As vivencias do Grupo

ART FOR DENT - CALENDARIO SOLIDARIO

OGrupo con Art for Dent

Os nosos nenos e nenas estiveron a aprender e gozar da arte de Kandinsky, empregando distintas técnicas e materiais, para realizar unha obra conxunta de todo o cole, para colaborar con unha iniciativa solidaria: 

A REALIZACIÓN DE UN CALENDARIO ARTÍSTICO SOLIDARIO  EN FAVOR DA

ENFERMIDADE DE DENT

Cartel-calendario-Dent-22 Kandinsky-Dent-O-Grupo

Se queredes saber máis sobre esta  enfermidade de Dent : https://artfordent.es/

Os cartos que se recauden irán 100% destinados a unha nova liña de investigación que vai comezar no NefroCHUS (www.nefrochus.com), en Santiago de Compostela e que vai estar financiada pola nosa asociación.

Este calendario solidario foi feito cos deseños  de varios colexios. Aquí tendes un vídeo coa reseña dos participantes. Premede na imaxe ou escaneade o código QR.

Video-calendario22-Dent  QR-Calendario-Solidario-Dent

 

 

 

Mercadillo solidario 20-21

MERCADILLO SOLIDARIO 2021libros gif animado alimentos gif

Como vimos facendo desde fai uns anos, o Equipo de Voluntariado da Biblio, levamos a cabo a iniciativa do "Mercadillo solidario".

Cambiamos libros por alimentos, que logo donamos a Cáritas Parroquial e a asociacion da Comunidade Evanxélica, para que a nosa solidariedade chegue a todas as familias que o necesitan. Este curso,  por mor da pandemia, non pudemos facelo nunha praza pública. Fixémolo dentro da escola. Pero...aínda así, a colaboración da nosa comunidade educativa foi moi grande. 1000 grazas por ese corazón tan grande!!!

MERCADILLO SOLIDARIO 2021

 MERCADILLO SOLIDARIO 2021 MERCADILLO SOLIDARIO 2021     MERCADILLO SOLIDARIO 2021

8 M 2020-2021

8 M 

via GIPHY

Este ano, coma nos anteriores, puxemos en práctica distintas iniciativas para facer visible o papel da muller na actualidade , e ao longo da historia.

 Este Pasapalabra feito polo alumnado de 2º de primaria, coa súa mestra.

Tamén, a nosa coordinadora da biblioteca nos preparou  un arquivo para divulgar e coñecer mulleres científicas galegas, pioneiras no ámbito da ciencia e da tecnoloxía, nun anos e mundo onde era difícil facerse un oco nestas disciplinas. Grandes modelos a seguir.
 

PATIOS DINÁMICOS INCLUSIVOS

BADABOOM CARTELPATIOS DINÁMICOS INCLUSIVOS

Este ano ao longo de todo o curso tivemos a sorte de contar co equipo BADABOOM, PATIOS JAPI, da asociación AMICOS.

Con el no tempo de lecer, puxemos en práctica moitos dinámicas e xogos para todos e todas,onde pudemos compartir, gozar e incluirnos, onde cada un de nós atopou o seu lugar e o seu momento cos demais.

video xogo do pano con animais

 

Día da discapacidade 2020

Día da discapacidade

Este ano tivemos a sorte de celebrar este día coa asociación Amicos, e o seu equipo BADABOOM, PATIOS JAPI, o FESTIRITITI. Fixemos murais, xogos inclusivos, aprendemos a compartir,...Preme na imaxe para ver o vídeo.

festirititi2020

 

 

 

Distribuir contido