Día da Paz

DIA DA PAZ 21-22

Peace Day

Como ben nos contaron na nosa emisora de RadioTodiño, os alumnos e alumnas de 4ºA, a Paz está neses pequenos detalles que temos arredor, e que moitas veces non nos decatamos de que tan cerca os temos. Escoitade o podcast que gravaron, e veredes como a paz é algo moi grande que se atopa en todas esas pequenas cousas cotiás. 

Premede na imaxe para escoitalos.

The peace book

A auga e o saneamento están recoñecidos como dereito humano. O noso centro reflexionou sobre isto e sobre a necesidade de acadar o obxectivo de desenvolvemento sostible a nivel global. NON MÁIS CONFLITOS POLA ESCASEZA E CALIDADE DA AUGA, PRESERVÉMOLA!

Premede na imaxe para ver o vídeo coas actividades do Día da Paz

PAZ 20-21

Leotodiño e o noso alumnado de quinto de Primaria desde a nosa emisora RadioTodiño, teñen o pracer de poñerlle voz e compartir con vós a historia do Homiño de Papel de Fernado Alonso,para que reflexionemos e ollemos ao noso arredor, todas as cousas marabillosas que tan perto temos.


 
 

30 XANEIRO -PAZ 2020

IMAXINA Este ano todos quixemos imaxinar un mundo mellor, onde todos e todas podamos compartir ilusións e e experiencias en positivo.

Fixemos estudo de persoas que marcaron camiño para a paz, fixemos o noso propio manifesto, tivemos concerto pola Paz, a cargo dos nosos músicos Lázaro, Miguel e Andrés,

 
e por último bailamos e démonos apertas de amizade!!!
 

DÍA DA PAZ-XANEIRO 2019

ESTE ANO ESTIVEMOS A TRABALLAR AS EMOCIÓNS: APRENDEMOS A RECOÑECELAS, A SENTILAS A REPRESENTALAS,...

AS EMOCIONS

 E FIXEMOS AS PULSEIRAS DAS CORES DAS EMOCIÓNS. E APRENDEMOS A TER EMPATÍA....

Mounting created Bloggif Mounting created Bloggif

LOGO FOMOS TODOS E TODAS AO XIMNASIO A CANTAR A CANCIÓN "QUÉROTE MÁIS" DE MAXÍN BLANCO, ..QUE BEN O PASAMOS!

QUEROTE MÁIS

DÍA DA PAZ - XANEIRO 2018

A PAZ É ALGO QUE NECESITA DUNS INGREDIENTES MOI ESPECIAIS E QUE HAI QUE TRATAR CON MOITO AGARIMO PARA CONSEGUIR UNS DOCES  PARA OS CORAZÓNS. AQUÍ TEDES ALGUNHAS NO NOSO LIBRO DE RECEITAS .

COCIÑAMOS PARA A PAZ

30 DE XANEIRO DE 2017

TIVEMOS A "CHOCOLATADA POLA PAZ"

Montaje creado Bloggif

 LEMOS UN POEMA

 

  Montaje creado Bloggif

FIXEMOS UN GRAN CORAZÓN, COS NOSOS CORAZONCIÑOS

Montaje creado Bloggif

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

11/01/2017 23:04
Europe/Paris

   Este ano para o día da Paz imos cantar a canción “Eu teño alguén”,

de María Fumaça, que podedes atopar no seu álbum: “Xiqui, xoque. Fiú, fiú”,

publicado pola editorial Galaxia, na súa colección sonárbore.

Se queredes ver o video da canción (youtube) para practicala premede  aquí.


   

Montaje creado Bloggif

 

 

PAZ 15-16

AÍNDA QUE AO LONGO DO CURSO FACEMOS FINCAPÉ EN LOITAR POR UN MUNDO EN PAZ, MÁIS XUSTO E SOLIDARIO, ESTA SEMANA IMOS TRABALLAR DE XEITO ESPECIAL QUE TODOS E TODAS CONSIGAMOS XUNTOS UN FUTURO EN PAZ.

IMOS TRABALLAR ESTA POESÍA:

UN RATO DÍXOLLE Á LÚA

HABEMOS CANTAR TODOS XUNTOS O RAP QUE COMPUXERON (LETRA) OS NOSOS NENOS E NENAS , QUE LOGO O RAPEIRO GAEL  LLE PUXO MÚSICA:

NOTAS O RAP DA PAZ(CANCIÓN)

TAMÉN IMOS CANTAR ESTA OUTRA:

NOTAMUSICALCANTARELA DOS NENOS

SE QUERES SABER MÁIS DE COMO ACONTECEU TODO, VISITA A PESTANA PAZ14-15

 

Distribuir contido