Curso 2020/21

Curso 2020/21

Permiso alumnado de Bacharelato para saída no recreo

O alumnado de Bacharelato  maior de 16 anos  que desexe saír ao exterior do recinto escolar durante o tempo do recreo  deberá traer cuberta  ,  por parte dos seus país ou titores legais,  unha autorización, así como  un  compromiso persoal, que eles mesmos deben asinar . Se desexan consultar a resolución da Consellería, pódeno facer no seguinte enlace.

HORARIOS ENSINANZAS DE ADULTOS 2020/2021

A continuación, facendo click no curso correspondente, podedes descargar o horario do mesmo:

 ESA I-II      ESA III-IV

 1º BAC      2º BAC

 CS Turismo

 Respecto ao horario do CUALE, as ensinanzas do idioma inglés desenvolveranse no seguinte horario:

A1

Xoves: 17:15 a 18:30 horas

Venres: 16:00 a 17:15 horas

B1

Xoves: 16:00 a 17:15 horas

Venres: 17:15 a 18:30 horas

Castelán e galego para estranxeiros:

Castelán: Mércores de 16:50 a 17:40 horas

Galego: Xoves de 16:50 a 17:40 horas

Por último, as clases do Nivel I de Fútbol impártense os Luns, Mércores e Xoves pola tarde. O Mércores os módulos correspondentes ao Bloque Común e o resto dos módulos os outros dous días da semana.

Samaín na Biblioteca do Río Cabe

 

"Si a tus manos ha llegado este conjuro errante

ya no tendrás que usar más desinfectante;

pues si algo de COVID quieres evitar

la siguiente fórmula mágica has de realizar.

En una hoguera debes colocar 

cuatro ramas de abeto

y de pino una, nada más;

y cuando el humo se empiece a elevar

en dicha hoguera debes arrojar:

diente de ajo, piel de sandía,

cuerno de toro, una castaña galeguiña,

ojo de sapo hecho al baño maría 

y , para acabar, una mascarilla.

Escapa de alli, porque puede explotar;

sal al pueblo y como acto final:

ve y abraza a alguien aunque se pueda enfadar,

coge una gripe, te puede ayudar;

tócalo todo sin usar hidrogel,

del cielo caerá escrito el hechizo en un papel.

Ahora corre, vuelve a la hoguera,

antes de que se apague, grita como quieras

el verso que el señor te ha mandado en este escrito

para que puedas ya olvidarte del odioso coronavirus".

 

 Por Ariadna Valdés, alumna de 4º ESO

 

Pincha no seguinte enlace para ver outros conxuros presentados ao concurso organizado pola Biblioteca, no que participou alumnado de toda a ESO. Noraboa a todos eles.

 

http://bibliocabe.blogspot.com/2020/10/conxuros-de-samain-contra-covid.html?m=1

 

Tamén houbo unha actividade que propuña unha reflexión: Por qué en todas as culturas hai un día en honor aos mortos? Atoparedes as interesantes reflexións do alumnado no enlace:

http://bibliocabe.blogspot.com/2020/10/samain-2020-reflexionando.html?m=1

 

E se queres seguir as recomendacións de Bibliocabe de películas de terror para este Samaín, pincha  neste enlace e desfruta:

 http://bibliocabe.blogspot.com/2020/11/samain-2020-pasando-medo-en-galego.html?m=1

Obradoiro de Regueifas


O pasado venres 23 de outubro acompañounos, na biblioteca do Río Cabe,  a regueifeira Alba María Rodríguez.

O alumnado de 3º de ESO foi o afortunado que puido desfrutar do bo facer desta artista, cantante, compositora e improvisadora oral, quen,  dende os trece anos, desenvolve unha intensa actividade no campo da Regueifa.

A pesar da súa xuventude, Alba María publicou o libro "Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo" e é colaboradora habitual no programa "Luar" da TVG. Ademais participa no proxecto Regueifista, na introdución do diálogo cantado e improvisado no ámbito educativo.

