Novas do centro

BOLSAS E AXUDAS PARA ANEAE (CURSO 2024_25)

 

Desde o día 30 de abril ata o día 13 de setembro ábrese o prazo para solicitar as bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Poden solicitar a mesma o alumnado con discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno grave da comunicación ou da linguaxe, trastorno do espectro autista e alumnado con altas capacidades.

Web de solicitude

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html


Documentación necesaria

Certificado do banco no que se diga que a/o nena/o é o titular da conta. Lémbrese que ten que aparecer o selo da entidade bancaria.

Certificado de convivencia expedido polo Concello, no que se indique o número de persoas empadroadas na vivenda familiar.

Fotocopias dos DNI da/o nena/o e de todos os empadroados na vivenda familiar.

Copia do certificado de discapacidade.

Certificado médico para o alumnado que presente TEA.

Necesidade de asinar por todos os membros da familia as páxinas da solicitude da axuda. No caso da/o nena/o, asina o representante da/o nena/o.

No caso de ser familia numerosa, copia do título de familia numerosa.

Memoria e informe do gabinete no que se levará a cabo a intervención.

E todos aqueles outros documentos que se requiran en función da situación de cada familia.

Unha vez impresa e cuberta a solicitude, presentarase a mesma no centro educativo onde a/o alumna/o vaia a estar matriculado/a no curso 2024-25.

Máis información na web:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html#necesidad-apo

ABERTO PRAZO SOLICITUDE AXUDAS DO CONCELLO PARA LIBROS,MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR 23-24

AXUDAS DO CONCELLO PARA  LIBROS, MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR, PARA O ALUMNADO DO CONCELLO, PARA O VINDEIRO CURSO 2023-2024

Está publicado no BOP da provincia toda a información necesaria para que o alumnado que reúna os requisitos podan solicitar as axudas do concello.

BOP

Bases

Anexo I

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN BECAS NEAE PARA O CURSO 23-24

Publicada a resolución das axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024

Estas axudas pódeas solicitar  o alumnado que presenta algunha das seguintes situacións, e asisten a algún gabinete externo ao colexio:

-discapacidade

-trastorno grave da conduta

-trastorno grave da comunicación e da linguaxe

-trastorno do espectro autista

-altas capacidades

Para obtela débense cumprir unha serie de requisitos económicos, valoran a renda anual de todos os membros computables da unidade familiar

1 persoa 11.937 euros       2 persoas 19.444 euros    3 persoas 25.534 euros   4 persoas 30.287 euros

5 persoas 34.370 euros  6 persoas 38.313 euros   7 persoas 42.041 euros      8 persoas 45.744 euros


O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 8 ata o 20 de setembro de 2023

Toda a información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html



Para calquer dúbida á hora de cubrir as mesmas poden:

Ou chamar á unidade de atención ao cidadá 910837937

Observacións:

-Para que a escola poda realizar os trámites, o impreso de solicitude da bolsa ten que vir cuberta pola familia

-acompañada dos correspondentes documentos requiridos : DNI do alumno/a e demais membros da unidade familiar, informe médico actualizado,certificado de minusvalía se procede, informe do gabinete ao que asisten,...

Máscaras curso 21-22

Distribución máscaras para o alumnado de Primaria, curso 2021-2022

Estimadas familias, xa está publicada no DOG nº218 , a Orde do 28 de outubro de 2021 que regula a distribución de máscaras entre o alumnado de educación Primaria.

Na devandita orde establécense o baremos para ser beneficiarios, que son os mesmos que se empregaron para ter dereito á axuda de 50 euros de material escolar.

Resumo dos baremos

Aclaración importante: aquel alumnado que recibiu o cheque de material de 50 euros, non necesita facer a solicitude de máscaras, pois xa lle corresponde de oficio no programa da Consellería.

Aquelas familias que por diversas razóns, non solicitaran este cheque no seu momento, poden solicitar as máscaras, na secretaría do centro desde o 15 de novembro hasta o 26 de novembro de 2021, ambos os dous inclusive.

Os impresos están dispoñibles no centro , ou poden descargalos aquí:

Impreso solicitude máscaras.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR NOVEMBRO 2021

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR NOVEMBRO 2021

Despois do sorteo público levado a cabo o pasado venres 29 de outubro de 2021, para determinar os membros que han compoñer a Xunta electoral:

-Martes 2 de novembro de 2021 Constitución da Xunta Electoral, presidida por Mª Nieves Lampón,secretaria,Juana Elorduy Callón e vogais Mª Dolores Ferreirós Rial, Mª José Cañestro Martínez e Nélida Fernández Sanlés. Unha vez constituída, apróbase o calendario electoral, publicación de censos e convocatorias de votacións dos distintos sectores. Todo o proceso está regulado no Decreto 92/1988 do 28 de abril  (DOG, 29/04/88) e na Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/09/2021)

-Calendario electoral

-Convocatoria pais, nais e titores e titoras legais. (Documento presentación de candidatura)A presentación de candidaturas será desde o xoves 4  hasta o 11 de novembro de 2021, ambos os dous inclusive.

 

 

MOITAS GRAZAS

Moitas grazas a toda a comunidade educativa.

Moitas grazas a toda a comunidade.

Maquinando en Grupo 2019-2020

 
Remata a nosa 1ª edición de
 
CIENTÍFICO-gif   maquinando en grupo  Bota unha ollada... para animarte para a próxima.
 
 


E aquí os nosos alquimistas de 2º de primaria
 

ACCESO Á AULA VIRTUAL

COMO ACCEDER Á AULA VIRTUAL DO COLEXIO

Premede na imaxe para ter acceso a un mini titorial de como facelo paso a paso.

aulavirtual

Distribuir contido