Como funcionamos

COMO FUNCIONAMOS

Bibliotecas escolares de Galicia

   

 

INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA                                               

 

A aula destinada á Biblioteca ocupa uns 36 m2 na planta baixa do edificio principal do colexio. Dentro do local pódense diferenciar tres zonas: a zona de lectura informal, con chan de corcho e bancos; a zona de traballo, separada da anterior por estanterías, onde se ubican mesas e sillas para 25 nenos/as; e unha zona de xestión, catalogación e préstamo onde se asentan os ordenadores.

Conta con diversas estanterías onde atopar os fondos  (divididos en material de lectura e material de consulta  seguindo a clasificación da CDU)e varios armarios para o material audiovisual, ademáis de expositores: un para as novidades (dentro da biblioteca) e outro fora para as campañas lectoras, xunto con murais, posters, etc.  Tamén dispoñemos dalgúns recunchos como "curalibros", "Os nosos libros", Catálogos, etc.

 

  CATALOGACIÓN

En cursos anteriores comezouse coa catalogación dos fondos de forma informática utilizando o sistema Meiga. Unha vez asignado o código, o material impreso narrativo divídese en ciclos e se lle coloca unha pegatina no lombo: azul para E.I., vermella para 1ºciclo, verde para 2º ciclo e amarela para 3º ciclo. Asímesmo póñenselle unhas pegatinas que designan o lugar onde se   atopa o libro (por exemplo: Os tres porquiños levará a pegatina 3-5-G, e dicir, (3)terceira estantería , (5) quinto andel e (G) por estar escrito en galego).

 

  O PRÉSTAMO

Os servizos que se ofrecen a través do Equipo da Biblioteca son os de lectura en sala, préstamo, información e orientación e actividades de fomento da lectura. En canto ao préstamo, calquera membro da comunidade educativa poderá levar un libro, sempre e cando posúan o carné da biblioteca expedido polo CEIP O Grupo.

 

 

  NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA

 

Pero non debemos esquecer o cumplimento por parte de todos dunha serie de normas para o seu mellor funcionamento:

  • Na biblioteca hai que manter un ton de voz baixo para non entorpecer as actividades que alí se levan a cabo.
  • Cando se devolva un libro, o propio alumno/a debe colocalo no andel axeitado, sempre co lombo cara fóra, e observando a qué ciclo e andel corresponde segundo as pegatinas do libro. Se ten dúbidas, preguntará á persoa responsable nese momento da biblioteca.
  • Se se realizan traballos dentro da biblioteca, utilizaranse papeleiras clasificadoras do lixo e deixarase todo recollido antes de marchar, para que tanto os fondos coma o mobiliario poida ser utilizado libremente por outro grupo de alumnos.
  • O plazo de préstamo dos libros é de 15 días, quen non devolva un libro no prazo de 15 días, non poderá levar outro en préstamo ata que non repoña o exemplar correspondente. Se esta conduta se repite con asiduidade poderáselle denegar o servizo de préstamo.

 

  O HORARIO

A biblioteca estará aberta durante todo o período lectivo dende Outubro ata Maioluns, mércores e  xoves de 16:00 a 17:30 e martes de 16:00 a 17:00.

Ademais cada titor poderá acudir co seu grupo-clase unha hora á semana para realizar as actividades que crea máis oportunas. Se se necesitara acudir outro día ou momento debe solicitarse permiso á persoa encargada da biblioteca e respectando sempre as normas en canto a aforo, orde, silencio, etc.

 

  ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A biblioteca pode convertirse en sinónimo de igualdade no acceso aos métodos audiovisuais. Isto implica unha maior motivación e unha nova disposición para enfrontarse ó reto de aprender. Así pois, algunhas das estratexias que levamos a cabo dende a biblioteca para enfrontarnos á diversidade de alumnado coa que nos atopamos no CEIP O Grupo serán as seguintes:

  • Fanse recomendacións aos alumnos ou outros membros da comunidade educativa en función dos diferentes gustos, así como páxinas web con indicacións, etc.
  • Elabóranse libros adaptados a nenos con necesidades educativas especiais (con pictogramas, de fácil manexo, etc) e co nome de "Os superlibros".
  • Adáptase o material audiovisual (teclados ou ratos) ás características evolutivas dos  nenos/as.

 

  A BIBLIOTECA E AS FAMILIAS

 

No CEIP O Grupo contamos coa colaboración das familias e da ANPA para moitas das actividades que se levan a cabo na biblioteca: dende a organización de exposicións, ata a participación directa en contacontos ou tarefas bibliotecarias, a elaboración de "libros viaxeiros" (especialmente entre os máis pequenos),etc

Asímesmo O Equipo de Biblioteca elaborará sinxelos boletíns recomendando libros, coincidindo co Nadal, Día do Libro e Fin de curso, nos que se incluirán reseñas para "maiores", fomentando deste xeito a lectura nas familias.

 

 

Distribuir contido