Niso consistiu o obradoiro que impartiu ós nosos alumnos e alumnas, que nesta ocasión, e por mor da pandemia, tiveron que ser menos: estes aprenderon dun xeito divertido a dialogar cantando, a usar a ironía e o "pique" xunto co bo humor, e crearon unha regueifa que queren convertir no himno da súa clase. Pincha nos cursos para ver parte do seu traballo.

3º ESO - A

3º ESO B

Agradecemos a Alba o seu estupendo traballo e o bo rato que nos fixo pasar a alumnos e profesores e esperámola en futuras ocasións.

 

 

Presentación do alumnado de Ensino para Adultos

A principios do mes de outubro tivo lugar a presentación do Ensino para Adultos. Este ano, ao non poder realizarse con todos os grupos xuntos, o equipo directivo de centro, xunto coa orientadora e respectivos titores, foron recibindo ao alumnado por grupos nas súas respectivas aulas. Alumnado de ESA, Bacharelato e Ciclos de Turismo e Fútbol comenzan un ano distinto que esperamos se leve a cabo do mellor xeito posible.

Plan Covid

Podes atopar información sobre o Plan Covid do centro no seguinte enlace

Final do concurso "Conocimientos Financieros" e premios " Finanzas para Todos"

Aínda que ao final non puido ser, o esforzo e entusiasmo  que os nosos alumnos dedicaron ao estudo durante estes últimos meses mereceron a pena e lograron obter o segundo premio do concurso nacional de economía que organizou o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores, e no que participaron máis de 500 centros.

 O equipo do Colegio Santísima Trinidad de Plasencia resultou vencedor e dende o Cabe querémolo felicitar pola súa victoria.

Agradecemos a Luis, Breixo, Nina, Brais e Manuel o seu magnífico labor  e a Emilio L. Mariño, o seu profesor,  a paixón que pon no seu traballo e que ano tras ano nos transmite.

Felicidades a todos eles e que continúen os éxitos!! 

Na foto, alumnos e profesor cun representante do BE e a ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital,  Nadia Calviño, quenes, xunto coa ministra de Educación  Isabel Celaá, o gobernador do BE,  Pablo Fernández de Cos,  e o presidente da CNMV, Sebastián Albella, os felicitaron  polos seus coñecementos e por chegar á final do concurso.

Información sobre a final do concurso CONOCIMIENTOS FINANCIEROS

Podes informarte de como se levará a cabo a emocionante final do concurso de economía CONOCIMIENTOS FINANCIEROS entre alumnado do Río Cabe e o Colegio Santísima Trinidad de Plasencia no seguinte enlace;

Na foto, os nosos campións cos regalos recibidos por chegar a cuartos de final.

 ÁNIMO E MOITA SORTE!!! Toda a familia riocabense está con vós!!! 

"Conocimientos Financieros": Rumbo á final

Brillantes!!!!

É o calificativo que se merecen @s nos@s alumn@s pola súa actuación nas semifinais do concurso de economía "Conocimientos Financieros" que enfrentou ao Río Cabe co CPIFP Hurtado de Mendoza de Granada o pasado 30 de setembro.

Se na fase anterior a competición estivo moi reñida, nesta ocasión a victoria foi aplastante e os alumnos estiveron magníficos nas súas respostas. 

Felicitamos de novo ó alumnado e o seu profesor Emilio por unha tarefa máis que ben feita e animámolos na recta final da competición, que se celebrará o próximo luns 5 de outubro,  na que para nós xa son campións.

Data e horarios de comezo da actividade lectiva Castelán e Galego para estranxeiros

Comunicamos que a partir do próximo día 7, mércores,  darán comezo as clases das ensinanzas non regradas co seguinte horario:

  • Castelán para estranxeiros: os mércores de 16:50 a 17:40h.
  • Galego para estranxeiros: os xoves de 16:50 a 17:40h.

Achégate ao Río Cabe aínda estás a tempo de matricularte!

Distribuir contido