Novas EDLG |
O 8 de maio a premio nacional de poesía Yolanda Castaño visitou o IES de Chapela para asistir á inauguración dun mural inspirado na súa obra, realizado polas alumnas Celia Santamariña, Tea Escribano, Iris Cordeiro, Sara Cordeiro e polo alumno Eiden Rodríguez baixo o deseño e dirección da profesora en prácticas María Pereira. Tamén realizamos un recitado colectivo do poema "Modas Lolita Rivas" por parte dunha representación do alumnado, profesorado e persoal non docente. Moitas grazas por facer posible esta xornada histórica. Pica na imaxe para acceder á galería ou preme nesta ligazón para acceder ao vídeo do acto.
|
|||
O venres 19 de abril acudiron á Alameda Castelao de Redondela as 170 alumnas e alumnos do IES de Chapela que superaron o reto de falar exclusivamente en galego durante Unha Semaniña Enteira. Asistiron ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk xunto co alumnado que participou na campaña nos IES Mendiño e IES Pedro Floriani. Agradecemos ao Concello de Redondela a excelente organización deste concerto, premio merecido para as comunidades educativas destes tres IES de Redondela que coa súa acción contribuíron a cargar de futuro a nosa lingua. Máis fotos aquí.
|
|||
O día 26 de febreiro arranca no IES Chapela o reto da Semaniña Enteira: falar en galego as 24h do día durante 7 días. Retamos a toda a comunidade educativa para contribuír ao futuro da nosa lingua.
|
|||
|
|||
|
||||||||||||
|
|||||||||||
Xa chega o maratón, 26 anos correndo pola nosa lingua. Temos preparado un amplo calendario de actividades para desfrutar o luns 16 de maio. Quentamos motores! Deixámosche o plano e indicacións do percorrido.
|
|||
|
|||||||
A BIBLIOTECA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA DO IES CHAPELA INFORMAN DO RESULTADO DO SORTEO CELEBRADO O VENRES 19 DE NOVEMBRO DE 2021 ENTRE OS CONTOS DE MEDO E OS HAIKUS DE OUTONO:
CONTO DE MEDO: Yanira Taboas Cabaleiro (2º ESO A) HAIKU DE OUTONO: Lidia Bastos González (4º ESO B)
Podes acceder ao conto e ao haiku premendo na ligazón de cada un.
|
|||
As TANXUGUEIRAS, co seu tema MIDAS, foron as gañadoras da nova edición do noso concurso musical, no que participou durante 7 xornadas o alumnado da mañá e da tarde, decidindo cos seus aplausos o mellor tema do ano: TANXUGUEIRAS AGRADECE AO IES DE CHAPELA SER O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO MUSICAL
|
||||||||||||||||||||||