Tecnoloxía

Recursos de Tecnoloxías

Proximamente comezaremos a construción da esperada páxina de Tecnoloxía do IES Chapela, na que (esperamos) facer uso da ferramenta Moodle de Web 2 para deseñar aulas virtuais. Polo momento, usemos este pequeno oco no ciberespazo como fonte de recursos para as nosas clases. Por exemplo, as alumnas e alumnos de 2º ESO están abordando co profesor Miguel o tema "Deseño Gráfico con Ordenador"

Os seguintes documentos e hipervínculos poderían ser de interese para estas clases.

Versión do programa de deseño asistido por ordenador en dúas dimensións QCAD. Trátase dun instalable en Windows compilado especificamente a partir das fontes de LINUX, polo que está acollido á licenza GNU (tamaño arquivo 4,34 MB). 

www.qcad.org

Web oficial deste programa de uso gratuíto para non profesionais. Na sección Download atoparás as versións de QCad para calquera sistema operativo. Unha vez que o baixes, podes escoller galego como idioma da interface.

Primeiros pasos con QCAD (deseño industrial asistido por ordenador).

Debuxar e acoutar rectángulos (material fotocopiable do Libro de texto de 4º ESO de Tecnoloxias. Editorial Santillana).

Debuxar circunferencias con QCad (material fotocopiable. Tecnoloxía 4º ESO. Editorial Santillana).

Accidente nuclear

Distribuir contido