Actividades

GANADORES DO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2015

SEGUIMOS A ESCRIBIR NA NOSA FERMOSA LINGUA. ESCRIBIMOS RELATOS, FERMOSOS CONTOS, POESÍAS E HISTORIAS EN BANDA DESEÑADA.

TODOS INTENTAMOS FACELO CON TODO O CORAZÓN E PARTICIPAMOS NO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO. CONSEGUIMOS GAÑAR ALGÚNS PREMIOS.

MAURO2015 PAULA2015 JULIO2015

 "Botsin o robot"                                          "Ribeira" e "O libro"                  "Vivir en Ribeira, un conto diferente"

 Mauro Vizcaya Rey              Paula Castro Zambrana         Julio Pérez Pérez

 

 

Blog de Dinamización Lingüística

Visita o noso Blog, atoparedes o noso periódico "Letras Baleiras" entre outras cousas. Visitádeo!:

http://onosofalar.blogspot.com/

FESTIVAL FIN DE CURSO 2010

O martes 22  de xuño de 2010 celebramos no colexio do Grupo o Festival que pecha o curso académico 2009_10.

Organizamos unha sesión "guateque" con actuacións en directo: baile rexional galego e diferentes montaxes coreográficas con temas actuais. Ao rematar a actuación en directo tivemos sesión D´J e aperitivos con refrescos para todo o alumnado.

Despedimos con agarimo ao alumnado que promociona ao Instituto, aos que se trasladan de centro e aos mestres/as que se xubilan ou que se trasladan, sorte e bicos para todos/as.

Feliz Verán e ata o curso que ven!

Clica na ligazón para ver a galeria de imaxes

Rosalía de Castro 21-22

 

Rosalía de Castro Mural Rosalía 21-22

Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER.
Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser.
É pois, hoxe 23 de febreiro,un día grande para a nosa lingua. Grazas a ela, o galego é hoxe unha fala coñecida internacionalmente. Os seus libros e poemas, traducidos a outras linguas, son gozados por miles de persoas.  Escoitade  vós tamén o podcast gravado na nosa emisora RAdioTOdiño,  por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro. Os meniños de Paula, de INF-B, gravaron este fragmento dun poema de Rosalía.
A ver se vos gusta!

https://radiotodinho.blogspot.com/

Os nosos rapaces e rapazas estiveron tamén a gozar da súa obra e poñer en valor a lingua galega, debuxando, pintando, escribindo, recitando,...
 

LETRAS GALEGAS

 


  ACTIVIDADES EN ANOS ANTERIORES:


Os equipos de Novas Tecnoloxías e de Normalización veñen de maquetar o próximo número da Revista Alborada 2010. Este ano leva como tema o Mundo Mariño, temática do Traballo por Proxectos que se levou a cabo este curso no cole do Grupo.


Este número foi enviado á imprenta e en breve estará a disposición da Comunidade educativa do cole. Todalas clases teñen mostras do traballo e actividades realizadas ao longo do curso: excursións, traballos, campionatos escolares, contos, debuxos, fotos grupos de aula, traballos de inglés, temos páxinas centrais a toda cor das Letras Galegas e do Proxecto de traballo de Infantil.


Deixamosvos a portada deste ano. Un saúdo afectuoso e agardamos que vos guste este novo número.


Festival Letras Galegas 2010.

Hoxe 13 de maio de 2010 o cole do Grupo celebrou no Auditorio Municipal de Ribeira o tradicional Festival das Letras Galegas.

Coma ven sendo habitual nestes actos ao ter o Auditorio un aforo tan pequeno tivemos que facer dúas quendas de actuacións e tamén coma sempre sentimos non ter aforo para os papás e mamás. 

Na galería de imaxes tedes a reportaxe fotográfica de ámbalas dúas sesións de actuacións e proximamente teredes dispoñible unha video montaxe coas actuacións íntegras para non perder detalle destes pequenos/as artistas.

Agardamos sexan do voso agrado.

Prema na ligazón para acceder a Galería de imaxes.

Exposición: O traxe Tradicional Galego

Nestas Datas de celebración das Letras Galegas 2010, no cole do Grupo andamos a organizar unha exposición sobre o Traxe Tradicional Galego. Para iso recurrimos á inestimable colaboración de Concha García Torrado e de Ignacio Callón Domínguez, quen gustosamente nos cederon temporalmente a súa valiosa colección de traxes tradicionais e o seu tempo para contribuir a difundir a cultura galega.

A exposición estará aberta ao público dende o 10 ao 18 de Maio. Animamos a toda aquela persoa interesada no tema a que se achegue ao centro en horario habitual pola mañá de 9h a 14:00h e pola tarde de 16:00h a 17:30 h.

 

Prema na ligazón para acceder á galeria de imaxes

 

Letras Galegas 2010: o lucense Uxío Novoneyra.

 

 

 

Este curso académico desde o colo do Grupo estamos a organizar o programa de actividades paraa conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio) que este ano se adica ao escritor lucense D. Uxío Novoneyra.

- Os titores andan a organizar actuacións cos seus grupos aula para o Festval de Letras Galegas no Auditorio Municipal.

- O Equipo de Normalización Lingistica do cole anda a organizar o Correlingua deste ano e o Tradicional Certame de Debuxo e Pintura.

- O equipo de Novas Tecnoloxías anda a rematar de maquetar a cartelería desta comemoración. Está a rematar unha nova edición da Revista "Alborada".

- Andamos a organizar unha exposición de Traxe tradicional Galego, en breve teremos máis novas.

- O Equipo de Biblioteca anda a traballar noutra nova actividade para promocionar a lectura.

 

PASARRÚAS DE ENTROIDO POLO CENTRO DE RIBEIRA

Hola a tódolos visitantes da nosa web!
Hoxe venres, 12 de febreiro celebramos o Entroido 2010 do colexio facendo un pasarrúas na compaña doutros coles de Ribeira polo centro da cidade.
Aproximadamente ás 11:00 da mañán saímos dende a rúa Estatuto, ao carón do parque de Abesadas. Os nenos e nenas do Grupo xuntámonos con nenos e nenas dos coles do Galaxia, Bayón e Deán. Logo de xuntarmonos todos no parque baixamos pola rúa Rrosalía de Castro  cara o Malecón onde o vento zoaba que daba medo e moito frio. Polo pasaeo do Malecón fomos ata o Palco de Pedra e logo demos volta cara o cole de novo.
O tema deste Entroido no noso cole era o Mundo Mariño e polo tanto imaxinade os disfraces: Cangrexos, Pingüíns,Estrelas de mar, Medusas, Piratas do caribe, da Perla Negra, piratas con loro e sin loro...
O ffffrrrrio desluciu un pouco a xornada, e ainda que puido con algúns pequerrechiños pasamolo moi ben e os papás e mamás puideron facer moitas fotografías.
De volta nas aulas tivemos pouco tempo para degustar algúns produtos típico destas festas, roscas de entroido, filloas, orellas... "vivan as celebracións galegas con comida".
Deixamosvos unha ligazón para acceder á galeria de imaxes do evento.
Un saúdo...

Felicitación de Nadal 2009-2010 do CEIP O GRUPO

O CEIP O Grupo desexavos Bo Nadal a todos/as!

Distribuir contido