Taboleiro

1º CERTAME de FOTOGRAFÍA.. ANPA do CPI "Conde de Fenosa"

O pasado
día 27 de Maio, reuniuse o xurado do 1º Certame de Fotografía
sobre a riqueza medioambiental de Ares, para o alumnado da ESO,
organizado polo ANPA do C.P.I. “Conde de Fenosa” de Ares, en
colaboración co profesorado do centro, especialmente a profesora
Marisa Areal.

O Xurado
estaba composto por :

Ana
Martínez, Concelleira de Cultura do Concello de Ares

Álvaro
Franco, representante das familias do noso alumnado

Mayolla
Dragó, Vicepresidenta do ANPA

Adrián
Pérez, antigo alumno do centro

Mariam
Belrhlid, antiga alumna do centro

Marisa
Areal, profesora de Educación Plástica e Visual

Blanca
Cortizas, profesora de Tecnoloxía.

Despois
da visualización das fotografías, e trala 1ª votación, foron máis
votadas 3 fotografías cun empate técnico de 2 .

Polo
tanto, realízase unha 2ª votación e resulta
gañadora
a fotografía titulada “
estacas

que
corresponde a alumna de 4º ESO,
Anais
Prieto,
a
quen desde aquí queremos dar a
noraboa.

Os
outros 2 finalistas corresponden as fotografías :

ceo
rosa”,
de
Aldara Vilar,
alumna de 4º ESO e

“xunqueira”
de
Javier Cendán,
alumno de 3º ESO.

De
todos os xeitos queremos felicitar a tod@s
@s participantes porque saben valorar a riqueza Mediomabiental de
Ares, e esperamos que o vindeiro Certame teña, se cabe, máis
participación. Ánimo.

Invitarvos a consultar no blog do Equipo de Dinamización lingüística do Colexio: "Tesmoitalingua"

ACTIVIDADES E NOTICIAS DO NOSO CENTRO

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS DA ESO


Durante estos días o alumnado do CPI Conde de Fenosa participa en 2 competicións matemáticas:



  • O día 15 de Marzo, 46 alumnos realizaron as probas do XIX CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO 2012 que consta de 30 preguntas tipo test realizadas individualmente.

  • O día 19 do mesmo mes, tres gruposde 2º ciclo de ESO participan no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS , que organiza a sociedade matemática AGAPEMA.  No Rallye todo o equipo resolverá nunha hora 6 problemas.

Os conscursos e competicións matemáticas teñen unha grande acollida entre o alumnado deste centro educativo, como poido comprobarse có éxito na I SEMANA PROBLEMÄTICA organizada polo Departamento de Matemáticas celebrada ba última semana de febreiro. Por iso a todo o alumnado dámoslle os nosos parabéns.


 


ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2012


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2495 prazas para actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado de 6º EP e 1º,2º,3º e 4º ESO. así como bacharelato e ciclos formativos.


O prazo de solicitude é do 6 de marzo ata o 7 de abril.


Para máis información:


                                 https://www.edu.xunta.es/axudasle


 


SOLICITUDES DE ADMISIÓNS


Só para alumnado de nova incorporación ao centro para o curso 2012-2013


PRAZO: DO 1 DE MARZO AO 10 DE ABRIL


LUGAR: OFICINA ADMINISTRATIVA DE 9:30 A 13:00H


DOCUMENTACIÓN:



  • Impreso de solicitude (poden recollelo no Centro, en caso de separación asinado polos 2 proxenitores)

  • Certificado de empadroamento

  • Libro de familia

  • DNI dos pais ou titores legais

  • Documento de seguro médico

  • Sentenza de separación ou divorcio (se hai)

  • Xustificación de Necesidades educativas especiais (se é o caso).

 


ESTUDO DAS LEIS DA HERDANZA DE MENDEL


Organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e dirixida ao alumnado de 4º ESO


A Actividade é unha experiencia piloto na que participan 21 centros de toda Galiza posible grazas ao apoio de EducaBarrie e a empresa Xaraleira.


Podedes visualizar os vídeos no seguinte enlace :


http://www.youtube.com/embed/videoseries?list=PLCB3B40A4D91BACB2&hl=es_ES


Presentamos  unha mostra de 2 vídeos:






!


 


 


Iª ENTREGA do ENTROIDO NO NOSO CENTRO


 


É a primeira entrega da celebración do entroido no noso centro:


 


 


Tamén podedes ver máis fotos na seguinte presentación que algúen amablemente cedeunos o enlace


 


 


 



ENTREGA DE PREMIOS "I SEMANA PROBLEMÁTICA


Hoxe, 16 de febreiro, o Departamento de Matemáticas da ESO realizou a entrega de premios do concurso


I Semana Problemática (30 xaneiro ao 3 de febreiro) coa prezenza da Directora do centro Blanca Cortizas.


