Skip to Content

Axudas coas tarefas escolares- Concello Cerdedo- Cotobade

Desde Cotobade para o mundo.

Sempre soubemos que a rapazada de Cotobade era de boa madeira. E non nos sorprende velos nos xornais por cuestións de índole deportiva, reivindicando o uso da lingua galega creando a Sociedade das "camisetas verdes", defendendo os dereitos humanos, a igualdade, a diversidade ou gañando algún certame literario de ámbito nacional. O que non agardábamos desta volta, e no momento que nos toca vivir, era atopar entre a xente miúda destas terras a un inventor, deses que agora chaman "makers". Porque todo o difícil comeza fácil como todo o grande comeza pequeno. Pequenos grandes heroes!

Información en relación ao desenvolvemento da segunda avaliación 2020

Achegámoslles as últimas instrucións sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre comunicadas pola Consellería de Educación e Formación Profesional á Dirección deste Centro.

Comunican que:

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, nesta avaliación só se terán en conta os resultados do traballo desenvolvido ata dita data.

 

Ante estas novas instrucións, o profesorado do I.E.S. de Cotobade realizará esta segunda avaliación baseándose exclusivamente no traballo cotiá amosado e desenvolvido polo alumnado ata o día da suspensión das clases, para garantir unha valoración xusta e obxectiva, ao igual que nas avaliacións anteriores. 

Os titores e titoras serán informado/as polo profesorado e disporán, como de costume, de todos os datos relevantes respecto ás cualificacións de cada materia. Unha vez pechada a avaliación, os respectivos titores farán chegar aos pais/nais/titores legais o boletín de notas de cada alumno/a.

Manterémoslles informados das novidades que vaian xurdindo sobre o desenvolvemento telemático da terceira avaliación, polo que rogamos estean atentos ás comunicacións que lles poidamos achegar.

Atentamente.

A Dirección do I.E.S. de Cotobade.

Instrucións a 16 de Marzo de 2020

DIANTE DAS MODIFICACIÓNS DERIVADAS DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA, ACLÁRANSE AS ÚLTIMAS INSTRUCIÓNS:

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO

Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades só permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

Sendo o I.E.S. de Cotobade un centro de SEIS UNIDADES, permanecerá PECHADO durante os 14 días establecidos a partir deste luns 16 de Marzo de 2020.

3. TITORIZACIÓN DO ALUMNADO:

- A comunicación e información coas familias realizarase a través da páxina Web do Centro e vía Tokapp.

- A comunicación e información co alumnado realizarase esencialmente vía correo electrónico (dominio iescotobade.org) onde atopará instrucións para cada materia e propostas de actividades (na aula virtual ou outras plataformas) para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

Rogamos estean atentos ás comunicacións que lles poidamos ir achegando.
Ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto coa Dirección a través do noso correo electrónico: ies.cotobade@edu.xunta.es.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Segundo o DOG Núm. 49-Bis publicado o 12 de Marzo de 2020 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200312/2255/AnuncioC3K1-120320-1_gl.html

como consecuencia da evolución do Coronavirus COVID-19 quedan suspendidas as clases 14 días naturais a partir do luns 16 de marzo de 2020. Estaremos atentos a novas resolucións. 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

Día da muller 2020- Matriarcas IES de COTOBADE

Ponte no meu lugar. Aspies en acción no IES de Cotobade con 1ESO

 

“Aspies en Acción” formado por Xan, Guille, Pablo, Samuel e Kuro, catro mozos e unha moza con Síndrome de Asperger, viñeron desde Compostela para presentar ao noso alumnado de 1ºESO a exposición “Ponte no meu lugar”.  De xeito sinxelo e cercano, facendo partícipe a todo o alumnado presente, os cinco mozos deron a coñecer as diversas dificultades que este trastorno conleva no seu día a día e afondar nas súas características e necesidades. 

 

11 DE FEBREIRO- Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Para conmemorar o día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, as profesoras Marisa Vidal e Laura Pérez dos departamentos de Física e Química e de Bioloxía, expuxeron unha táboa periódica de Mulleres na Ciencia na que participou a totalidade do alumnado. 105 mulleres científicas dos diferentes campos: matemática, química, física, astronomía, ciencias da saúde, paleontoloxía, ciencias naturais, enxeñería e primatoloxía foron recordadas e homenaxeadas polos/as 105 alumnos/as do noso Centro.

A exposición permanecerá no hall do Centro ata finais de curso.

Día da Non-Violencia e da Paz

O pasado día 30 de xaneiro o IES de Cotobade conmemorou o Día Escolar da Paz e a non-violencia por medio dun conto narrado por Pablo Chantrero e Manuel Sobral, alumnos de 2ºESO A, que destacaron coas súas voces a amargura da guerra e, en contraposición, a dozura da paz. 

11h45. Foco sobre o butai, música suave, comeza a narración do Gaito Kamishibaiya.

A historia de Haruto, un piloto de avión xaponés que, despois  da guerra, atopa como medio de vida a venda de lambonadas. Para chamar a atención dos rapaces tocaba uns paus (ioshigi); e cando se xuntaban diante del, empezaba a contarlles un conto cunha técnica, xa en desuso, que inventaran os monxes budistas aló polo século XI: O kamishibai (teatro de papel, en xaponés). Así, na súa bicicleta, Haruto percorreu o Xapón para contar historias invitando á paz. Di a lenda que cando morreu, se converteu nunha pomba branca.

A narración foi acompañada de doce láminas ilustrando a historia que ían pasando unha a unha polo teatriño de madeira. Esas mesmas láminas foron proxectadas á vez nunha gran pantalla e ambientouse a narración con sons e música que se fundían coas escenas e voces dos narradores. Felicitamos a Aitana Argibay, encargada do son e Xulia García, da imaxe, pola súa precisión e sincronización.

O silencio durante a narración e os aplausos ao remate da mesma foron sinal inequívoco de que a actividade foi todo un éxito.

Parabéns a todo o alumnado e profesorado participante.

Podedes ver o vídeo no seguinte enlace

https://www.youtube.com/watch?v=_igRkK5KAT0

Froita na Escola.

O noso Centro participa novamente estes días no programa " Froita fresca na escola" que leva a cabo a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Trátase dunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita, ofrecendo ao noso alumnado froita de tempada nos períodos de lecer.

Desde o luns 28 de Xaneiro e durante aproximadamente 10 días, repartirase froita fresca e variada a todo o alumnado no recreo. A froita elixida para cada día recóllese no cartel promocional.

Tédeo en conta á hora de prever as merendas para que se consuma a froita dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut