Orientacións familias
Ribeira sin acoso 21-22
Durante a "Semana da Prensa", que este ano o colexio a vai adicar a analizar a problemática do acoso escolar, desenvolverase unha xornada intercentros "Ribeira sen acoso" o vindeiro 9 de marzo, que consistirá nunha sesión matinal en streaming dende o auditorio para alumnado a partir de 5º de EP a cargo do especialista na materia, Javier Pérez Aznar, así como outra sesión destinada a mestras/es e familias de xeito presencial e en streaming pola tarde.
Como o aforo é limitado é importante que fagan as inscricións para a charla presencial en normalización@ribeira.gal, xa que contamos coa colaboración da Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira para estas actividades.
Agardamos sexa do seu interese.
Algúns materiais para a reflexión, relacionados coa difícil tarefa da educación.
- Os nenos e o xogo : A miudo os pais deixámonos levar polas modas ou pola publicidade (en especial da TV) e non sempre nos paramos a reflexionar sobre os mellores criterios para elixir un xoguete.
- Os nenos aprenden o que viven.
- Algunhas recomendacións en relación cos problemas de atención.
- Algúns principios básicos para educar ben.
- As relacións no seo familiar son un elemento clave no desenvolvemento afectivo de calquera neno... (seguir lendo)
- Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais.
- Educación da autonomía : Normas e hábitos.