Actividades

ESPECTÁCULO DE NADAL 23-24

A nosa ANPA Santa Uxía, unha vez máis convida a todo o noso alumnado a gozar dun espectáculo de música, humor e teatro.

Dámoslle pois unhas moi grandes grazas en nome de toda a comunidade educativa por facer que toda a nosa rapazada poda ter desfrute da cultura e pasar un anaco de diversión.

 

Fin de curso 22-23

Crear texto gif animado

Arrancamos este último día do curso para desexarlle moi boa sorte ao noso alumnado de sexto, que logo de compartir todos estes anos con nós no colexio, chega ao seu fin a etapa de Primaria.

Agardamos que o seu paso polo colexio lles fose proveitoso e que lle servira para enriquecer mente e alma, e facer de todos e todas mozos e mozas por un futuro mellor, máis xusto e solidario. Parabéns  polo voso traballo!!

Graduacion 22-236ºA-graduación      6ºB-graduación6ºC-graduación

Grazas á nosa marabillosa Anpa Santa Uxía, gozamos do grupo de baile e música tradicinal "Rosalía de Castro de Padrón", que o custeou para todo o alumnado . Escoitamos, bailamos, aprendemos a tocar o bombo e as pandeiretas e mesmo a bailar.

cartaz Anpa fin de curso 22-23 pandeiretas bailadelas

bailamos bailamos

tocamos o bombo 

Tivemos que refrescarnos,...a mangueirazo e aspersores!!!

FESTA DA AUGA FESTA DA AUGA

FESTA DA AUGA FESTA DA AUGA

E..., logo  a LAMBONAR!!!

 

 

 

 

SAMAÍN 22-23

SAMAIN2222   CABAZA

 

Arrepiantes cabazas, contos de medo, bailes terroríficos, espectáculo da nosa Anpa, luz negra,...

Premede no poster, para ver un chisco do que pasou no cole.

POSTER SAMAIN 22

 

Fin de curso 21-22

Crear texto gif animado

A nosa ANPA Santa Uxía vainos agasallar a todo o alumnado con unha actuación de música tradicional a cargo do grupo "Aires de arghaso".

CARTAZ FIN DE CURSO ANPA 21-22

Festa Entroido 22

 ENTROIDO 22

A ANPA Sta. Uxía  convida a socios e non socios á súa festa de Entroido.

Será o luns 28, no pavillón do colexio, a partires das 17:00.

Cartaz Entroido Anpa 22

Nadal 21-22

    gif animado agasallos nadalPor un Nadal Solidariogif animado árbore nadal  

Este trimestre os nosos cativos e cativos estiveron a traballar a reo cos seus mestres e mestras para solidarizarse con dúas causas moi importantes:

-recadar fondos para a enfermidade de Dent, colaborando co calendario solidario,

-e o empaquetado agarimoso co papel deseñado por eles e elas, dos alimentos que  trouxeron para compartir coas familias que nos necesitan, nestas datas, se cabe, aínda máis.

Neste vídeo, queren amosarvos un chisco do que fixeron, e tamén desexarvos un moi Bo Nadal. Premede para velo e descargalo.

 

VÍDEO-fELICITACIÓN-NADAL

A nosa ANPA SANTA UXÍA, ten o pracer de convidar a todos os nenos e nenas do  colexio a gozar dun espectáculo de teatro, para escachar coa risa: 

"Bon Apetit".

Bon Apetit, cartaz teatro

Descontos en 22 establecementos do comercio local

Este ano conseguimos a colaboración de 22 establecementos locais, que nos van facer descontos por o simple feito de ser socio ou socia da Anpa Santa Uxía.

 

Samaín 21-22

 

Samaín gifHalloween Pumpkin GIF

Nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas... 

Este é un día de arrepíos, sustos  e medos. Monstros, demos, trasgos,... Grazas á nosa ANPA, teremos no colexio á bruxa  PIRUXA, que nos vai facer morrer de medo a todos os nenos e nenas do cole, e tamén a quen se tope con ela, coas súas historias. Preme no cartaz para ver.

cartel Samaín Anpa

Aínda así, non estades a temblar!!!

Pois escoitade estas historias para non durmir no resto do ano, neste podcast gravado na nosa radio RadioTodiño:

https://radiotodinho.blogspot.com/

Tamén podedes desfrutar e gozar de todas as arrepiantes cabazas que están polas nosas ventás e corredores.

 

 


ACTIVIDADES ANPA 21-22

Este ano a ANPA Santa Uxía oferta as seguintes actividades, deportivas e culturais, para que todos os nenos e nenas podan elexir o que máis lles guste. Animádevos a participar. Para o campus de fútbol, premede na imaxe para visualizar ben  toda a información.

Escola de inverno de fútbol do Celta

 

 

                                                                                                                                                                       

Distribuir contido