos felicitar a dita alumna, Iria García, polo ameno da visita e a súa profesionalidade.

 

Calendario de Exames Finais 2018/2019

Facendo click na seguinte imaxe podedes descargar o calendario de exames finais do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turística.

 

Distribuir contido