Actividades

Apadriñamento Lector

 

Premede na imaxe para ver como gozamos e aprendemos os nenos e nenas de infantil co alumnado de primaria no "Apadriñamento Lector" 

DÍA DE ROSALÍA 2024

Preme na imaxe para ver máis!!!!

 

DÍA DA CANDELORIA

Día da Candeloria 2024

 

Preme na imaxe para ver como traballamos o día no que se casan os paxariños!!!

FELICITACIÓN NADAL 23-24

A nosa rapazada estivo a deseñar postais ben bonitas, para desexarnos un moi Bo Nadal.  Moitas grazas a todos e todas.

Velaquí temos as gañadoras. Parabéns!!!

2ºPremio Postal Nadal 23-24 1º premio postal Nadal 23-24 3ºpremio postais Nadal 23-24

Fin de curso 22-23

Crear texto gif animado

Arrancamos este último día do curso para desexarlle moi boa sorte ao noso alumnado de sexto, que logo de compartir todos estes anos con nós no colexio, chega ao seu fin a etapa de Primaria.

Agardamos que o seu paso polo colexio lles fose proveitoso e que lle servira para enriquecer mente e alma, e facer de todos e todas mozos e mozas por un futuro mellor, máis xusto e solidario. Parabéns  polo voso traballo!!

Graduacion 22-236ºA-graduación      6ºB-graduación6ºC-graduación

Grazas á nosa marabillosa Anpa Santa Uxía, gozamos do grupo de baile e música tradicinal "Rosalía de Castro de Padrón", que o custeou para todo o alumnado . Escoitamos, bailamos, aprendemos a tocar o bombo e as pandeiretas e mesmo a bailar.

cartaz Anpa fin de curso 22-23 pandeiretas bailadelas

bailamos bailamos

tocamos o bombo 

Tivemos que refrescarnos,...a mangueirazo e aspersores!!!

FESTA DA AUGA FESTA DA AUGA

FESTA DA AUGA FESTA DA AUGA

E..., logo  a LAMBONAR!!!

 

 

 

 

Premiados Letras Galegas do Concello 2023

Parabéns!!

Aos nosos gañadores e gañadoras no concurso proposto por Normalización do concello de Ribeira, para conmemorar as Nosas Letras Galegas 2023: Pedro, Nicolás, Álex, Mauro, Leo, Sabela e Carla.

E...a seguir escribindo historias e contos na nosa lingua!

Premiados no concurso Letras Galegas do concello 2023

OBRA DE TEATRO "Coas Mans na Nasa"

Esta mañá o alumnado de 5° curso deleitounos cunha marabillosa obra de teatro titulada:

"Coas Mans na Nasa"

Fixeronnos aprender e divertirnos a partes iguais!

Un aplauso para todos eles!!!! 

Coas man na nasa vídeo maio23

LETRAS GALEGAS 22-23

RomaríadasLetras 22-23 pandeireta gif

Este ano estivemos de romaría para conmemorar as nosas Letras. Versionamos e cantamos as poesías da nosa ilustre Rosalía, tocamos as pandeiretas e cantamos cantigas tradicionais, bailamos todos e todas xuntas a Muiñeira Global,e,...para rematar fomos polos distintos "postos" da nosa festa e xogamos, divertímonos e aprendemos sobre Francisco Fernández del Riego e outros autores anteriores, estivemos cosendo redes, debuxando, facendo letering, pescando peixiños, facendo nós,... Vai xornada máis fantástica!!!!

Romaría video 22-23 Romaría das letras-cartaz 22-23

 

CÓNTOCHE UN TRAXE

pezas traxe galego

O alumando de cuarto de primaria,fomos ao Museo Municipal para asistir a unha actividade divulgativa do noso traxe tradicional galego, combinando saberes, poesía, música,..., da man da  cantareira de Leilía. Entre canto e canto, panderetada e panderetada, vestíronnos a todos e a todas e aprendemos  as pezas  do noso traxe tradicional galego.

cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno

 

Distribuir contido