Podcast "Instalacións eléctricas básicas nas vivendas" - Tecnoloxía - 4º ESO A

 

Título: Instalacións eléctricas básicas nas viviendas. Tecnoloxía - 4º ESO A.

Data: xaneiro a xuño - 2008.

Autores: Adrián, David, Mª Luz, Pablo, Daniel, Gerardo, Sergio e Ismael (4ºA Tecnoloxía IES Chapela). Marcelino Veiguela Fuentes (Departamento de Tecnoloxía).

 

 Podcast nº 1. Introdución por Mª Luz

 Podcast nº 2. "Primeiros pasos" por Mª Luz

 Podcast nº 2. "Mans á obra" por Adrián

 

A actividade consiste na gravación da descrición oral do proxecto "Instalacións eléctricas básicas nunha vivenda" feita polo alumnado.

 Xustificación da actividade

Esta actividade que se realiza co alumnado de 4º ESO A está xustificada por varias razóns:

  • Pola necesidade de experimentar con novos métodos as cousas que facemos desde hai tempo.
  • Para facer coñecer os nosos proxectos mediante a técnica do podcasting.
  • Para desenvolver a competencia comunicativa das nosas alumnas e alumnos, en especial a comunicación oral en galego a través do uso das novas tecnoloxías.
  • Para utilizar de forma autónoma diversas fontes de información.
  • Para familiarizarse cos sistemas de participación indivudual e colectiva de Internet: Slideshare (como YouTube, pero con presentacións powerpoint, podcasts, páxina web dinámica do Instituto.
  • Para dar a coñecer entre o nosos alumnado a páxina dinámica do Instituto. 

 Material

  • Por parte do alumnado bloc e bolígrafo para escribir os guións no seu caderno e busca de música de fondo.
  • Por parte do profesor:
    • Equipamento TIC do centro: PC portátil e micrófono.
    • Software de edición de audio: Audacity (freeware)
    • Programa SUPER para a conversión a mp3
    • Espazo Drupal do Centro.

 Metodoloxía

  • Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo, o alumnado perfeccionouse ata acadar certa soltura para poder realizar con éxito o proxecto final.
  • En abril preparamos e gravamos os textos. En maio escolléronse os fondos musicais.
  • Durante o segundo trimestre, o profesor expuxo a grandes trazos en que consiste a páxina dinámica do centro, baseada en Drupal e o proxecto podcasting e que é o que queremos conseguir.
  • Comentouse en clase, para motivalos, a importancia que vai desempeñar este proxecto na mellora das súas competencias lecto-escritas e o peso que vai ter a consecución do traballo na cualificación final. Subministróuselles unha guía ou folla de proceso e unha folla de planificación.

 Difusión

  • Entre a comunidade educativa do Instituto
  • En distintos foros educativos
  • No espazo Drupal do IES Chapela.