CS Educación Infantil

Obradoiro de locución oral - Educación Infantil

O luns 20 de decembro, o alumnado do 1º e 2º curso de Educación Infantil do IES Chapela desfrutou dun obradoiro de locución e narración oral impartido por Damián, da empresa Solo Voz. Esta actividade contribuíu a mellorar a expresión oral do alumnado e a perfeccionar a súa capacidade de empregar a voz como ferramenta fundamental do seu futuro desempeño profesional. 

Visita a FORESTA

O grupo de 2º de Educación Infantil visitou o espazo de aprendizaxe activo de Foresta, unha escola na natureza. Todas e todos percorrerron os espazos exteriores e interiores, xogaron cos materiais, fixeron preguntas e resolveron inquedanzas. Moitas grazas a Olga e a Noa por compartir connosco e acompañarnos nesta tarde de aprendizaxe!

Experimentando con laranxas e limóns

As alumnas e alumnos de 1º e 2º de Educación Infantil levaron a cabo unha actividade de experimentación con laranxas e limóns en días separados. Pero ambos os dous grupos contaron contos, falaron de emocións, déronse unha masaxe, bailaron diferentes cancións sobre o tema, fixeron zume,... e desfrutaron manipulando estes froitos en todas as súas formas, mesmo os observaron na mesa de luz e no retroproxector. Algo tan próximo e tan coñecido vivido e experimentado neste día como algo novo e inusual. PDF con máis imaxes.

Xornada de comadres na Senda da Auga

 

Os grupos de 1º e 2º curso do CFGS en Educación Infantil realizan unha xornada de comadres na Senda da Auga

O alumnado do 1º e 2º curso do CFGS en Educación Infantil do réxime xeral-ordinario levaron a cabo unha xornada de coñecemento mutuo e convivencia percorrendo o roteiro da Senda da Auga.

 

Saída Senda da Auga 1

Con anterioridade á saída, o alumnado distribuíse en parellas de comadres (unha alumna de 2º curso cunha de 1º curso) mediante un xogo de imitación.

 

Senda da Auga 2

Con saída ás 10:30h dende o IES Chapela, chegaron até o “Banco máis fermoso do mundo” para desfrutar das vistas da Ría de Vigo. Polo camiño puideron coñecerse, intercambiar pareceres e debater sobre a titulación.

 

 Saída Senda da Auga 3
 

Antes de voltar, realizaron paradas para almorzar, hidratarse e realizar dinámicas de coñecemento.

 
Saída Senda da Auga 4

Sesións de relaxación CS Educación Infantil

Despois dunhas semanas moi estresantes de exámenes e traballos, o grupo de xogo modular, levou a cabo unha sesión de relaxación!! Que boa maneira de empezar a semana!! Gracias Carmen pola tua dulce voz...
Relaxación 1 Relaxación 2

Contacontos

O pasado luns 9, o grupo de expresión e comunicación modular tivo unha visita moi especial. Achegouse a nosa aula Goretti, excompañeira do ciclo de infantil, para contarnos un conto. A experiencia foi moi boa!  Moitas gracias Gore!!
Contacontos 3 Contacontos 2

Saída á Biblioteca Xela Arias

O venres 29 de novembro, o grupo de expresión e comunicación (modular) visitamos a biblioteca Xela Arias. Da man de María José (bibliotecaria) coñecemos os diferentes servizos da biblio e tamén nos mostrou unha chea de contos moi interesantes para traballar cos nenos/as.
        Visita á Biblioteca Xela Arias
 

Vídeo Día Internacional contra a violencia de xénero - 2019 / 2º CS Educación Infantil

Vídeo realizado polo alumnado e profesorado de 2º de Educación Infantil do IES Chapela, para o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha interpretación da canción "Sólo quiero bailar" realizada por Miguel Ángel Maroto Negrete xunto co alumnado do IES Maestro Juan de Ávila.

Mapas corporais en Educación Infantil

Durante as clases de 1º e 2º de Educación Infantil esta semana, estiveron realizando unha actividade que consistiu na realización de mapas corporais. O método de traballo foi dividir ao alumnado  en  grupos mixtos,  un total de 6 persoas por grupo, e partindo dun caso común a todos os grupos, desenrolar un mapeo corporal. Que é un mapeo corporal? Pois é o  proceso de crear imaxes do corpo humán a tamaño natural, debuxando e pintando. Deste xeito represéntanse, visualmente, aspectos da vida das persoas, dos seus corpos e do mundo no que viven. Trátase dunha forma diferente de contar historias.

 

Mapas corporais 6 Mapas corporais 7 Mapas corporais 8
Mapas corporais 9 Mapas corporais 15 Mapas corporais 16
Mapas corporais 17 Mapas corporais 18 Mapas corporais 20

Ponencia sobre Educación Infantil en Brasil

Hoxe achegámonos á educación infantil en Brasil no  IES de Chapela, con unha ponencia a cargo de Renata de Almeida, profesora de Pedagoxía no Instituto de Sao Paulo. Participa alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil. Foi moi interesante coñecer as diferenzas e parecidos entre ambos continentes e abrir portas para compartir experiencias entre alumnado.
 
Educación Infantil en Brasil 5 Ponencia Educación Infantil en Brasil 2
Ponencia Educación Infantil Brasil 4 Ponencia Educación Infantil Brasil 3
Distribuir contido