Nadal 21-22

    gif animado agasallos nadalPor un Nadal Solidariogif animado árbore nadal  

Este trimestre os nosos cativos e cativos estiveron a traballar a reo cos seus mestres e mestras para solidarizarse con dúas causas moi importantes:

-recadar fondos para a enfermidade de Dent, colaborando co calendario solidario,

-e o empaquetado agarimoso co papel deseñado por eles e elas, dos alimentos que  trouxeron para compartir coas familias que nos necesitan, nestas datas, se cabe, aínda máis.

Neste vídeo, queren amosarvos un chisco do que fixeron, e tamén desexarvos un moi Bo Nadal. Premede para velo e descargalo.

 

VÍDEO-fELICITACIÓN-NADAL

A nosa ANPA SANTA UXÍA, ten o pracer de convidar a todos os nenos e nenas do  colexio a gozar dun espectáculo de teatro, para escachar coa risa: 

"Bon Apetit".

Bon Apetit, cartaz teatro