Novas EDLG

CASTING Eu falarei - I will survive

 

 

equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse facer un LIPDUB antes de que remate o curso. Isto consiste nun vídeo musical no que participará todo o Instituto bailando certas coreografías e dándolle alento á Lingua Galega. A música deste vídeo será a do tema I will survive de Gloria Gaynor, coa letra cambiada por Eu falarei. O equipo precisa persoas do Instituto que canten a letra. PARTICIPA NO CASTING seguindo as instrucións que atoparás no noso blog.

Letra do lipdub

 

A Banda do Patio - Iogur de Fresa

O pasado venres 2 de marzo tivo lugar no vestíbulo do instituto o debut da Banda do patio interpretando o Iogur de Fresa. Esta actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES, tivo continuidade cun karaoke no que o alumnado que quixo puido cantar o Iogur de Fresa con música en directo. Aquí tes o vídeo da actuación e dos karaokes.

Día da Ciencia en Galego - 2011

Visita alumnado de Monçao - 2010

Premio á Innovación en Normalización Linguística 2007

A lingua galega e a relación coas TIC
 

Videoconferencia - Día das Letras Galegas- 2008

 

 

      O pasado día 12 de xuño celebrouse unha videoconferencia entre alumnado de 1º ESO do IES Chapela e de 6º do CEIP Alexandre Bóveda. A actividade consistiu na resolución conxunta das preguntas das Unidades Didácticas sobre Xosé Mª Álvarez Blázquez e unha lectura de poesías escollidas. Empregáronse os recursos TIC de ámbolos dous Centros, así como coa aplicación Skype. Colaboraron os profesores Laura, do CEIP, e Jose Luis e Marcelino do IES.

Blog da Biblioteca do IES Chapela

Un pequeno oco no cyberespacio para que nos escribas os teus comentarios sobre os libros que liches e que máis che gustaron. Non dubides en falar coas túas profesoras e profesores do tema, móstralles os comentarios ou traballos elaborados no teu caderno de clase e logo colgarémolos neste blog. É moi sinxelo!. 

Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística. Curso 2007/08.

Blog

Proxecto - 2007 / 08

Premio ao noso proxecto de innovación en normalización lingüística para desenvolver no curso 2007-2008.

Resolución conxunta do 1 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se resolven os premios a proxectos de innovación en normalización lingüística para centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso 2007-2008 convocados pola Resolución do 28 de maio de 2007.

 

Título do proxecto: “A relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación”:

 

Weblog da Biblioteca do IES Chapela.

Weblogs de Tecnoloxía do IES Chapela

Elaboración de Webquests

Proxecto Podcast

Videoconferencias Día das Letras Galegas

 

Plan de traballo-temporalización.

XUÑO 2008. Memoria final do proxecto

Distribuir contido