Taboleiro

DEBATE DO PARLAMENTO XOVE

Hoxe, 7 de febreiro ten lugar o inicio da 5ª Edición dos DEBATES DO PARLAMENTO XOVE .

O CPI Conde de Fenosa de Ares volve participar nesta competición que organiza a Secretaria Xeral de Xuventude. Do mesmo xeito ca o ano anterior, un grupo de catro alumnos do segundo ciclo da ESO, Clara Morado, Alba Brage, Noelia Calvo e Carlos Bello, acode  ao Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña), onde se leva a cabo o torneo dialéctico. Nesta convocatoria o tema de discusión xira sobre a perda de valores da xuventude, concretamente se se considera que sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais. 

Durante a xornada do sábado levaranse a cabo as confrontacións, que permitirán seleccionar os dous equipos que disputarán un debate final no Parlamento de Galicia. O número total de grupos inscritos na presente edición a nivel de Galicia é de dezaseis.  

Dende a Dirección agradecemos a colaboración do profesor, Xoan Barrio  e o traballo do alumnado nomeado anteriormente, desexándolles que queden seleccionados para a final e que disfruten como merecen da experiencia. 

Para máis información:

http://www.parlamentoxove.com/

ACTIVIDADES NADAL

FESTIVAL DE NADAL 2013

                 Este venres, día 20, imos celebrar  o festival de Nadal  no casino de Ares ao que están invitados os pais/titores dos alumnos. Van ser dúas funcións: unha para infantil e outra para primaria.

  •  Educación Infantil.
    • Comezará o festival ás 10:15h. Os pais entrarán unha vez o alumnado estea acomodado no seu sitio. Ó remate da función desaloxarase o recinto.

 

  •  Educación Primaria.
    • Comezará o festival ás 11:30h. Como na anterior, as familias entrarán unha vez que o alumnado estea acomodado. 

  Xa no colexio, os Reis Magos entregarán aos alumnos unha golosina.

 

  • Educación Secundaria
    • O día 19 de decembro levarase a cabo unha xornada cultural deportiva: X Carreira Quilómetros de solidariedade (Save The Children) e diferentes actividades no Pavillón. (departamentos Relixión e Ed. Física)
    • O día 20 terán sesións lectivas ata ás 12:30h.
    • Ás 12:30h. haberá  diversas actuacións musicais do  alumnado no centro (Dpto Música e Francés).

Avisos:

  •  No caso de que chova a función de infantil levarase a cabo na sala de usos múltiples do colexio.
  • Non se permite fotografar e/ou grabar en video as funcións debido a que hai alumnos que non teñen permiso de imaxe. Un representante do centro grabará as actuacións e, unha vez revisadas, colgaranse na paxina web do colexio.
  • A saída ese día será ás 13:30h, unha vez que se entreguen as notas.
  • Non haberá comedor. 

A súa colaboración axudará a que todo se desenvolva dun xeito satisfactorio polo que lles damos as grazas anticipadamente. 

  • Informar que o comezo das clases no 2014 será o día 9 de xaneiro.

Aproveitamos tamén para desexarlles Felices Festas.

2º PREMIO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS

ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS AO NOSO CENTRO ESCOLAR

O alumnado do noso centro recibiu, o pasado día 1 de outubro, o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.

Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado, encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos,(centro de saúde, biblioteca, casa da xuventude..) para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esa mañá no 
Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 109 alumnos de educación infantil, 217 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.

Dende aquí queremos dar os nosos parabéns ao profesor de física Jorge Gutiérrez por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.

Agradecemento a todos os que participaron neste proxecto e que van seguir formando parte do proxecto do noso centro no presente curso escolar.

Podedes ver máis información nos diferentes blogs do noso centro e no seguinte enlace:

LISTADO DEFIINITIVO DO ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR ESCOLAR

O Consello Escolar reunido en sesión extraordinaria o luns 16 de setembro, tras atender ás demandas e reclamacións recibidas no centro,  aproba o listado de comedor definitivo e o alumnado que queda en reserva para o curso 2013-2014.

