Campañas

III CARREIRA POLA SAÚDE

III CARREIRA POLA SAÚDE

 

Preme na imaxe para ver ao noso alumnado disfrutando dun día moi saudable!

CARREIRA + FROITA :)

NINGÚN XOGUETE SEN NENO

Démoslle unha segunda vida a eses xoguetes en bo estado que xa non teñen quen xogue con eles...e faremos felices a quen os necesita!

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

Hoxe día 5 de Xuño celebramos o Día do Medio Ambiente cunha visita á praia do Touro e recollida de lixo.

Disfrutamos dun bonito día coas familias! 

 

        

OBRA DE TEATRO "Coas Mans na Nasa"

Esta mañá o alumnado de 5° curso deleitounos cunha marabillosa obra de teatro titulada:

"Coas Mans na Nasa"

Fixeronnos aprender e divertirnos a partes iguais!

Un aplauso para todos eles!!!! 

Coas man na nasa vídeo maio23

QUE BONITO O NOSO PATIO

Seguimos a axardinar o noso patio. Coa axuda da concelleira de parques e xardíns, quen nos enviou a árbores , os arbustos e as begonias,os nosos rapaces e rapazas, coa axuda dos mestres e mestras fixemos a plantación. Agora a seguir coidándoos, para que medren e nos dean esa beleza natural ao noso patio, para goce dos sentidos.

Día dos dereitos do consumidor

Día Mundial dos dereitos do consumidor O 15 de marzo é o día mundial dos dereitos do consumidor.

O noso centro sumouse a traballar un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Obxectivos Desenvolvemento Sustentable Cartaz Obxectivos Desenvolvemento Sostible

Con tal motivo o alumnado e as mestras e mestres, fixeron un estudo da información que aparece nas etiquetas dos alimentos que traen para merendar no recreo.

A principal análise que fixeron foi analizar os datos que aparecían, e logo centráronse na cantidade de azucre que conteñen.

O cálculo que realizaron desvelou a enorme cantidade de azucre que conteñen a maioría dos produtos que consomen a diario e que aparentan "saudables".

Imaxes cantidade azucre medido

O noso horto de inverno 22-23

O noso horto de inverno

Este outono inverno volvemos acondicionar o noso horto, para facer a plantación de inverno.

Horto inverno vídeo

 

POLA PRAIA DE COROSO 22-23

Seguimos coa campaña de limpar, pasear e gozar das nosas praias.

Saída Praia de  Coroso febriro 2023

 

Distribuir contido