As vivencias do Grupo

Encontro literario coa autora MARÍA CANOSA

A cazadora de estrelas

 

Preme na imaxe para ver o encontro do alumnado de 3º coa autora María Canosa.

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Día Mundial do Autismo

A pesar da choiva participamos coa Asociación Amicos nunhas xornadas moi divertidas!!!

Preme na imaxe para ver algunhas fotos que nos fixeron.

Saída didáctica a Corrubedo

O noso alumnado de Educación Infantil puido vivir unha bonita xornada visitando o Faro de Corrubedo e xogando xuntas/os na Praia de Balieiros.

SAÍDA AO FARO DE CORRUBEDO

 

Preme na imaxe para ver máis!!!!

FELICITACIÓN NADAL 23-24

A nosa rapazada estivo a deseñar postais ben bonitas, para desexarnos un moi Bo Nadal.  Moitas grazas a todos e todas.

Velaquí temos as gañadoras. Parabéns!!!

2ºPremio Postal Nadal 23-24 1º premio postal Nadal 23-24 3ºpremio postais Nadal 23-24

CALENDARIO SOLIDARIO 23-24

Os nosos nenos e nenas, coas súas mestras e mestres estiveron a debuxar e crear con ilusión estes fermosos faros, que queren ser unha luz de esperanza e solidariedade con aqueles outros iguais que precisan ser atendidos e entendidas .

Con eles deseñouse este calendario solidario, para recadar fondos para a asociación sen ánimo de lucro "Ágape".

Precisamos a vosa colaboración tamén. Moitas grazas

CARREIRA DE OBSTÁCULOS POLA DIVERSIDADE 23-24

Poñerse no lugar do outro sempre é o máis difícil.

Quixemos que o noso alumnado experimentase as dificultades que outras persoas viven no seu día a día, para  que desenvolvan esa empatía necesaria e poder axudar e comprender que as barreiras existen, pero minimízanse se as entendemos e somos quen de contribuír a reducilas.

Preme na imaxe para ver canto disfrutamos!!!!!!

CARREIRA POLA DIVERSIDADE

Co motivo do Día da diversidade funcional, o martes día 5 de Decembro celebraremos no colexio a carreira solidaria Enki, unha carreira de obstáculos moi divertida.

Polo que invitamos a todo o alumnado a vir con roupa cómoda e  "adornado" (unha perruca, unha capa, unhas gafas...) o que lles apeteza!

 

Distribuir contido