Listado definitivo de alumnado usuario de  comedor escolar

 

Contra esta resolución pódese interpoñer un recurso de alzada na Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, educación e ordenación Universitaria.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO 2013

EXAMES DE ESO - SETEMBRO 2013

2 SETEMBRO

HORA

MATERIA

AULA


 

09:00 h-10:00 h

OPTATIVAS ( Francés, IPEE, EPV2, TIE, Informática)

AULA 1º A / AULA 1º B/ Tecnoloxía, Informática

10:00 h-11:30 h

LINGUA CASTELÁ

AULA 1º A/ AULA 1º B

11:30 h -12:30 h

MÚSICA

AULA 1º A

12:30 h-14:00 h

CIENCIAS SOCIAIS

AULA 1º A/ AULA 1º B

   

3 SETEMBRO

   

HORA

MATERIA

AULA

   

09:00 h-10:00 h

TECNOLOXÍA

AULA 1º A/Tecnoloxía

10:00 h-11:30 h

LINGUA GALEGA

AULA 1º A/ AULA 1º B

11:30 h-12:30 h

EDUCACIÓN FÍSICA

AULA 1º A/ AULA 1º B

12:30 h-14:00 h

BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

AULA USOS MÚLTIPLES

   

4 SETEMBRO

   

HORA

MATERIA

AULA

   
     

09:00 h-10.30 h

MATEMÁTICAS

AULA USOS MÚLTIPLES

10:30 h-11:30 h

FÍSICA E QUÍMICA

C. NATURAIS (1º 2º ESO)

AULA 1º A

AULA 1º B

11:30 h-13:00 h

INGLÉS

AULA 1ºA/ AULA 1ºB

13:00 h -14:00 h

ED. ÉTICO-CÍVICA

ED. CIUDADANÍA

ED. PLÁSTICA E VISUAL

AULA 1º A

 

AULA PLÁSTICA

   

 

6 SETEMBRO: - ÁS 11:00 H. ENTREGA DE NOTAS

XX CONCURSO MATEMÁTICO EUROPEO 2013

O alumno, José Manuel Montero Martínez foi o gañador do centro no XX CONCUSO MATEMÄTICO EUROPEO 2013 que tivo lugar o pasado día 21 de marzo de2013.

No Concurso participaron 25 alumnos e alumnas do noso centro e de diferentes niveis, repostando a preguntas e problemas en orden crecente de dificultade.

Noraboa a José Manuel e a todas e todos os que participaron.

¡Ánimo e esperámosvos o vindeiro curso escolar!.

 

 

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

A Dirección adxunta o listado dos libros de texto aprobados polo claustro de profesorado que se van a empregar no curso escolar 2013-2014.

 

TEXTOS 2013-2014

O ALUMNADO DE 3º ESO VISITA A DOMUS E AO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO (MAC).

O dia 30 de abril houbo una saída a Coruña organizada polos departamentos de bioloxía e artes plásticas.


Pasamos a mañá no MAC onde vimos un documental sobre a obsolescencia programada, a exposición de Daniel Canogar, e fixemos un obradoiro. 


Xantamos cara o Atlántico no comedor  da Domus para despois percorrer durante a tarde este interesante museo.


Ahí tedes as fotos.


 


https://docs.google.com/presentation/d/1B_b5CRsR7Od_k2Tu81oeYq6HhRyz3l4TWYsdGlJF5SE/pub?start=false&loop=false&delayms=3000

PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES

A dirección do CPI  As Mirandas,  informa do proxecto de seccións bilingües que se están impartindo no presente curso académico:

  •      2 en Plástica en 5º EP (Castelá-Inglés)as que acode todo o alumnado co profesorado da materia (Fifí) e a coordinadora (Elisa, profesora de Lingua Inglesa).
  •      2 en Plástica en 6º EP (Castelá-Inglés)as que acode todo o alumnado co profesorado da materia (Fifí) e a coordinadora (Elisa, profesora de Lingua Inglesa).
  •     1 en Ciencias Naturais en 1º ESO (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Pilar Molina, profesora de Lingua Inglesa) .
  •     1 en Bioloxía e Xeoloxía en 3º ESO  (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Vicen de la Cuadra, profesora de Lingua Inglesa).
  •     1 en Bioloxía e Xeoloxía en 4º ESO  (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Vicen de la Cuadra, profesora de Lingua Inglesa).

 

 

FÁTIMA BELHRLID EN CANTA FERROL

O pasado  sábado día 6 de abril participou a nosa lumna e vosa compañeira Fátima no concurso CANTAFERROL, organizado polo concello de Ferrol para premiar á mellor voz de todos os institutos da comarca.

Foi seleccionada  entre as 30 mellores dun total de setenta e dous participantes, pero finalmente no poido estar entre os quince finalistas.

Dende aquí queremos destacar o seu mérito por participar e animala porque ten unha bonita voz.

 

Podemos vela co xurado  do Concurso (participantes do concurso "La Voz" de TV5).

Distribuir contido