Rosalía de Castro 21-22

Rosalía de Castro Rosal_ia de Castro mural
Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER.
Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser....
Escoitade o podcast gravado por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro. E tamén cativas e cativos da aula de INF-B da profe Paula recitan "Vente, rapaza", un fragmento dun poema de Rosalía de Castro. Premede no enlace á nosa emisora  RAdioTOdiño, para gozar dos audios.
Tamén desfrutamos pintando a Rosalía,  escribindo os seus poemas, gozando das nosas verbas en galego, para engalanar portas e corredores , con pensamentos, a flor favorita de nosa máis senlleira escritora.