OBXECTIVOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

A finalidade da etapa de Educación Infantil será a de contribuír ao desenvolvemento físico, social, afectivo e intelectual dos nenos e nenas.Ao longo do segundo ciclo de Educación Infantil (nenos de 3, 4 e 5 anos) os nosos alumnos/as deberán acadar os seguintes obxectivos:

 

- Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuír ao seu desenvolvemento.

- Actuar e desenvolverse con autonomía nas súas actividades habituais e nas relacións cos grupos aos que pertence.

- Colaborar na planificación e na realización de actividades grupais, aceptandodo as normas e as regras que democraticamente se establecen.

- Comportarse de xeito solidario e rexeitar discriminacións baseadas en diferenzas de sexo, clase social, raza ou outras características individuais e sociais.

- Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do entorno naturas e social.

- Comprender e producir mensaxes orais e escritas en galego e en castelán, atendendo ás diferentes intencións e contextos.

- Comunicarse empregando medios de expresión verbal, matemática, corporal, visual, plástica e musical, desenvolvendo a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para disfrutar das obras e manifestacións artísticas.