A participación foi un éxito (96 alumnos) que aportaron respostas e un gran número delas correctas.


Os 5 gañadores son:



  • Roberto Rivas Couce de 3º ESO A

  • Carlos Bello Pita de 2º ESO B

  • Julián Sixto Sánchez de 3º ESO B

  • Marcelo Couce Barbeito de 3º ESO B e

  • Silvia Rodríguez Rodríguez de 3º ESO DC

 


 



 


 


 


 


ENTREGA DE PREMIO DA FUNDACIÓN BARRIÉ A AIDA FORMOSO


Presentamos una breve presentación da entrega do premio "O preguntoiro científico" á nosa alumna de 2º ESO



 


 


 


COLABORACIÓN INFANTIL- ESO


Con motivo da celebración do día da Paz, o alumnado de 5 anos de Educación Infantil asistiron á aula de música de Secundaria ao relato de dous contos por parte de algúns alumnos de 2º e 3º de ESO os cales tocaron despois o Himno da Alegría de Beethoven.


Esta celebración está exposta no blog do equipo de dinamización lingüística:


http://tesmoitalingua.blogspot.com/


 


 


 


VIDEOCONFERENCIA COA BASE CIENTÍFICA ESPAÑOLA NA ANTÁRTIDA


 



O alumnado de 2º, 3º e PDC da ESO no CPI Conde de Fenosa falarán o vindeiro mércores 1 de Febreiro ás 14:00h con Francisco Javier Cristobo Rodríguez, Director do Instituto Oceanográfico de Gijón a través dunha videoconferencia dende o noso centro ata a Antártida.


F. Javier Cristobo é un aresán que leva anos viaxando á base española na Antártida para realizar diversas actividades investigadoras . Agora, aproveitando o verán austral, ten a misión buscar produtos naturais de orixe mariño que teñan principios activos para elaborar novos fármacos que axuden a loitar contra doenzas e enfermidades como o cancro. Durante o transcurso deste curso mandounos algunhas fotos e vídeos da súa experiencia en Illa Decepción, o lugar no cal se atopa a súa base. E por iso, vaise realizar a videoconferencia que estará aberta á comunidade educativa.


 



 


30 DE XANEIRO: "DÍA DA PAZ"


O luns, 30 de xaneiro, o CPI Conde de Fenosa celebra o Día da Paz, en colaboración coa ANPA.


O alumnado da actividade extraescolar de Teatro, realizará unha representación teatral dunhas obras relacionadas coa Paz:



  • El jardín de los animales.

  • El planeta atmostiano

Esta actuación representarase na Sala de Usos Múltiples, dirixida ao alumnado de EI e EP.


 


Avisamos ás familias que o vindeiro martes 31 de xuño, estas representacións teatrais realizaranse a partir das 16:30h no Salón de Usos Múltiples do CPI, aberto ao público e organizado pola ANPA.


O equipo de Dinamización Lingüística en coordinación co Equipo de Biblioteca organizaron as seguintes actividades para conmemorar o día:



  • Elaboración de Pegatinas (alumnado de 1º ESO) que repartirán ao resto do alumnado nos recreos.

  • Lectura dun Manifesto polas aulas de EP e EI.

 


"No basta con hablar de paz. Uno debe creer en ella y trabajar para conseguirla." Eleanor Roosevelt (1884-1962) Defensora dos dereitos sociais,

 


1ª SEMANA PROBLEMÁTICA


O Departamento de Matemáticas da ESO organiza a " I Semana Problemática".  


Está dirixido a todo o alumnado de ESO, e celebrarase dende o 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro.


Cada día expoñerase un problema de matemáticas polas profesoras e o alumnado terá que solucionalo depositando a súa resposta nunha urna. Haberá un gañador por día.


As bases do concurso están nos taboleiros de cada aula e no taboleiro do alumnado.


ANíMATE e PARTICIPA


 


 


CONCERTO DIDÁCTICO


O día 24 de xaneiro o alumnado de 2º de ESO, e o día 25 o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria asistiron a un concerto didáctico organizado polo Departamento de Música e de Actividades Extraescolares no Palacio da Ópera na Coruña.


A obra representada era unha adaptación da ópera "La Cenicienta" de Rossini.


Distribuir contido