Skip to Content

8 de Marzo. Día Internacional da Muller

Letras de cancións cubrindo paredes, mensaxes en defensa da igualdade  nas escaleiras e chan ou unha exposición de documentos das primeiras Sufraxistas británicas poden verse por todo o noso Centro na campaña "Nin malas, nin vosas: Libres e Iguais" que permanecerá ata o mes de maio.

A súa vez a Coordinación da Biblioteca ofreceu unha selección de obras relacionadas coa igualdade de xénero e/ou ás nosas mulleres escritoras para achegar ó noso alumnado a esas grandes mulleres que marcaron a historia literaria ou ás contemporáneas que seguen eses mesmos pasos e que loitan por chegar a ser historia.

A nosa Biblioteca en coordinación co departamento de francés e relixión recolleu co alumnado de 2º e 4ºESO diferentes cancións nacionais e internacionais con contidos machistas  e outras con contidos contrarios en resposta a esas mensaxes censurables, denigrantes e vulgares.

As letras tanto en positivo como en negativo están expostas no corredor como campaña de concienciación e denuncia. 

A exposición das primeiras Sufraxistas como iniciativa do departamento de inglés, promovido por Victoria Carrera, xefa do departamento e coordinadora da Biblioteca estará exposto ata final de curso no corredor da Biblioteca.

Nin malas, nin vosas senón libres e iguais!

Beatriz Pérez Espiña, profesora de debuxo e coordinadora de actividades e o seu alumnado recobren o noso centro con mensaxes en galego, castelán, francés e inglés en defensa da igualdade de xénero. Beatriz axudada polo seu alumnado reflectiu no chan do noso centro mensaxes pintadas de concienciación na loita pola igualdade. Tamén ideou crear un espazo "Libre de violencia de xénero" onde se irán incorporando creación relacionadas coa igualdade ao longo do curso, ano tras ano. A loita pola igualdade non se fai nun día e a concienciación é permanente.

 

Obradoiro de Regueifas

Desde a Asociación Oral de Galicia de Vigo, en colaboración coa area de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra organizáronseuns obradoiros didácticos de regueifas para o alumnado de secundaria dos centros educativos da provincia de Pontevedra. Trátase dunha acción formativa arredor da regueifa e da improvisación oral en verso.

Acudiron ao noso centro  2 regueifeiros a impartir o obradoiro en dúas xornadas , a primeira o pasado 27 de febreiro e a segunda o xoves 7 de marzo no que participaron un total de 50 estudantes de 1º e 3º ESO.

Bonita experiencia que lembramos con agarimo!

Entroido 2019

O pasado venres día 1 de marzo  celebramos a nosa festa do Entroido.Este ano a participación nos disfraces foi moi alta, empezando polo profesorado que deu exemplo, e gozamos dos doces que os rapaces e rapazas presentaron no concurso de repostería onde non faltaron orellas, filloas e outros doces da nosa terra.

Rematando como cada ano, cunha animada entrega de premios!

Resultado de imagen de entroido gif

Tiro de tres pola inclusión.

No día de onte o noso alumnado de 1º E.S.O gozou dunha nova experiencia xunto cos compañeiros da Asociación Juan XXIII, pero desta volta no Pavillón Deportivo de Marín.

Por sexto ano consecutivo, a Asociación Juan XXIII de Pontevedra e o equipo de baloncesto Peixe Galego de Marín organizaron conxuntamente unha xornada de inclusión por medio do Deporte. 

Este ano, o IES de Cotobade convidado polos nosos compañeiros da Asociación tivo a sorte de ser o terceiro integrante e gozar dunha mañá onde non existían nin límites nin barreiras, nun « tiro de tres».

O compromiso e fidelidade de Peixe Galego na súa loita pola inclusión e o cariño amosado polos seus xogadores a todos os que alí estábamos, reflectiu a grandeza do equipo. 

Novamente a experiencia resultou enriquecedora, divertida e emocionante e esperamos poder seguir compartindo momentos, actividades e experiencias cos compañeiros da Asociación.

Parabéns!

Enlace á nova na Voz de Galicia

Eco-percusión con Didier Díaz. Alumnado de música.

O pasado 5 de febreiro, o alumnado de música do I.E.S de Cotobade participou nun obradoiro de eco-percusión impartido polo músico percusionista cubano, Didier Díaz. Contaxiados polo entusiasmo de Didier e paixón pola música,  aprenderon nocións básicas como a pulsación, o manexo das baquetas e os ritmos en eco, empregando material de reciclaxe, bidóns e cubos de pintura.

Pecharon o taller xunto con Didier, Denís e Rubén Santamarina, alumnos músicos de 4ESO do noso centro, dos que nos sentimos orgullosos e animamos a que sigan polo camiño da música.

 

Parabéns a todo o alumnado participante e á profesora Elena Villar pola súa iniciativa.

« The true beauty of music is that it connects people. It carries a message, and we, the musicians, are the

messengers. » Roy Ayers.

 

 « A verdadeira beleza da música é que conecta xente. Leva unha mensaxe e nós, os músicos, somos os  mensaxeiros. » Roy Ayers.

Cross 2019

Un ano máis o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro participou na proba de Cross, celebrada este ano en Caritel, xunto cos compañeiros dos IES de Pontecaldelas e Forcarei.

Esta proba desenvólvese dentro do programa XOGADE sendo a antesala das probas polideportivos a realizar no mes de abril.

Parabéns a todos os participantes, a Salvador Rodríguez pola súa implicación e a Jose Luis Murio pola iniciativa e dirección.

 

Obradoiros de Nadal. 21 de decembro de 2018.

Para despedir o ano o profesorado do IES de Cotobade dirixiu 10 obradoiros distintos ó longo da mañá na que participou todo o alumnado do Centro.

Entretemento, aprendizaxe e convivencia marcaron á mañá do derradeiro día de clase do 2018.

Parabéns a todos os que o fan posible.

Navegando polo universo

O pasado 20 de decembro o departamento de física e química organizou unha actividade de astronomía para o alumnado de 2ºE.S.O quegozou dunha bonita experiencia de achegamento á astroloxía.

Co título Navegando por el universo, Íñigo de la Quadra-Salcedo propúxolles unha  viaxe polo pasado interestelar a bordo dunha nave. Coa axuda dun planetario portátil e dun proxector de imaxes deseñado para a ocasión, o noso alumnado puido aprender como son os planetas, como se producen as fases lunares eos eclipses e ata case chegar a pisar a lúa.

Parabéns á profesora Cristina Cobas Paz pola súa iniciativa e a Íñigo de Quadra-Salcedo pola fabulosa experiencia.

O IES de Cotobade deséxavos unhas felices festas.

 

 

Vídeo "Vivir" Baixo o mesmo paraugas

Distribuir contido


by Dr. Radut