Validacións

Resolución das validacións do centro

Podedes consultar aquí a resolución das validacións do curso 2023-24 que son competencia do centro. Os datos aparecen anonimizados ocultando caracteres do documento de identidade das persoas solicitantes.

Validación de módulos profesionais

Lémbrase ao alumnado de ciclos formativos que pode solicitar a validación de módulos profesionais.

As solicitudes de validación de ciclos LOXSE/LOE a ciclos LOE e de ciclos LOXSE a ciclos LOXSE (así como a validación do módulo de FOL de calquera ciclo LOXSE ou LOE e as validacións a partir da acreditación de unidades de competencia e os certificados profesionais) son competencia da Dirección do centro educativo e deberán presentarse nos 20 primeiros días de clase. Para iso cubrirase o Anexo XIV e achegarase orixinal e copia do certificado académico.

As demais solicitudes de validación (de ciclos LOE a ciclos LOXSE, de estudos universitarios, dunha FP I ou FP II) son competencia do Ministerio de Educación e poden presentarse ao longo de todo o curso, pero terán preferencia para a súa resolución as presentadas ata outubro. Para estas solicitudes cubrirase o Anexo V e achegarase orixinal e copia do certificado académico en castelán. No caso de solicitar a validación a partir de estudos universitarios, haberá que presentar a maiores a seguinte documentación:

  • Copia do programa oficial das materias cursadas, selada ou asinada electronicamente en cada cara, a unha cara e en castelán.
  • Certificado da universidade onde conste que o programa que se achega é o realmente cursado e superado pola persoa interesada, tamén en castelán.

As solicitudes de validación presentaranse nas ventás de secretaría do centro de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas ou os luns e venres pola tarde na xefatura de estudos en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Distribuir contido