Escoitar, Aprender e Compartir

Mollándonos polos ríos - O Pugariño

       

IX LIMPEZA Simultánea

O 30 de setembro toda Galiza bótase aos ríos.

A AAVV de Chapela e a CCMM de Teis convócannos

ás 10:30 fronte ao restaurante LA GUAIRA.

Non é precisa inscrición pero agradécese confirmación de asistencia para unha mellor organización. Hai que levar luvas e botas ou calzado que non importe manchar, ao igual que a roupa. Obxectivo: limpar o río PUGARIÑO.

 

ÁLVARO - 680 71 80 52 

Estatísticas Avaliación Final - Xuño 2018

Chamamento da ANPA á participación para o curso 2018/19

A ANPA do IES Chapela inaugura o seu espazo na Web do IES e fai un chamamento á participación de todas as nais e pais na Asociación.

Agora que remata o curso 2017/18 e xa temos á vista o 2018/19 anímate a asociarte e a colaborar coa nosa ANPA.

No PDF Adxunto podes atopar toda a información.

1º ESO - Camiño de Santiago

1

8

 
    Mos Cedeira Río Fondón
    O alumnado de 1º ESO botou a andar camiño de Santiago de Compostela hoxe 18 de xuño. Superando temperaturas de 30 graos, mais aquí ninguén se enruga. Aí os vedes en Mos, Cedeira e saudándonos desde o río Fondón. Ánimos valentes!
         
1

9

       
    Pontevedra Barro Aposentos
    Segunda xornada, a calor aperta, mais o ánimo non desfalece. Pontesampaio, Pontevedra, Barro... O palo selfie de Antonio está dando moito xogo. Aí vai lanzada a expedición do IES Chapela. Hoxe con dúas baixas, un xeonllo e unha barriga xogaron unha mala pasada. Desexámosvos unha pronta recuperación. Mañá máis. 
         
2

0

       
    Máis auga! Caldas Hotel 4 ****
    Terceira xornada, a temperatura sobe. Máis auga! Algúns comezan a botar de menos o instituto. Hoxe os de Chapela atravesaron Caldas e quedaron nun hotel de catro estrelas de Pontecesures. Natalia tropezou e caeu lesionada! Ponte ben moza, habemos de facer outra! Mañá é o gran día, a capital de Galicia espera. Xa estamos aí!
         
2

1

       
    En ruta Milladoiro Compostela
    Cuarta xornada, a merecida recompensa a tanto esforzo chegou. A última etapa comezou ás 9.00 coa incorporación da vice Carolina. Chegados a Milladoiro, as torres da Catedral xa estaban a tiro de pedra. Alí festexárono todas e todos. Noraboa!
         


 

       

Surf en Patos - 2º e 3º ESO

     
Cincuenta alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO, acompañadas das profesoras de Educación Física Lucía e Nuria, inícianse no surf na Praia de Patos (Nigrán) coa Escola de Surf "Patos".

IV Torneo de Xadrez - IES Chapela (Entrega de Premios)

 1º Clasificado: Adrián Durán  2º Clasificado: Cristian Fernández  3º Clasificado: Alejandro Alonso
     
Rematou o IV Torneo de Xadrez do IES Chapela cun grande éxito de participación e con tres gañadores que podedes ver nas fotos. Aínda que gañar gañaron todos os que xogaron no mesmo, como amosa a imaxe de varios dos xadrecistas co profesor de xadrez, Antonio Bas. O próximo ano repetimos e tentaremos enganchar tamén as alumnas do instituto. Noraboa a todos!   
 
   

Recomendacións Literarias para o Verán

SonDaRúa no IES Chapela - 30 de maio

   
Hoxe, 30 de maio, tivo lugar o esperado concerto do grupo SonDaRúa no IES Chapela. Hugo Guezeta, Alex Arnoso e o seu compañeiro Marcos, non defraudaron e ofrecéronos unha hora de rap reivindicativo, combativo e comprometido co noso país e coa lingua galega. Tamén tiveron tempo a realizar un obradoiro co alumnado de 1º Bacharelato. Ánimo co voso traballo e unha forte aperta de toda a comunidade educativa.     

Graduación XXII Promoción - 2º Bacharelato - 2018

       

O día 25 de maio de 2018 celebramos na Aula de Conferencias do IES Chapela o remate de Bacharelato da nosa XXII Promoción. Foi un momento para compartir lembranzas entre o alumnado de 2º Bacharelato, nais, pais e profesorado.

No mesmo puidemos visionar un pequeno audiovisual que por problemas de copyright coa música non podemos subir a plataformas como youtube ou vimeo. Deixámosvos un enlace máis abaixo para que poidades visionalo e descargalo desde a nosa páxina.

Moita sorte a todas e a todos co que a partir de agora enfrontedes. Foi un pracer.

Visionar e/ou descargar o audiovisual (342 MB)

Descargar zip con fotos do grupo (26 MB)

Distribuir contido