Ligazóns
BLOGUE DO PROFE ALBERTO
DESFRUTADE DAS ACTIVIDADES E AUDICIÓNS QUE APARECEN NO BLOGUE: MUSICAOGRUPO.WORDPRESS.COM
O HIMNO GALEGO
AS LETRAS GALEGAS
Pronto celebraremos o festival adicado ás letras galegas. Será o vindeiro mes cando nos insertemos ata o fondo na cultura galega. Para ir comezando, os alumnos do terceiro ciclo están coñecendo e profundizando sobre o Himno Galego.
Xa aprendemos cun traballo que o autor da letra do Himno galego foi Eduardo Pondal, poeta de Ponteceso.
A música púxolla Pascual Veiga, o mesmo ca famosa Alborada que escribiu que é coñecida como a Alborada de Veiga.
Coa esta aportación musical douselle música a un anaco do poema "Os pinos" que logo foi asignado para ser o Himno de Galicia. Velaquí tedes un anaco desta conxunción de dous mestres nunha partitura do himno:
Aquí tedes un vídeo para que o poidades escoitar. Esta versión é bastante recente. Nela temos á representante española en Eurovisión, Lucía Pérez, cantando o himno nun acto oficial na praza do Obradoiro.Escóitao moi atentamente facendo clic aquí.
Agora practícadeo neste karaoke.