Curso 2020/21

Curso 2020/21

ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN CICLO SUPERIOR

 

Queres traballar  planificando, promocionando e informando sobre destinos turísticos, guiando e asistindo a viaxeiros e clientes, así como en terminais, medios de transporte, eventos e outros destinos turísticos?

 No IES Río Cabe temos a  resposta.

Aberto o proceso de admisión ao Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas, réxime para as persoas adultas, ensinanza modular.

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA

 

A partir do día 25 de xuño e ata o 8 de xullo está aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas na modalidade de fútbol NIVEL 1 que se imparten no noso centro. 

Se queres ser profesional do adestramento no mundo do fútbol ven a formarte ao IES Río Cabe!

 

Calendario de admisión formación profesional - Curso 2020/2021

No documento adxunto pódense consultar todas as datas importantes no proceso de admisión á formación profesional:

 

Pode atoparse máis información na seguinte páxina web:

Inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2020 - Fútbol

O día 23 de xuño publicarase no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020-2021.

Ten acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 8 de xullo de 2020.

No IES Río Cabe o próximo curso está previsto impartir o Nivel 1 das ensinanzas de Técnico deportivo en fútbol, polo que calquera alumno interesado pode obter máis información na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982828034.

 Máis información sobre estas ensinanzas na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/510

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Publicouse no taboleiro de secretaría do IES Río Cabe a listaxe co alumnado admitido para o curso 2020/21 neste centro.

Todo o alumnado que fixo a solicitude en prazo foi admitido.

 

Distribuir contido