Actividades

Día de Rosalía e da Lingua Materna 2023

No día de Rosalía, celebramos todos e todas xuntos a grandeza da nosa lingua materna, musicando os  seus poemas.

 

ENTROIDO 22-23

  ENTROIDO GIF bandeiriñas entroido

"Moita troula, moito disfraz, moita festa,... E tamén moita rosca e orella!!!

Premede para ver o vídeo

ENTROIDO video

 

E se queredes vernos cos nosos disfraces con máis calma, premede para ver a nosa Galería de Imaxes.

Felicitación Nadal 22-23

Felicitación Nadal 2022Os nosos nenos e nenas queren desexar  a toda a comunidade educativa un moi Bo Nadal e que o vindeiro Aninovo 2023 nos traia moita ledicia, enerxía e folgos para que entre todos sigamos avanzando cara un mundo e unha sociedade mellor.

Premede na imaxe para vela.

Felicitación Nadal 2022

 

25N 22-23

25N gif logo cole Non Violencia             25N-22-23-QR

Neste mar de violencia, que é unha lacra para a nosa sociedade, o noso alumnado e os  mestres e mestras estamos a desenvolver actividades e dinámicas que deixen pouso, para que todos e todas coma cidadáns contribuamos a erradicala da nosa comunidade educativa e da nosa cidade.

MAGOSTO 22-23

            FOGUEIRAMAGOSTO GIFCASTAÑA GIF

Premede na imaxe para ver que ben o pasamos.

SAMAÍN 22-23

SAMAIN2222   CABAZA

 

Arrepiantes cabazas, contos de medo, bailes terroríficos, espectáculo da nosa Anpa, luz negra,...

Premede no poster, para ver un chisco do que pasou no cole.

POSTER SAMAIN 22

 

ALBORADA 21-22

Un ano máis queremos presentarvos a nosa revista Alborada, onde podedes gozar en familia e cos amigos e amigas  un chisquiño do que estivemos a aprender ao longo deste curso escolar 21-22.

LETRAS GALEGAS 21-22

Letras Galegas 21-22bandeira galega

Un ano máis, celebramos durante toda a semana as nosas letras, para gozar da nosa lingua, para aprender sobre o homenaxeado este ano Florencio Delgado Gurriarán. Aprendemos da súa vida, dos seus poemas, da súa traxectoria lingüística.


Tamén participamos no concurso das Letras Galegas do Concello.

Parabéns, ao nosos e nosas gañadores e gañadoras!!                                                      

Fixemos un programa de radio para que coñezades un pouco máis o noso concello:

Gozamos das nosas cancións populares, cantando e bailando

Letras Galegas 21-22-bailamosLetras Galegas 21-22-bailamos

Letras Galegas 21-22-bailamos Letras Galegas 21-22-bailamos

 E tamén o pasamos en grande cos xogos xigantes populares, cooperativos,...

Letras Galegas 21-22-xogamos Letras Galegas 21-22-xogamos

Letras Galegas 21-22-xogamos Letras Galegas 21-22-xogamos

Letras Galegas 21-22-xogamos Letras Galegas 21-22-xogamos

Letras Galegas 21-22-xogamos Letras Galegas 21-22-xogamos

 

 

Rosalía de Castro 21-22

Rosalía de Castro Rosal_ia de Castro mural
Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER.
Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser....
Escoitade o podcast gravado por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro. E tamén cativas e cativos da aula de INF-B da profe Paula recitan "Vente, rapaza", un fragmento dun poema de Rosalía de Castro. Premede no enlace á nosa emisora  RAdioTOdiño, para gozar dos audios.
Tamén desfrutamos pintando a Rosalía,  escribindo os seus poemas, gozando das nosas verbas en galego, para engalanar portas e corredores , con pensamentos, a flor favorita de nosa máis senlleira escritora.
 
 


Candeloria 21-22

Cartaz-candeloriaCandeloria 2022  paxaros gif

Este ano quixemos celebrar o día da Candeloria, facendo creacións artísticas de paxariños en sintonía co poema de Florencio Delgado Gurriarán, escritor que se ha homenaxear na Semana das letras galegas 2022. Desfrutamos creando, escribindo e recitando.

Os nosos nenos e nenas de Infantil F, deleitáronnos co recitado do poema "Andan os paxaros",que gravaron na nosa emisora RadioTodiño. Preme na imaxe para escoitalos.

Paxaros poema Gurriarán

 

Distribuir contido