PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN BECAS NEAE PARA O CURSO 23-24

Publicada a resolución das axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024

Estas axudas pódeas solicitar  o alumnado que presenta algunha das seguintes situacións, e asisten a algún gabinete externo ao colexio:

-discapacidade

-trastorno grave da conduta

-trastorno grave da comunicación e da linguaxe

-trastorno do espectro autista

-altas capacidades

Para obtela débense cumprir unha serie de requisitos económicos, valoran a renda anual de todos os membros computables da unidade familiar

1 persoa 11.937 euros       2 persoas 19.444 euros    3 persoas 25.534 euros   4 persoas 30.287 euros

5 persoas 34.370 euros  6 persoas 38.313 euros   7 persoas 42.041 euros      8 persoas 45.744 euros


O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 8 ata o 20 de setembro de 2023

Toda a información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html



Para calquer dúbida á hora de cubrir as mesmas poden:

Ou chamar á unidade de atención ao cidadá 910837937

Observacións:

-Para que a escola poda realizar os trámites, o impreso de solicitude da bolsa ten que vir cuberta pola familia

-acompañada dos correspondentes documentos requiridos : DNI do alumno/a e demais membros da unidade familiar, informe médico actualizado,certificado de minusvalía se procede, informe do gabinete ao que asisten,...