Onde estamos

ENSINANDO COMO CHEGAR A RIBEIRA !

Hoxe en día é moi sinxelo chegar aos sitios grazas ás novas tecnoloxías e sempre podedes atoparnos a través de Google Maps:

 

 

Pero tamén nos gustaría contarvos de forma breve un pouquiño sobre a contorna que nos rodea:

  • Ao Noroeste da Peninsula Ibérica atopamos a Comunidade Autonoma de Galicia. Ao Norte esta bañada pola confluencia do Mar Cantábrico e ao Oeste polas augas do Oceano Atlántico. Políticamente Galicia limita ao Este coas comunidades de Asturias e Castela e León, ao sur co país irmán, Portugal, con que durante moitos anos compartimos idioma e cultura.

 

  • A Comunidade Autónoma de Galicia está dividida en catro provincias que de Este a Oeste e de Norte a Sur son:Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. Nós pertencemos á provincia da Coruña, en cuxa península máis ao Sur, Chamada Península do Barbanza, se ubica a cidade que nos acolle.

 

  • A Península do Barbanza disfruta das bondades da ría de Muros e Noia pola parte norte e da Ría de Arousa, unha das máis ricas de Europa, pola parte sur. No Barbanza podes atopar as Bisbarras de Noia, Rianxo, Boiro, Pobra, Porto do Son, Portosín e tamén a nosa Vila Ribeira, ás veces escrita con “V” e outras con “B” como se recoñece oficialmente o topónimo na Xunta de Galicia.

 

  • Ribeira é unha cidade que mira ao mar coas industrias conserveiras e a pesca así como ao turismo. No ano 2007 tiña unha poboación de 27.181 habitantes. Podes atopar paisaxes fermosas como as de Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural. Monumentos Megalíticos coma o dolmen de Axeitos, o de Artes, da cidá.... As festas locais son moi concurridas e teñen moita sona como a Festa da Dorna. Invitámosvos a vir!.

 

  • CEIP o Grupo ubicase no centro da vila da Ribeira, ná Avenida Miguel Rodríguez Bautista, nº 22, moi preto da plaza do concello e ao carón da Policía Nacional.

 

 

  •  Se tendes GPS e non vos queredes perder as coordenadas son:
    • 42º 33´23.89´´N
    • 08º 59´40.21´´O
Distribuir contido