CS Guía, información e asistencia turísticas

Visita do alumnado do CS Turismo a DAVEIGA e paseo polo Miño coa empresa Sacra Activa

O pasado 9 de xuño o alumnado do Ciclo Superior  de Turismo visitou a primeira hora da tarde as instalacións da fábrica Daveiga produtora das famosas galletas Mariñeiras, onde puidemos comprobar a aposta que fai esta sociedade pola utilización de materias  primas naturais  e de calidade.

 

A visita comezou cun percorrido polas distintas salas de elaboración  onde Suso nos explicou  todo o proceso dende a formación  inicial da masa, amasado,  cocción, selección  e posterior empaquetado.

                                                              

 

Ao rematar, Xose Lois, xerente e cofundador da empresa, falounos sobre a orixe desta idea  e a evolución no mercado ao longo destes anos. Fíxonos partícipes do seu  proxecto empresarial  da economía do social  onde os traballadores participan activamente na empresa.

Dámoslle as grazas a Daveiga pola oportunidade  de coñecer un pouco máis  a súa  empresa, baseada no aproveitamento sostible dos recursos locais, respetuosa co medio e  cunha grande resposabilidade laboral.

Seguidamente desprazámonos ao pobo de Belesar onde Martín, responsable do proxecto empresarial Sacra Activa, nos levou ao mando do seu catamarán pola Ribeira do Miño, gozando da beleza da nosa paisaxe.


Xa de volta, agasallounos cunha pequena merenda acompañada de cata na bodega Ecosacra,  un lugar de paz e tranquilidade con máis de 300 anos de antigüidade. 

 

 

Un perfecto final para un día adicado á iniciativa emprendedora na Ribeira Sacra. 

Moitas grazas  a nosa alumna Carmen de "Escapalandia" polas xestións feitas e a  Xose Lois e  Martín pola vosa  amabilidade e bo facer.

Premendo no seguinte enlace podedes acceder á Galería de fotos da saída.

 

In search of hidden Monforte

O luns día 7 de xuño as alumnas do Ciclo superior de turismo do noso centro ( CS Guía, información e asistencia turísticas) fixeron de guías turísticas para un grupo de alumnos de 4º ESO. Toda a ruta se desenrolou en inglés. Os alumnos de secundaria non se esperaban unha visita na que non se lles falou dos lugares máis emblemáticos, típicos e coñecidos de Monforte, senón doutros  ocultos ou xa desaparecidos e cunha historia detrás. E o mellor foi que tiveron que practicar inglés e facer de detectives durante hora e media para resolver aas pistas e poder seguir o itinerario de principio a fin.

 

Todos desfrutamos moito do estupendo tour e o colofón foi degustar un rico postre tradicional chamado “vexiga” e intentar descubrir sen éxito os seus sinxelos ingredientes. Esperamos que os rapaces de 4º da ESO  aprenderan algo novo. As alumnas de Turismo e eu  agradecémoslles o seu bo comportamento, simpatía e respecto en todo momento. 

 

Unha experiencia para repetir.

 

 

 

 

 

Datas exames finais Ciclo Turismo

 

Premendo no seguinte enlace poderedes acceder as datas e horas dos exames finais do C.S. Guía, información e asistencia turísticas:

Exames finais xuño, datas e horas

Visita guiada por Monforte

O ciclo de Guías, información e asistencia turísticas comezou as saídas didácticas do curso 2020-21 cunha visita guiada á capitalidade da Ribeira Sacra, que se levou a cabo o pasado 7 de outubro O obxectivo da actividade, identificar os principais recursos patrimoniais da cidade para sensibilizarse co seu legado.

Homenaxe a Ramón Vázquez

A inauguración deste curso 2020-21 tivo para o ciclo de Turismo unha emotividade especial xa que se homenaxeaba  a Ramón Vázquez, o que fora alumno, compañeiro, amigo,…

Unha montaxe fotográfica das distintas saídas compartidas e doutras actividades no Centro trouxéronnolo de volta por un anaco. Anaco de bos momentos que Aurora, a súa muller, quixo vivir connosco.

             

Home de personalidade altruista, leal, alegre, humilde, sensible, responsable, optimista, comprometido coas causas sociais, exemplo de superación,… Así o recordamos.

No IES Río Cabe e en cada un dos que tivemos o privilexio de conocelo quedará a súa pegada para sempre.

 

                                                                                                                                                                           

Aberta a matrícula no Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas

Ábrese o prazo de matrícula no Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas desde o día 22 ás 9:00 horas ata o día 27 de xullo ás 13:00 horas. Haberá un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para efectuala a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes. As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no IES Río Cabe.

 

ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN CICLO SUPERIOR

 

Queres traballar  planificando, promocionando e informando sobre destinos turísticos, guiando e asistindo a viaxeiros e clientes, así como en terminais, medios de transporte, eventos e outros destinos turísticos?

 No IES Río Cabe temos a  resposta.

Aberto o proceso de admisión ao Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas, réxime para as persoas adultas, ensinanza modular.

Calendario de admisión formación profesional - Curso 2020/2021

No documento adxunto pódense consultar todas as datas importantes no proceso de admisión á formación profesional:

 

Pode atoparse máis información na seguinte páxina web:

Exames dos módulos do CS de Guía, información e asistencia turísticas

Facendo click na seguinte imaxe accédese a infomación sobre os exames do alumnado con módulos pendentes do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas:

Charla no Ciclo de Turismo

Na aula do Ciclo de Turismo comezamos o mes de marzo achegándonos á figura de informador turístico da man de Manuel Guerra, ex alumno e actualmente informador turístico no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Agradecémoslle a Manuel que fixera dese encontro unha xornada tan didáctica e entretida e, por suposto, agradecémoslle tamén a súa predisposición para colaborar sempre connosco.

Distribuir contido