Skip to Content

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2017-2018 E DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 4ºESO

Despedímonos cun festival de fin de curso do noso alumnado de 4ºESO.

Os nosos mellores desexos para esta nova etapa aos nosos 9 campións!


Video fin de curso das actividades do Club de Lectura

 

Grazas a todos os participantes e profesorado mediador e motivador!!

Deporte e hábitos saudables. Memoria de actividades.

As letras Galegas na Biblioteca.

Co galo das Letras Galegas o alumnado de 1ºESO participou na decoración do espazo da Bibliotecadedicado a María Victoria Moreno tralas lecturas no club de Leonardo e os fontaneiros e Anagnórise.

Nunhas mans alzadas en defensa da liberdade e do uso da lingua galega en tódolos ámbitos e espazos,escribiron fragmentos de diversas obras de María Victoria Moreno, da súa elección.

O alumnado de 4ºESO recreou dúas caricaturas da autora coa axuda de Beatriz Pérez, profesora de EPVA do noso Centro.
Ilustramos a cita de María Victoria con copias dalgunha fotografía de R.M. Anderson. 

 

Velaquí o resultado!

 

Usuarios da Asociación Juan XXIII visitan o noso Centro.

Usuarios e usuarias da Asociación Juan XXIII visitan o noso Centro para dar a coñecer o seu colexio e

co fin de sensibilizar ó noso alumnado co mundo da discapacidade e coñecer o día a día no seu Centro.

"Vida" de Rubén Riós

 
O pasado 15 de xaneiro, o alumnado de 3º/4ºESO do IES de Cotobade asistiu á presentación do documental « Vida » de Rubén Riós.
 
O actor e produtor galego presentou o documental dentro do programa de artes escénicas organizado por Afundación.

8 de Marzo. Loitamos pola igualdade.

Hoxe 8 de marzo de 2018, a comunidade educativa do IES de Cotobade únese na loita polos Dereitos da Muller, en defensa da igualdade.

Club de Lectura. Encontro co escritor David Lozano Garbala

Martes 6 de marzo de 2018.
 

Impaciente, ansiosa e un pouco nerviosa, a comunidade lectora do IES de Cotobade agardaba con impaciencia a chegada de David Lozano na Biblioteca do noso Centro.

Todo estaba preparando, mesas, cadeiras, decorado, tarta de benvida, vídeoreseña e  tráiler dunha novela.

Tratamos de crear un ambiente distendido cun cadro orixinal recreando con cada detalle as novelas do convidado. Dende un reloxo tuneado coa portada do "Ladrón de Minutos" ata unha porta forrada coas novelas mais salientables de David.

Ademais creouse unha zona de Photocall, con pinturas, fotografías e debuxos das novelas "Valkiria" e "Cielo Rojo" realizados polo noso alumnado e dirixido por Beatriz Pérez, profesora de EPV e Carina Vales, coordinadora do Club de Lectura. Case tras un mes de preparación, todo estaba listo para súa visita.

 
 

 

Un total de 40 estudantes participaron na entrevista, é dicir o 50% do alumnado matriculado no noso Centro. Todo un éxito e orgullo para as coordinadoras da Biblioteca e Club de Lectura, así como para o profesorado participante no Club ao longo do curso.

O convidado foi sorprendido pola preparación da escenificación do encontro, especialmente pola orixinalidade da tarta, coa portada dunha das súas novelas.

Lectores e escritor puideron compartir e "devorar literalmente" a deliciosa novela. A súa visita marcou un antes e un despois no noso Centro, no que cada día se esgotan os préstamos das novelas de Garbala.

 

Unha emocionante e inesquecible visita.

Parabéns a todos e todas!

Vídeo do festival de Nadal 2017

 

Programa dos obradoiros de Nadal

Este xoves terán lugar 12 obradoiros simultáneos dirixidos polo profesorado do Centro nos que participará todo o alumnado.

Os 81 estudantes apuntados previamnente en tres talleres da súa elección, irán rotando para gozar e aprender das diversas actividades

ofertadas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut