O Claustro do IES Chapela aprobou, na súa reunión celebrada o pasado 19 de xuño de 2008, o Plan de Tecnoloxías da Información e da Comunicación para o curso 2008/09. As súas liñas fundamentais son:
- Potenciar o uso e actualización da páxina web dinámica Drupal do Instituto.
- Xeneralizar a rede WIFI do Instituto
- Empregar significativamente os recursos TIC do centro no resto dos proxectos do centro: Audiovisual nas Aulas 2008, Comenius 2008,...
Decidiuse presentar este traballo interdisciplinar á convocatoria do 5 de maio de axudas económicas, de material e de formación da Consellería para proxectos TIC. Confiamos esta vez que o noso sexa un dos escollidos entre os dez de toda Galicia, e cun único obxectivo: mellorar a aprendizaxe das nosas alumnas e alumnos.
PROXECTO
ANEXOS (Actividades TIC dos Departamentos)
Imaxes: Alumnos de Tecnoloxía de 4º ESO do IES Chapela durante unha exposición audiovisual sobre "Pequenos arranxos eléctricos no fogar" ás alumnas do Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. Curso 2005/06. IES Chapela