Taboleiro

CAMPAMENTOS DE VERÁN - XUNTA DE GALICIA

Podedes consultar toda a información sobre os Campamentos de Verán organizados pola Xunta de Galicia para rapaces de 9 a 17 anos, no seguinte enlace:http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

AVISO ALUMNADO: AXUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Publícase no DOG do 18 de marzo de 2013 a Orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril. A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web: http://www.edu.xunta.es/axudasle.

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA Á CORUÑA

O alumnado de 5º de E.P. foi o pasado día 13 de marzo á Coruña e pasouno moi ben.

Xa de camiño na autoestrada vimos un pouco de neve, pero logo tivemos un día moi bo.

 

No centro cultural ÁGORA escoitamos un concerto didáctico:AS FORMAS DO NOSO FOLCLORE a cargo da Banda Municipal de Coruña.

 

Logo xantamos e visitamos a Domus.

 

Pola tarde fomos a Casa das Ciencias ,onde estivemos nunha sesión no PLANETARIO e aprendemos o nome dalgunhas estrelas e constelacións. Gustounos moito.

Déixovos una presentación da viaxe:

 

 

22 de marzo: "Día Mundial do Control da Calidade da Auga"

O Día 22 de marzo celébrase o "Día Mundial do Control da Calidade da Auga". O curso pasado 20 alumnos de 3º ESO participaron co profesor de física e química, Jorge Gutierrez Maroto.

A información da memoria de actividades realizadas no 2012 pódense visualizar no seguinte enlace:

 

http://www.dmcca.es/documentum/publicaciones/MEMORIA2012.pdf

O mapa de participantes no 2012 tamén pódese visualizar no seguinte enlace (picade na Coruña e aparece unha ventá do control da auga de Fontelide):

 

http://dmcca.es/mapa2012grande.html

 

 

O vindeiro 22 de marzo tamén vai participar ó alumnado de 4º de ESo co profesor de física e química.

 

Bo traballo.

ENTREGA DE PREMIOS "II SEMANA PROBLEMÁTICA"

O Departamento de Matemáticas realiza a entrega dos premios do concurso " II Semana Problemática" hoxe 15 de febreiro no 2º recreo da ESO.

Agradecer a participación do alumnado que traballou e esforzouse na resolución de cada problema exposto cada día nos seus taboleiros.

Ánimo e a seguir participando.

DEBATE DO PARLAMENTO XOVE- EDICIÓN 2013

 

Hoxe 15 de febreiro, dan inicio, no Pazo de Mariñán en Bergondo, os debates do Parlamento Xove 2013 que continuarán ata mañá, 16 de febreiro, logo dunha extensa etapa de formación iniciada o pasado outubro.

Trátase dunha competición de debate organizada pola Dirección Xeral da Xuventude e do Voluntariado, na que os equipos representantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento acerca dun tema proposto pola organización.

Este ano, a temática elixida é “o consumo responsable” na xuventude e os debates preliminares xirarán en torno á seguinte pregunta: “ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?”.

A dificultade da actividade está en que tan só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se dá a coñecer se lles corresponde responder “a favor” ou “en contra” á cuestión formulada pola organización.

Tódolos equipos (formados por un máximo de catro alumnos e un profesor) investigaron durante os pasados meses e agora contrapoñen as súas ideas e datos; dende un punto de vista educativo, traballan tódalas competencias lingüisticas (comprensión e expresión escrita e oral) ao incluirse un premio especial de artigos e outro de dossieres de investigación.

Noso centro estará representado por un grupo de 4 alumnos: Roberto Rivas Couce, Marina García Canedo e Laura Ordóñez López de 4º ESO con Clara Morado Morgado de 3º ESO coordinados polo profesor Xoan Barrio Saa de L. Galega.

Desexámoslles un grande éxito e nosos parabéns polo traballo xa realizado. Adxuntamos fotografía de 3 dos 5 participantes.

 

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 

O vindeiro venres, 8 de febreiro, celebraremos no CPI a festa do Entroido .

 

  • En INFANTIL E PRIMARIA

A festa comezará cun pasarrúas pola vila.

