Novas EDLG

"Eu falarei" premiado no XVII Festival Internacional de Cine de Ourense

O martes 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do IV Certame OUFF Escola, no marco do XVII Festival Internacional de Cine de Ourense. Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela. Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela no que participou toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á gravación do lipdub EU FALAREI. Foron recoller o premio a Ourense 53 persoas, alumnado e profesorado do IES Chapela, que dedicaron o premio a toda a veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto orgullosa EU FALAREI”.

Eu Falarei nos medios.   Nova no Faro de Vigo

III Día da Ciencia en Galego - 2012

En galego faise Ciencia! 

Actividades no IES III Día da Ciencia en galego e da Semana da Ciencia.

1. Exposición participativa "Do Big Bang ao LHC", con sorteo de premios entre os e as participantes.

    Forma de participar.

2. Conferencia "Pescudando nas orixes da materia". Por Cibrán Santamarina

3. Leonardo da Vinci  Cociñeiro. Verdade ou mentira?

 

En galego tamén se fai ciencia

EDLG - Do Big Bang ao LHC

Exposición "Do Big Bang ao LHC". Grazas a todas e todos. XA PODEMOS VER A EXPOSICIÓN EN GALEGO!

Luns no 2º Recreo, sorteo de premios entre o alumnado participante nas traducións.

Lipdub EU FALAREI e Making-of

Trailer do lipdub "Eu falarei"

EDLG - Participación LIPDUB

Desde o grupo organizador do lipdub pedimos a vosa colaboración para participar na escena final da gravación cantando o retrouso que podedes aprender aquí ou no blog do EDLGA escena gravarémola no aparcamento (sen coches) o martes 5 de xuño de 2012 a partir das 17:40h, igual que o resto do lipdub. Nela estarán todas as persoas que participan dentro do instituto e temos convidados a todos os membros da comunidade educativa do IES e dos Colexios da parroquia.Traede a camiseta do maratón! Veña, hai que ir quentando esas gorxas!

I RAPGUEIFA - Maio 2012

      Na mañá do venres 11 de maio, ás 12:10, tivo lugar no IES Chapela o I Festival RAPGUEIFA no que puidemos comprobar a evolución da regueifa tradicional, representada por dous importantes músicos, nas formas máis actuais do rap, no que participaron varios ex-alumnos do noso centro coas bases rítmicas do DJ Pol.       

Podes ver todos os vídeos no blog do EDLG       Fotos en PDF        Rapgueifa no xornal

Comunicado público ante unha discriminación lingüística inaceptable

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela reuniuse o pasado 24 de abril de 2012 para aprobar un contundente manifesto de repulsa e indignación ante unha discriminación lingüística intolerable que tivo lugar no Concello de Redondela no marco dunhas probas de selección para as bolsas de Turismo do Concello. O Manifesto, asinado por todos os membros do EDLG, foi enviado á prensa e ao Concello de Redondela.

Resultado do casting LIPDUB Eu falarei

Rematou o casting para o lipdub de EU FALAREI e o xurado seleccionou aos 26 cantantes.......pica para seguir lendo

A Banda do Patio - Sas Sorrejaso

O pasado venres 13 de abril a Banda do Patio volveu demostrarnos que o galego é apto para o rock actuando nos dous recreos ante un público que se animou a cantar con eles en varias ocasións o tema Sas Sorrejaso dos Heredeiros da Crus.

Distribuir contido