Skip to Content

Previsión de actividades no mes de Novembro

SAMAIN 2019- IES DE COTOBADE

O xoves 30 de Outubro o noso centro celebrou a festa do samaín cun concurso de deliciosos e terroríficos doces decorados para a ocasión. Celebramos a participación do alumnado na actividade e a súa implicación tanto na decoración de orixinais cabazas, nos disfraces e caracterización, así como nos fantásticos relatos de medo. A degustación e entrega de premios tivo lugar no hall do instituto, preparado e decorado para ocasión no que non faltaba detalle, obra de Beatriz Pérez Espiña, Xefa de Estudos e profesora de E.P.V e de MªLuisa Cousillas coordinadora de actividades extraescolares.

Recollemos neste vídeo a reportaxe fotográfica realizada e lamentamos que non se reflicte nas imaxes a totalidade do decorado, doces ou cabazas. O feito que aparezan uns e non outros non determina a calidade do produto, senón que foi imposible retratar e fotografar cada detalle do evento, xa que este curso todo eran detalles. Parabéns a todos os participantes por manter viva esta tradición!

PARTICIPACIÓN NOS CONTRATOS-PROGRAMA NO CURSO 2019-20

O noso Centro foi seleccionado para participar no programa REFÓRZA-T, evolución do programa PROA no que participamos exitosamente o curso pasado, co que se pretende proporcionar ao alumnado beneficiario alicerces para afrontarse ás dificultades relacionadas coa aprendizaxe e/ou coa sua inclusión escolar ou social, ao tempo que favorece o desenvolvemento dos elementos transversais do currículo, ampliando o apoio a todas as áreas e materias curriculares impartidas no centro.

 

 

Para acceder á Resolución e listaxe de centros seleccionados, prema aquí

 

Galaicos. Un pobo entre dous mundos.

O pasado venres día 25, acompañado polos profesores Xosé Carlos Morgade e MªLuisa Cousillas, un grupo de 33 estudantes de 1º da ESO do noso instituto achegáronse ao Museo de Pontevedra para visitar a exposición "Galaicos" e as salas de Prehistoria do museo. A exposición temporal "Galaicos", que leva por subtítulo "Un pobo entre dous mundos", recalará na nosa vila ata o 2 de febreiro para conmemorar o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

A exposición amosa aos poboadores destas terras durante un período de máis de mil anos, o comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 a. n. e.) e o século VI. Máis de 65 pezas e unhas ilustracións moi didácticas explican as etapas culturais sucesivas (castrexa, romana, sueva...) que conforman a nosa historia e a nosa identidade.

Por formar parte da materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO, a visita foi organizada por este departamento.

24 de Outubro. Conmemorando o día das Bibliotecas Escolares.


Herdanza de Mª Victoria Carrera coordinadora desta Biblioteca e de Rosa García Otero,  creadora, pioneira e dinamizadora ata este curso da Biblioteca e Club de Lectura que tanto botamos en falta.

Grazas a todo ó alumnado e profesorado colaborador que fixo e fai deste espazo un mundo de reflexións, de encontros, soñador e integrador. Tanto os que están, como os que xa non, seguiremos unidos pola lectura.

I.E.S de Cotobade e Asociación Juan XXIII loitando contra o cancro de mama


Concienciación contra os incendios. Visita da base aérea do Campiño

No día de onte alumnado de 3º e 4º ESO do I.E.S de Cotobade tiveron a oportunidade de visitar a Base Aérea Contra Incendios do Campiño. Acompañados pola profesora Laura Pérez de Bioloxía e Carlos Morgade de xeografía e historia, viron de primeira man o traballo dos bombeiros forestais. Eles explicáronlles o seu labor e a importancia de que todos nós, coidemos do medio ambiente para evitar que se produzan incendios e poder gozar do noso patrimonio e identidade que conforman as paisaxes naturais e autóctonas da nosa terra. Os estudantes coñeceron o labor dos equipos de brigadistas mediante unha proxección audiovisual sobre a extinción de incendios e manexando as ferramentas manuais de extinción. Ata tiveron a oportunidade de probar a forza dunha mangueira coa axuda dos bombeiros. O persoal da base mostrou o helicóptero que se atopa nas  instalacións e puideron interaccionar cos pilotos e técnicos de mantemento.

Parabéns a todos e todas os e as que participaron e promoveron esta actividade!

Volta ás clases. 16 de setembro ás 9.15.

O I.E.S de Cotobade deséxavos un feliz comezo de curso 2019/ 2020.

O horario de entrada e saída será o habitual: de 9.15 a 14.40. Velaquí a organización do primeiro día do curso.

CALENDARIO DE SETEMBRO

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

Distribuir contido


by Dr. Radut