As nosas makinacións

Experimentamos, observamos, construímos,...

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Día Mundial dos dereitos do consumidor

Preme na imaxe para ver a búsqueda que fixo todo o alumnado para atopar a imaxe segreda!!!!

E para saber máis sobre a actividade...preme no seguinte enlace:

https://youtu.be/Pvxike1JZnU

O CEIP O Grupo no marisqueo.

Hoxe pola mañá tivemos a sorte de poder atender a aprender como se marisquea na nosa ría da man de tres mariscadoras da Pobra do Caramiñal.

alumnado mariscando

 

 

Día dos dereitos do consumidor

Día Mundial dos dereitos do consumidor O 15 de marzo é o día mundial dos dereitos do consumidor.

O noso centro sumouse a traballar un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Obxectivos Desenvolvemento Sustentable Cartaz Obxectivos Desenvolvemento Sostible

Con tal motivo o alumnado e as mestras e mestres, fixeron un estudo da información que aparece nas etiquetas dos alimentos que traen para merendar no recreo.

A principal análise que fixeron foi analizar os datos que aparecían, e logo centráronse na cantidade de azucre que conteñen.

O cálculo que realizaron desvelou a enorme cantidade de azucre que conteñen a maioría dos produtos que consomen a diario e que aparentan "saudables".

Imaxes cantidade azucre medido

Taller Axenda Urbana 2023

O alumnado de sexto de Primaria, tivo a primicia de poder inaugurar o  arranque da Axenda Urbana do Concello de Ribeira, xunto co noso alcalde.   Taller Axenda Urbana 2023-alc Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023 Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023

Desenvolveuse un obradoiro, onde os nenos e nenas puxemos en valor a cidade, e analizamos distintos aspectos, para logo facer as suxerencias axeitadas para conseguir que o noso entorno sexa cada vez máis sostible e humanizado.

O noso patrimonio é auga 21-22

 muiños,    lavadoiros, pontes, fontes,...

Fixádevos canto investigamos, e canto aprendemos do patrimonio que hai no noso Concello. Premede nas imaxes, e veredes canto temos para pór en valor e coidarmos entre todos e todas.

A ponte autoportante de Da Vinci

A ponte autoportante de Da Vinci

Este ano fomos matemáticos e matemáticas, exploramos a contorna, exploramos as leis da Física, aprendemos moito e tamén nos divertimos todos xuntos e xuntas!!

O horto do Grupo 21-22

O horto do Grupo
Este ano lanzámonos a tope coa plantación do noso horto comestible. Fixémolo no horto de primaria e tamén nos bancais de infantil. Coa axuda de Manolo da Roxa, da asociación ecolóxica local  "Sachos á rúa", botamos a andar, e...
botade unha ollada a todo o que plantamos e colleitamos!!!


Xadrez 2022

1ª trofeo xadrez en liña xogar axedrez

Parabéns ao noso alumando  polos resultados acadados neste 1º torneo de xadrez en liña; a 1ª copa foi o 5 de marzo e a 2ª, o 26 de marzo .Tamén parabéns ao seu mestre por desenvolver nel ese gusto por esta disciplina, que tantos beneficios reporta á mente e espírito.

1ª trofeo xadrez en liña

Gústanos a ciencia e a tecnoloxía

Maquinamos e aprendemos

Observamos, analizamos, recollemos datos,experimentamos, xogamos coa tecnoloxía, programamos,...O noso é MAKINAR!!!

aS MAKINACIÓNS DO GRUPO 20-21

Distribuir contido