Curso 2020/21

Curso 2020/21

Cribado no IES Río Cabe

O próximo sábado 6 de febrero, a partir das 9:00h, a Consellería de Sanidade organiza no Río Cabe un cribado ao alumnado, profesorado e persoal non docente que non estea confinado nin teña o diagnóstico de positivo. O obxectivo é detectar posibles casos positivos e atallar o contaxio da Covid.

A proba é voluntaria e levarase a cabo no ximnasio e no pavillón do centro.

Convocatoria cursos Celga

Convóncanse con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Para máis información:

Resolución do 18 de xaneiro 2021 (DOG)

Comezo das clases nos niveis 2 e 4 do Ensino Secundario de Adultos

O próximo luns, día 8 de febreiro, iniciaranse as clases dos Niveis 2 e 4 da Educación Secundaria para adultos, seguindo os horarios que aparecen a continuación:

Horario Nivel 2

Horario Nivel 4

Despedida a Diana Gawthrop

No día de hoxe ,28 de xaneiro, despedimos no Cabe á que foi a nosa Auxiliar de Conversa durante os últimos catro meses, Diana Gawthrop.  Como suele ocorrer, foi unha  despedida triste porque, no pouco tempo que estivo con nós, Diana fíxose  unha  riocabense  máis.

 

 Os compañeiros do departamento de inglés botaremos de menos a súa enerxía , o seu entusiasmo e  a pasión coa que traballa, sempre procurando motivar ó alumnado  e axudando para que este mellore no seu dominio da lingua.

Esperamos e desexamos que a segunda parte do curso che sexa tan especial como a primeira, e contamos que o próximo curso poidas estar con  nós  de novo.

 

Alumnos de distintos cursos quixeron  obsequiar a Diana cuns  debuxos  que lle lembren o seu paso polo centro

 

GOOD LUCK, DIANA!! THANK YOU FOR EVERYTHING!!

Datas e horas dos exames finais dos niveis I e III do Ensino Secundario para Adultos

Na primeira semana de febreiro terán lugar os exames finais dos distintos ámbitos dos niveis I e III da Educación  Secundaria para  Adultos segundo o calendario seguinte:

 MÓDULO I

ÁMBITO

DÍA

HORA

Á. Comunicación

1

18:00-19:30 L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

2

18:00-19:30

Á. Social

3

18:00-19:30

Á. Comunicación (INGLÉS)

3

20:30-22:00

 MÓDULO III

ÁMBITO

DÍA

HORA

Á. Comunicación

1

18:00-19:30 L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

2

18:00-19:30

Á. Social

3

18:00-19:30

Á. Comunicación (INGLÉS)

3

20:30-22:00

 

Os exames terán lugar nas respectivas aulas.

Avaliación: día de 4 de febreiro.

Entrega de boletíns:  día 4 de febreiro a partir das 18:00h

Aclaracións ás cualificacións: ese mesmo día ata as 20:00h.

Reclamacións ás cualificacións: presentadas regulamentariamente, na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 5 e 8 de febreiro

 

As clases dos niveis II e IV comezarán o día 8 de febreiro no seu horario habitual.

USO DA CAFETERÍA – HORARIO E ACCESO DO ALUMNADO

Debido ao aforo da cafetería (14 persoas), é necesario organizar a entrada, a saída e o control do alumnado no interior.

Haberá un profesor/a de garda entre as 11:15 e as 11:45, pero antes desa hora será o profesorado que a terceira hora da mañá teña clase con 1º ou 2º de ESO quen se encargará da organización e o control dos accesos e o aforo. Para iso, dito profesorado repartirase en acompañar ao alumnado (un profesor/a dirixirase á cafetería co alumnado e estará con eles ata que a abandonen, e os outros dous irán á zona de recreo correspondente).

Haberá que ter en conta o seguinte horario e sentido de circulación no uso da cafetería:

1º ESO: 11:05 – 11:10. O alumnado vai directamente desde a súa aula, entra pola porta do corredor do salón de actos e sae pola porta exterior (se a súa zona é o xardín ou as pistas) ou pola porta lateral (se a súa zona é rúa San Pedro ou Cachafeiro).

2º ESO: 11:10 – 11:15. O alumnado vai directamente desde a súa aula, entra pola porta do corredor do salón de actos e sae pola porta exterior (se a súa zona é o xardín ou as pistas) ou pola porta lateral (se a súa zona é rúa San Pedro ou Cachafeiro).

3º ESO: 11:20 – 11:25. O alumnado accede á cafetería pola porta do corredor do salón de actos e sae pola porta exterior (se a súa zona é o xardín ou as pistas) ou pola porta lateral (se a súa zona é rúa San Pedro ou Cachafeiro).

4º ESO: 11:25 – 11:30. O alumnado accede á cafetería pola porta do corredor do salón de actos e sae pola porta exterior (se a súa zona é o xardín ou as pistas) ou pola porta lateral (se a súa zona é rúa San Pedro ou Cachafeiro).

O alumnado non poderá facer uso das mesas do comedor.

IES Río Cabe: Espazo Cardioprotexido

Dende hoxe, 23 de decembro, o  Río Cabe é un Espazo Cardioprotexido.

Na nosa procura  de ser un centro o máis seguro posible, quixemos invertir na adquisición dun Desfibrilador Externo Semi-Automático (DESA) e aprender sobre o seu funcionamento, para o que contamos, na primeira xornada de “vacacións” cun experto que nos veu falar do seu correcto uso asícomo  de primeiros auxilios. 

 

 

Reparto gratuito de máscaras

Están expostas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do reparto gratuito de máscaras, segundo orde da Consellería. O prazo de reclamación é de dous días a partir da súa publicación, é dicir, ata o mércores 2 de decembro.

Blog de Normalización Lingúística

Podedes  atopar información moi interesante sobre as actividades levadas a cabo polo departamento de Normalización Lingüística do instituto no seu blog DinamizaCabe clicando no enlace

  

 

 

Aberto o prazo para a solicitude de máscaras entre o alumnado da ESO

Está aberto o prazo para presentar a  solicitude para a distribución de máscaras entre o alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria. 

Os beneficiarios que xa recibiron a axuda para material escolar non terán que presentar dita solicitude.

Os que non foron beneficiarios da axuda pero:

a) As familias teñan unha renda per cápita igual o inferior a 6000€.

b) Estean matriculados en educación especial, ou suxeitos á tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Poderán presentar a solicitude na secretaría do centro ata o 27 de novembro.

Distribuir contido