Nadal

FELICITACIÓN NADAL 23-24

A nosa rapazada estivo a deseñar postais ben bonitas, para desexarnos un moi Bo Nadal.  Moitas grazas a todos e todas.

Velaquí temos as gañadoras. Parabéns!!!

2ºPremio Postal Nadal 23-24 1º premio postal Nadal 23-24 3ºpremio postais Nadal 23-24

ESPECTÁCULO DE NADAL 23-24

A nosa ANPA Santa Uxía, unha vez máis convida a todo o noso alumnado a gozar dun espectáculo de música, humor e teatro.

Dámoslle pois unhas moi grandes grazas en nome de toda a comunidade educativa por facer que toda a nosa rapazada poda ter desfrute da cultura e pasar un anaco de diversión.

 

Felicitación Nadal 22-23

Felicitación Nadal 2022Os nosos nenos e nenas queren desexar  a toda a comunidade educativa un moi Bo Nadal e que o vindeiro Aninovo 2023 nos traia moita ledicia, enerxía e folgos para que entre todos sigamos avanzando cara un mundo e unha sociedade mellor.

Premede na imaxe para vela.

Felicitación Nadal 2022

 

NADAL 22-23

 

Este ano pasámolo moi ben, nestas datas tan bonitas e cheas de ledicia para todos e todas.

Empezamos por ter a sorte de desfrutar dunha actuación fantástica grazas á nosa marabillosa ANPA Santa Uxía. Moitas Grazas!!

O espectáculo foi "Lambetadas", da compañía Talía.

cartaz Lambetadas 22

Nadal 21-22

    gif animado agasallos nadalPor un Nadal Solidariogif animado árbore nadal  

Este trimestre os nosos cativos e cativos estiveron a traballar a reo cos seus mestres e mestras para solidarizarse con dúas causas moi importantes:

-recadar fondos para a enfermidade de Dent, colaborando co calendario solidario,

-e o empaquetado agarimoso co papel deseñado por eles e elas, dos alimentos que  trouxeron para compartir coas familias que nos necesitan, nestas datas, se cabe, aínda máis.

Neste vídeo, queren amosarvos un chisco do que fixeron, e tamén desexarvos un moi Bo Nadal. Premede para velo e descargalo.

 

VÍDEO-fELICITACIÓN-NADAL

A nosa ANPA SANTA UXÍA, ten o pracer de convidar a todos os nenos e nenas do  colexio a gozar dun espectáculo de teatro, para escachar coa risa: 

"Bon Apetit".

Bon Apetit, cartaz teatro

NADAL 20-21

NADAL-20-21

Benqueridas  familias, os nosos nenos e nenas queren desexarvos un moi Bo Nadal e que o vindeiro Aninovo 2021 nos traia de volta a normalidade que tanto necesitamos.

Postal Nadal 20-21

 

Grazas á nosa Anpa Santa Uxía, puidemos gozar de 3 espectaculares actuacións.

 

 

NADAL 19-20

BO NADAL 19-20

Os nenos e nenas do cole queremos desexarvos a todos un moi Bo Nadal, cheo de ledicia e paz.

BO NADAL 19-20

 

E tamén agasallarvos con un conto de Nadal que agardamos desfrutedes moito.

NADAL EN GALEGO 19-20

 

 

NADAL 18-19

nadalempty

UN ANO MÁIS OS NOSOS ALUMNOS E AS NOSAS ALUMNAS QUEREN DESEXARVOS UN MOI FELIZ NADAL E UN VINDEIRO ANINOVO CHEO DE PAZ E LEDICIA, CANTANDO ESTA FERMOSA CANCIÓN DE NADAL.

  TAMÉN FIXEMOS A NOSA "ÁRBORE DOS DESEXOS". A VER SI SE FAN REALIDADE.

Mounting created Bloggif

NADAL 2017

NADAL

OS NENOS E NENAS DO COLE QUEREMOS DESEXAR ÁS NOSAS FAMILIAS, VECIÑOS E AMIGOS UN MOI BO NADAL, CHEO DE LEDICIA E SAÚDE.

OLLADE TAMÉN QUE BEN O  PASAMOS TODOS XUNTOS NO COLE CANTÁNDOLLE  AO NENO, XOSÉ E MARÍA NO PORTAL

Montaje creado Bloggif

TAMÉN VIÑERON VISITARNOS AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE. ESCOITARON OS NOSOS DESEXOS E AGASALLÁRONNOS CON CARAMELOS E PIRULETAS.

PREME NA IMAXE PARA VER.... CANTAS EMOCIÓNS!!!!!

                                                  COROA2 

 COROA1  REISMAGOS17COROA3

 

 TAMÉN TIVEMOS UN ESTUPENDO CONCERTO CON "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA" PARA TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE  GRAZAS Á NOSA FANTÁSTICA ANPA SANTA UXÍA.

MOITAS GRAZAS.PASÁMOLO  MOI BEN!!!!!!

PREMEDE NA FOTO PARA VELO.

Montaje creado Bloggif

NADAL 16-17

    

 

NENOS E NENAS, FAMILIAS E COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS:

DENDE O COLE QUEREMOS DESEXARVOS  UN MOI BO NADAL.

QUE NO  2017 CONSTRUAMOS ENTRE TODOS E TODAS UNHA NOVA REALIDADE TODOS XUNTOS.

PREME NA IMAXE PARA VER A FELICITACIÓN. 

 

              ARBORE NADAL   

 

 ESTE NADAL TIVEMOS:

-PANXOLIÑAS NO PORTAL

PORTAL16 PORTAL16 PORTAL16

-VISITA ÁS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE

reismagos16 reismagos16 reismagos16

 

 

-MOITA FESTA A CARGO DO HOME ORQUESTRA, POR CORTESÍA DA NOSA ANPA

homeorquestra16 homeorquestra16 homeorquestra16

 

E MOITO POLVORÓN

Distribuir contido