Novas EDLG

XXI Maratón - Fotos

Pica na imaxe para acceder ás fotos da XXI Maratón das Letras Galegas

 

Carlos Casares - Conferencia

Hoxe venres 12 de maio de 2017 o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiu á conferencia do profesor Carlos López Bernárdez sobre a vida e obra de Carlos Casares. Esta conferencia, xunto coa exposición sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
 

 

Concurso Deseño Camiseta XXI Maratón das Letras Galegas

 

 

 

 

Xa chegou a primavera e dentro de nada estaremos correndo o XXI Maratón das Letras Galegas. Este ano tes a oportunidade de deseñar unha camiseta que portaremos todas e todos na carreira, como vén sendo costume desde hai 20 anos.

           

 

 

 

 

Se é do teu interese, aquí podes descargar as bases do concurso nun PDF.

 

BASES do CONCURSO

 

Ánimo e participa!

 

O IES Chapela berra polo uso do galego

     

  O semanario SERMOS GALIZA, no seu número do día 7 de decembro de 2016, dedica unha páxina ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela valorando o importante traballo que institutos coma o noso realiza a prol do idioma galego. Coas mesmas ganas seguiremos no ano que entra. Bo 2017!

(Pica na imaxe para ampliar a nova.)

Mannequin Challenge

 

Aquí tedes o noso Mannequin Challenge polo galego, O GALEGO NON PARA

 

Pica na foto para ver algunhas imaxes da rodaxe que fotografou Belén.

 

 

Samaín

Participa nas actividades do venres!

Mais información no Blog de EDLG

 

Mural Celso Emilio

O luns 20 no 2º recreo da mañá (12:10h) tivo lugar o acto de inauguración do mural dedicado a Celso Emilio Ferreiro. 

Nel realizouse unha lectura colectiva do poema Deitado frente ao mar na que participou un representante de cada unha das aulas do instituto, xunto con representación do profesorado (Margarita Comesaña) e persoal non docente (Ramón Nóvoa).

Contamos tamén coa presenza de Luís Ferreiro, fillo do autor homenaxeado e presidente da fundación Celso Emilio Ferreiro, que participou no recitado colectivo.

No acto descubriuse un mural deseñado e realizado polo alumnado de 4º ESO Carlos García, Nerea López e Paula Gil, coa colaboración de Carla Martínez e Laura Vázquez (4º ESO).

No momento de descubrir o mural tivo lugar unha actuación musical a cargo de alumnado do instituto: Xenxo Ortega (1º Bacharelato, gaita), Andrea Cabaleiro (3º ESO, tambor), Julia Rivas (3º ESO, pandeireta) e Carme Puime (3º ESO, bombo).

Xa podedes ver o vídeo do acto. Nova no Faro de Vigo

O IES de Chapela co pobo saharaui

O IES de Chapela co pobo saharaui
A comunidade educativa recadou 1236,60 € para o programa Vacacións en Paz.

Desde o pasado 9 de maio o IES de Chapela está desenvolvendo unha campaña de sensibilización sobre as condicións de vida dos refuxiados saharauis que levan desde 1975 en campamentos en territorio alxerino e o seu dereito a regresar á súa terra, ocupada polo goberno de Marrocos. 

A campaña tamén ter por obxecto recadar fondos para o programa Vacacións en Paz, que organiza todos os anos a Asociación Galega de Amigos do Pobo Saharaui. Grazas a ese programa as nenas e nenos refuxiados entre 7 e 12 anos poden pasar dous meses do verán con familias galegas. Dese xeito evitan as altas temperaturas dos campamentos nesas datas (ata 50 ºC), acceden a revisións médicas e tratamentos (se os precisan) a través dun convenio co SERGAS e teñen contacto coa nosa cultura mentres aprenden as nosas linguas castelá e galega.       

O custo de manutención das nenas e nenos é asumido por cada familia acolledora, pero o custo da viaxe e seguro (890€ por cada nena/o) debe pagalo a Asociación grazas ás achegas dos Concellos e a campañas como a desenvolvida no IES de Chapela. 
En Chapela puxémonos como obxectivo que poida vir este verán unha nena ou un neno saharaui máis, para o que se precisarían 890€. Polo tanto acadamos con creces o obxectivo da campaña. Profesorado e alumnado voluntario do Ciclo de Integración Social percorreron as aulas de diurno e de nocturno para sensibilizar sobre esta situación.
  • Foto do alumnado de 4º ESO co reconto final de euros acadados
  • Vídeo realizado por unha alumna do Ciclo Superior de Educación Infantil que describe a historia e a situación actual do pobo saharaui

Presentación de O Berete

O venres 15 presentouse no instituto a nova revista promovida polo EDLG e polo grupo de biblioteca que rescata o nome da antiga publicación do centro: O Berete.
Na presentación participou o alumnado colaborador e animouse a toda a comunidade educativa a participar no vindeiro número.

 

VI Día da Ciencia en Galego - 2015

 

Videoconferencia:

A máquina que construé a mente a realidade

Ponente: Xurxo Mariño Alonso

Organiza: CGEDLG - // EDLG Chapela - Dptos Ciencias.

Lugar: Aula de Conferencias

Alumnado: 3º ESO A / 4º ESO / 1º BACH / CS. Infantil

Centros participantes

     
Vid. Videoconferencia 
Distribuir contido