Móvete +

Movémonos ao son da música.

25N Curso 23-24

Para reivindicar que todas as mulleres debemos ser libres,

traballamos ao longo da semana diferentes actividades: Concepto de violencia de xénero, cor violeta, simboloxía...

E non vos perdades o noso baile!

Premede na imaxe para ver máis.

NO LUGAR DO OUTRO-INTEGRAESCOLA 22-23

INTEGRAESCOLA, PROGRAMA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AMICOS, LOGO AMICOS

 

EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AMICOS, OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS PUDERON EXPERIMENTAR COMO SE  SENTEN, COMUNICAN AS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. APRENDERON OS DIFERENTES TIPOS DE DISCAPACIDADES, COMO MANEXARSE, COMO PERCIBIR, COMO MOBERSE EN CADEIRA DE RODAS, COMO PERCIBEN OS INVIDENTES, OS QUE NON PODEN FALAR,...

PERCATÁRONSE DAS DIFICULTADES QUE HAI NO SEU DÍA A DÍA, E DESENVOLVERON ESA EMPATÍA  E TOLERANCIA NECESARIA PARA CON ESE COLECTIVO . GRAZAS POIS A ESTA ASOCIACIÓN POR ENSINAR E LOITAR POR UNHA INCLUSIÓN RESPECTUOSA DE TODAS AS PERSOAS.

EN CADEIRA DE RODAS A CEGAS EMPATIZANDO

 

 

Dia da diversidade 22-23

DÍA DA DIVERSIDADE

O 3 de decembro, todos e todas celebramos a festa da diversidade. No colexio e tamén indo a Boiro, a participar coa Asociación Amicos, no seu super festival Festiritititi 2022.

Aprendemos que todos e todas temos cualidades polas que sentirnos orgullosos e orgullosas do que somos e do que somos capaces de facer. Que nada nos poña límites, que cada un de nós poda desenvolver as cualidades que nos fan sentir ben, felices e integrados  e integradas plenamente na nosa comunidade educativa.

Os nosos reporteiros e reporteiras entrevistaron na nosa emisora RAdioTOdiño a Álex Vidal, o noso campión paralímpico, que é un exemplo de  tesón, loita, superación,...

Premede na imaxe para escoitalo.

Álex Vidal

 

Por iso, que ninguén poña en dúbida, que podemos voar tan alto como nos propoñamos.

Mural de ás, no Dia da Diversidade

 

Movémonos moito 21-22

Movémonos cada día máis

No cole estamos a procurar unha vida cada día máis activa e san.

Aproveitamos cada oportunidade para bailar, facer coreografías, xogos divertidos ao son da música,..., Animádevos con nós!

Premede na imaxe para coller ideiñas.

Proxecta +

 

 

 

 

Andainas a San Roque 21-22

Este curso gozamos da natureza, do aire libre, do noso patrimonio material e inmaterial. Fixemos moito exercicio físico, e divertímonos moito todos xuntos, no parque de San Roque.

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE -7 ABRIL 2022

coreografía terra danzantes picto

Estimadas familias:

Informarlles que estamos ensaiando unha coreografía da canción "Terra" (by Tanxugueiras) para bailar con todo o alumnado o vindeiro xoves 7 de abril , Día Mundial da Saúde.

A coreografía foi creada por dúas nenas do colexio de Frións, así que, en colaboración con este colexio veciño, está programado que un grupo de alumnos e alumnas saia bailar á praza de España (sempre e cando o tempo e as circunstancias o permitan).

Esta proposta enmárcase dentro do proxecto "Móvete+", do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

Premer na imaxe para ver a coreografía, e animamos a que a bailen en familia, cos amigos e amigas, coa veciñanza,...

 

 

 

Vede que ven o pasamos todos xuntos na praza de España

 

Video baile Terra

 

Móvete + Memoria Resumo20-21

Este curso movémonos + e cada día mellor.logo Plan Proxecta

Gozamos coa música, para expresarnos artísticamente, para compartir cos amigos e amigas, para desfrutar con diversas dinámicas e propostas,

para bailar libremente, para facer coreografías dirixidas, para facer retos,...

Preme  para ver un chisco do que fixemos para mellorar a nosa saúde emocional e física.                      memoria-movete+ video

 

Cha-Cha-Slide

QUE BEN O PASAMOS CON ANNIE, BAILANDO E APRENDENDO INGLÉS.

THANKS A LOT, ANNIE!!!

BANDEIRA USA   AMIZADE BANDEIRA GALICIA

Despois de ensaios en aula, de aprender a letra e os pasos, velaquí tendes o resultado.

Video Cha-Cha-Slide

 

Distribuir contido