Skip to Content

Xuntanza inclusiva. Baixo o mesmo paraugas.

Con motivo da Celebración do día Internacional das Persoas con Discapacidade , alumnado de 1ESO está participando na gravación dun vídeo clip inclusivo en colaboración coa Fundación - Asociación Juan XXIII de Pontevedra.

O vindeiro venres 30 de Novembro ás 13.30, recibiremos a Ana, David, Fátima, Iñaki, Juan, Martín, Noemí, Miguel, Nacho, Nicole, Sergio e Miguel, os nosos compañeiros da Fundación para realizar gravacións e tomas conxuntas cos nosos alumnos e perfilar o vídeo definitivo.

Ese encontro concluirase cun xantar inclusivo nas instalacións do noso Centro que finalizará ás 15.30.

Se chove, que chova pero baixo o mesmo paraugas!

Unidos en contra da violencia de xénero

Un ano mais, a comunidade educativa do IES de Cotobade únese para manifestarse en contra da violencia de xénero e en defensa dos Dereitos da Muller.

Concienciación que se ven facendo desde as aulas ó longo do curso ano tras ano para erradicar estigmas e inxustizas e loitar pola igualdade de dereitos de todos e todas en calquera dos ámbitos.

 

Cotobade, terra de canteiros. Antonio Fraguas, fillo de canteiros.

Cotobade é terra de canteiros, Antonio Fraguas era fillo de canteiros. Así que fomos ver como se preparan os canteiros de hoxe á Escola de Cantería de Poio, oficio descoñecido pola meirande parte do noso alumnado.

 

Trátase dunha preparación moi completa, entre a do técnico industrial e a do artista, usando modernas tecnoloxías sen esquecer o contacto directo coa pedra.

Salientamos que de aquí saen os mellores traballadores da pedra do mundo e tamén uns auténticos escultores dos que os nosos escolares por ser desta terra, puideron sentirse orgullosos.

 

Alumnado do IES de Cotobade acude á representación da obra Invisibles.

O alumnado de 3º e 4ºda ESO acudiu o pasado xoves día 15 ao teatro Principal de Pontevedra para asistir á representación de INVISIBLES, dirixida por Marian Bañobre e baseada na obra da xornalista e escritora Montse Fajardo.

 

 

Un lugar indeterminado.

Sete testemuñas reais.

Setenta minutos.

Tres mulleres.

Un millón de razóns para falar do maltrato.

 

Non máis invisibles.

 

A representación ben levada non deixou a ninguén indiferente e o alumnado saíu sensibilizado e sobre todo concienciado sobre a crueldade da violencia machista.

 

Preparación de actividades inclusivas curso 2018-19.

No día de onte os nosos escolares de 3º e 4º da ESO visitaron aos compañeiros e compañeiras da Asociación Juan XXIII de Pontevedra.

 

Próximas actividades. Mes de Novembro.

SAMAÍN / HALLOWEEN 2018

 

 

Exposición de portadas do Día das Bibliotecas.

24 de Outubro. Día das Bibliotecas Escolares.

 

 

Charla de mediación

O vindeiro martes 9 de outubro ás 15.35 o educador familiar do Concello  Lois Díaz dará unha charla sobre a importancia da mediación para a convivencia no Centro, motivando ó noso alumnado a participar como mediadores.

Distribuir contido


by Dr. Radut