Avisos, convocatorias

Avaliacións e publicación das cualificacións

O luns 22 de xuño realizaranse as avaliacións finais de ESO e BACH. A publicación das cualificacións en abalarMobil terá lugar tan pronto como sexa posible, sen necesidade de agardar ao martes 23 de abril ás 12:00 como estaba previsto. O motivo é a recomendación dos servizos técnicos da Consellería de que se publiquen as notas canto antes ante o temor dunha sobrecarga no sistema.

Datas e datos para o fin de curso - 2020

19 de xuño: último día lectivo

22 de xuño: avaliacións

22 de xuño: publicación das cualificación en abalarMobil

23-25 de xuño: reclamacións de cualificacións ata as 12:00

25 de xuño: recollida de libros e entrega Consellos orientadores 2º e 3º ESO

26 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00 (ESO-Bach-FP ordinario) / 18:00 (FP modular)

26 de xuño: recollida de libros e entrega Consellos orientadores 1º e 4º ESO

26 ao 30 de xuño: matrícula ESO e Bacharelato (preferentemente telemática)

(Matrícula FP, pendente da publicación da Orde do procedemento de admisión)

Exames Ciclos FP - Xuño 2020

Suspensión da Saída a Andorra - Alumnado 4º ESO e 1º BACH

Hoxe 12 de marzo, en asemblea coas familias, alumnado e profesorado implicado na organización da excursión de fin de curso a Andorra, e ante a situación que estamos a vivir coa expansión do coronavirus, decidiuse suspender esta saída. Agradecemos o labor desenvolvido por todas e todos, especialmente pola profesora de Educación Física, Nuria Redondo, e o traballo incansable da ANPA no apoio ao alumnado, personificado en Beatriz e Graciela. Lamentamos esta suspensión, e agardamos que teñamos a oportunidade de realizar outra excursión ao final de curso.

A dirección do IES de Chapela (12-3-20 / 19:00)

Suspensión da actividade lectiva

A toda a comunidade educativa do IES de Chapela (12-3-20 / 16:00)
 
O Goberno da Xunta vén de anunciar hai unhas horas o peche dos centros dende o vindeiro luns 16 de marzo durante un período de 14 días. Mañá venres 13 de marzo o instituto permanecerá aberto e o alumnado poderá acudir ou non ao centro. É unha decisión voluntaria das familias e do alumnado maior de idade. A nova é coñecida pola dirección do centro a través dos medios de comunicación e aínda non contamos con instrucións da Consellería de Educación. En canto teñamos directrices claras e precisas da administración educativa comunicarémolas a través da páxina web do centro ou por medio da aplicación abalarmobil.
 
A dirección do IES de Chapela

Presentacións 19/20

Exames, entrega de notas, reclamacións, matrícula - Setembro 2019 - ESO e 1º Bacharelato

 

Calendario exames de setembro ESO e Bacharelato

Entrega de notas: xoves, 5 de setembro ás 11:00 na aula

Reclamacións ás cualificacións

Matrícula: do xoves, 5 de setembro ás 11:00, ao luns, 9 de setembro ás 14:00 - Información e documentación

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras - Listaxes definitivas alumnado seleccionado

Podes consultar as listaxes provisionais de puntuación en https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Consulta listaxes das solicitudes admitidas, excluídas... en Bolsas e Axudas no bloque de Orientación.

Xornada de Portas Abertas

Martes 26 de febreiro, ás 18:30

O 26 de febreiro abrimos as nosas portas a todas aquelas e aqueles que desexen achegarse a nós e coñecernos. Estaremos encantados de recibirvos. Falaremos da oferta educativa do noso centro, do noso proxecto educativo e dos nosos principios metodolóxicos, dos servizos e actividades que ofertamos, faremos un percorrido polas instalacións do instituto, charlaremos con vós e resolveremos as cuestións e preguntas que xurdan. Agardámosvos ás 18:30.

Venres, 21 de decembro

   

O venres 21 de decembro rematan as clases do primeiro trimestre. Pola mañá a actividade lectiva prolongarase desde as 8:30 ata as 11:20. Ás 11:20 o alumnado recibirá as notas da súa titora ou titor na súa aula. Logo poñerase música no vestíbulo, entregaranse os premios á AULA ACOLLEDORA e ás 12:00 despediremos o ano tomando as uvas. Desde primeira hora da mañá varios grupos de alumnado farán os paquetes de uvas. Toda a comunidade educativa está invitada a participar desta nosa despedida de ano anticipada. O transporte escolar sairá ás 12:30.

Pola noite, en horario modular, haberá clase as tres primeiras horas e a partir das 19:30 unha chea de actividades que inclúen chocolotada, panxoliñas, baile... que se prolongarán ata as 20:40 coas badaladas e a toma das uvas.

Boas festas acompañadas dunha boa entrada de ano para todas e todos os que formades a comunidade educativa do IES CHAPELA. BO 2019.

Distribuir contido