Novas

Axudas material escolar - Curso 24-25

O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, si que poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 60 € ou 75 €, dependendo da renda per cápita familiar) cando reúna os requisitos establecidos na Orde do 7 de maio de 2024.

 

O prazo de solicitude é do 21 de maio do 2024 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos. 

 

Información resumida da Orde do 7 de maio de 2024 - IES de Chapela

 

Orde do 7 de maio de 2024 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar      

 

Enlace con máis información á paxina da consellería

 

Enlace á aplicación para descargar os formularios

 

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

Despedida de Avelino

Hoxe, 20 de maio, despedímonos con moita gratitude e cariño do noso compañeiro Avelino Seoane Arjones, que deixa o centro tras máis de dous anos e medio de traballo incansable como conserxe. Durante este tempo, foi unha peza fundamental do noso instituto, sempre disposto a axudar e a facer que todo funcionase o mellor posible. A súa dedicación e a súa amabilidade deixan unha pegada profunda en nós.

Grazas polo teu labor, Avelino! Botaremos de menos a túa presenza diaria. Agardamos que esta nova etapa que comezas fóra do noso centro estea para ti chea de momentos tan fermosos como os que ti nos regalaches no IES de Chapela!   

Día da Nakba

Este 15 de maio, día da Nakba, docentes do IES de Chapela sacan a kufiya en solidariedade co pobo palestino.

Torneo intercentros de xadrez de Redondela - 24 de maio

Acreditación de competencia dixital para o alumnado de FP

O alumnado de 2º curso de ciclos medios do réxime ordinario, así como o alumnado de ciclos medios do réxime de persoas adultas que titulase ou titule durante este curso 2023-24, pode solicitar inscribirse ás probas de competencia dixital.

O alumnado interesado que reúna os requisitos indicados deberá cubrir esta solicitude (marcando a opción de inscrición na Área 4 do nivel intermedio e, no caso de menores de idade, incluíndo a autorización da nai / pai / persoa titora legal que figura no impreso) e presentala na secretaría do centro ou en xefatura de estudos ata o 22 de maio ás 13:00 horas.

Tedes toda a información da convocatoria nesta ligazón e un resumo da información aquí.

Convocatoria de probas libres para a obtención de títulos de FP - Curso 2023-24

Xa están convocadas as probas libres para a obtención de títulos de FP do curso 2023-24. Como novidade, nesta convocatoria ofértanse por primerira vez probas do título LOXSE do Ciclo Superior de Dietética.

Podedes ver abaixo o calendario de admisión:

Así mesmo, podedes consultar máis información aquí.

O calendario de realización das probas, así como as programacións dos módulos, subiranse nas próximas semanas no apartado de probas libres da nosa web.

Chapela con Palestina

 

O IES de Chapela sumouse hoxe, 12 de abril, ás concentracións convocadas no ensino co lema “Paremos o masacre en Palestina”. Xunto con outros moitos centros, hoxe alumnado, profesorado e persoal non docente do IES de Chapela alzamos a nosa voz para denunciar o xenocidio do pobo palestino e esixir o cese da violencia. No acto limos o manifesto conxunto subscrito polos centros que apoiamos a iniciativa e un poema sobre Palestina de Luísa Villalta (autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas). Paz e xustiza para Palestina!

Podedes ver o vídeo do acto de diúrno aquí.

Recollida de títulos

O seguinte alumnado pode recoller o seu título na secretaría do centro identificándose co seu DNI/NIE (ou asinando a correspondente autorización se vén outra persoa, debendo achegar esta o seu DNI/NIE e copia do DNI/NIE da persoa da que vén en representación):  

  • Alumnado que titulou na ESO no ano 2022 (e anos anteriores).
  • Alumnado de Bacharelato que fixo o depósito do título no ano 2022 (e anos anteriores).
  • Alumnado de ciclos formativos que fixo o depósito do título no ano 2022 (e anos anteriores).

Avaliacións de diagnóstico

Achegamos un documento informativo elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre as avaliacións de diagnóstico que está previsto que se realicen os próximos días 10 e 11 de abril co alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de ESO. Pincha aquí para acceder ao documento.

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL

O ALUMNADO DE 4º DE ESO E 2º DE BACHARELATO QUE QUEIRA VOLUNTARIAMENTE PRESENTARSE Á PROBA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL DEBE INSCRIBIRSE ANTES DO XOVES 14 DE MARZO.

(AVISAR ÁS COORDINADORAS BEGOÑA FERNÁNDEZ E SAÍNZA ARIAS)

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Distribuir contido