Saíremos do colexio aproximadamente ás 10:30h. continuando por:

  • Avenida de Mugardos

  • Real

  • Praza da igrexa

  • Saavedra Meneses.

    A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio e os de Primaria continuarán polas rúas.

    No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias.

    As 12:15h., xa no colexio, os nenos/as degustarán doces típicos do Entroido grazas a ANPA e ao colexio. Todos os alumnos/as recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.

 

  • En SECUNDARIA

    Haberá clase ata as 11:00h. e a continuación disfrazaranse.

    Ás 11:15h. irán cara o pavillón para realizar as Coreografías.

 

  • SAÍDA

A saída será á 13:30h. (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.

VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA

O pasado día 18 de xaneiro tivo lugar no noso centro unha videoconferencia coa Antártida co alumnado de 6ª E.P. e 1º e 2º ESO. Esta videoconferencia é a segunda que ten lugar no noso centro (a primeira  o pasado curso ) cuxo obxectivo e dar a coñecer ao noso alumnado o Proxecto Actiquim sobre investigacións científicas dos ecosistemas mariños do continente antártico, exactamente na base española da Illa Decepción onde atópase un investigador de Ares, Francisco Javier Cristobo Rodríguez (Director do Centro Oceanográfico de Gijón) ao que queremos transmitirlle o noso agradecemento pola súa consideración e mostra de amabilidade así como a súa información do proxecto. Tamén queremos agradecer ao persoal do Exército de Terra da Base Antártica Española "Gabriel del Castillo"que colaborou de forma desinteresada para que esta videoconferencia tivera lugar.

O noso alumnado recibiu previamente esa información, preparada pola nosa profesora Yolanda Castro, o profesorado de ciencias naturais, titores de grupo e, prácticamente toda a hora, estiveron facendo preguntas aos científicos e así desde a  base só adicáronse a contestalas, por certo, moi ben e con moita empatía cara aos rapaces.

 

PODEDES VISUALIZAR TODA A VIDEOCONFERENCIA NA PÁXINA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/

GAÑADOR DO PROXECTO DE CENTRO ORGANIZADO POR EDUCABARRIÉ

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, felicita ao profesorado implicado na presentación do  proxecto :  " Elaboración na ESO dunha guía visual bilingüe do medio intermareal e fluvial con aplicación para dispositivos móbiles: tablets e smartphones" (Jorge Gutierrez Maroto, Luisa Corredoira Gómez e Pilar Molina); que resultou seleccionado por EducaBarrié na convocatoria de proxectos educativos 2012-2013 . 

O obxectivo deste proxecto é promover a investigación directa da natureza que nos rodea e o emprego de novas tecnoloxías no alumnado da ESO dende as áreas de física e química, ciencias da natureza, lingua galega e lingua inglesa, para así elaborar unha guía visual, impresa en papel  que recollerá a información do medio ambiente da contorna do noso centro, e poderase trasladar toda a información a través de dispositivos móbiles (smartphones, tablets e portátiles..) grazas ás aplicacións de lectores QR.

Educabarrié é o espazo de encontro e intercambio de coñecemento dirixido á Comunidade Educativa da Fundación Barrié.

Este proxecto de centro  levarase a cabo durante este curso escolar  grazas a subvención de Educabarrié .

Máis información na web: www.educabarrie.org

ÁNIMO e grazas polo voso traballo e esforzo.

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

O pasado día 22 de xuño celebramos Primaria e Secundaria o Fin de Curso 2011-2012, no que tivemos unha serie de actuacións do noso alumnado, e un recoñecementoespecial aos logros acadados tanto educativos como deportivos por parte deles no presente curso académico.


Non nos queda máis que desexarlles unhas felices vacacións e os parabéns de toda a comunidade educativa.


Nos seguintes enlaces podedes ver uns vídeos das actuacións dese día:

http://youtu.be/JxFHJeVfYMg  - Representación de ximnasia rítmica I
http://youtu.be/39XmX7DSk8g - Representación de ximnasia rítmica II

http://youtu.be/YSEt9NYaeww Representación de Ximansia Rítmica das nosas campionas galegas- 2º EP

http://youtu.be/ELv3Z3S94Dw Entrega de Diplomas

Distribuir contido