Campañas

5 XUÑO DE 2017-DÍA DO MEDIOAMBIENTE

ESTE LUNS 5 DE XUÑO CELEBRAMOS TODOS XUNTOS O DÍA DO MEDIOAMBIENTE , NA PRAIA DE COROSO. Guay

 

DÍA DO MEDIOAMBIENTE-CURSO13-14

ESTE ANO FOMOS TODO O COLEXIO A COROSO: OS MESTRES E MESTRAS E OS NENOS E NENAS. OS MAIORES FORON ACOMPAÑANDO AOS MÁIS CATIVOS.TODO RESULTOU A PEDIR DE BOCA.

COROSO COROSO

COROSO COROSO

 

GRAZAS AO EQUIPO DE MEDIOAMBIENTE E AOS MESTRES E MESTRAS COLABORADOR@S,TIVEMOS XOGOS PARA DESFRUTAR NA AREA.

FIXEMOS CASTELOS...

CASTELOS CASTELOS

CASTELOS CASTELOS

XOGAMOS Á PELOTA E CO DISCO VOADOR...

PELOTA PELOTAS DISCO

A XOGATIRA E COAS RAQUETAS...

TIRAPUXA TIRAPUXA

RAQUETAS TIRAPUXA

RECÍCLATE CON SOGAMA-CURSO 2012-2013

O NOSO COLE ESTÁ INTENTANDO TOMAR CONCIENCIA DA IMPORTANCIA QUE TEN A RECICLAXE DO LIXO QUE XERAMOS A DIARIO.

PARA ISO ESTAMOS ENROLADOS NUNHA CAMPAÑA LIDERADA POR SOGAMA. SOGAMA OFRECEUNOS ASESORAMENTO SOBRE COMO DIRIXIR ESTA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN A COMUNIDADE ESCOLAR.

PROPORCIONOUNOS:

- INFORMACIÓN IMPRESA PARA COLOCAR NOS PANELES DO CENTRO,

-BOLSAS AMARELAS E AZUIS PARA O LIXO XERADO NAS AULAS,

-UNHA ILLA COMPOSTA DE CONTEDOR VERDE, CONTEDOR AMARELO E CONTEDOR AZUL

-TAMÉN UN XOGO DE MESA XIGANTE, CON PREGUNTAS SOBRE A RECICLAXE. APRENDEMOS MOITO, PASÁMOLO MOI BEN E CONSEGUIMOS AGASALLOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES.

XOGO CON SOGAMA

LIXOMAN

QUEN É LIXOMAN?

 

O curso pasado chegou voando ao noso colexio un superheroe que non coñecíamos, era Lixoman. Ca súa capa e o seu escudo ensinounos a importancia de non tirar lixo, utilizar os contenedores e reciclar, coidar o medio ambiente,.... e así mellorar o noso colexio.

Temos que estar moi atentos pois, cando menos o esperamos aparece polo noso cole e revisa a ver se seguimos os seus consellos e respetamos as catro erres da marcha de lixoman: Reducir e Reciclar, Reutilizar e Recuperar

Celebración do Día da Árbore

 

 

O pasado mércores 21 de marzo os alumnos/as de Terceiro de Primaria do CEIP O Grupo acompañados polos seus titores/as e outros mestres/as do centro foron ao Centro de Interpretación
do Ecosistema Litoral de Galicia no O Vilar-Carreira (Ribeira)
para pasar unha xornada moi fructífera.  Primeiro de nada prantaron árbores de diferentes especies autóctonas e despois en compaña de varios monitores realizaron diversas actividades nas que os cativos/as gozaron dunha fermosa actividade ao aire libre. Voltaron ao cole despois de xantar. 

Clica aquí para acceder á galería de imaxes do evento

 

Os de Sexto visitamos a illa de Sálvora

O alumnado de 2º nivel de 3º ciclo de Primaria do Grupo vistou a Illa de Sálvora.

Ás 9:30 saímos do porto de Ribeira rumbo a Sálvora, a viaxe a bordo do Fly Boat durou apenas 30 minutos ata o embarcadero da illa.

Ao chegar recibíronnos os gardas do Parque Nacional para lembrarnos as normas básicas durante a estancia. Fixemos dous grupos para visitarmos diferentes puntos da Illa: o Faro e o paso onde afundiu o Santa Isabel, o Pazo, a Capela, a Serea, a Fonte, fauna e flora da illa e finalmente a aldea. Ao rematar tiñamos tanta calor que algúns probaron a auga.    

1º CICLO DE PRIMARIA VISITA O ZOO DE MARCELLE

O 1 de xuño de 2009 os alumn@s de 1º ciclco de primaria visitamos O Parque Natural de Marcelle, sito no concello de Outeiro de Rei (Lugo).

COIDAMOS O NOSO PATIO

Lixoman propuso este curso para seguir respetando as catro erres ( Reducir e Reciclar, Reutilizar e Recuperar) facer quendas para a limpeza dos patios pois é unha actividade de coidado do medio ambiente e de respeto polo espacio común que disfrutamos.

O titor lembra ao seu alumnado antes do recreo que lles toca a eles ese día a limpeza do patio e, unha vez que toca o timbre cóllense os materiais precisos (luvas e bolsas de distintas cores para reciclar) e por pequenos grupos recollen selectivamente durante 5 minutos os distintos tipos de lixo ( se atopan cristais, obxectos punzantes ou outro tipo de lixo "especial" non deben tocalo e avisarán ao mestre encargado). O mestre que os acompaña supervisa o que van facendo os axudantes de Lixoman e unha vez rematen depositan as bolsas pechadas nos correspondentes contenedores. Se algún día o señor do tempo acerta e chove, esta actividade formativa non se levará a cabo e seguirase o calendario acordado.

E lembrade as sabias palabras de Lixoman: "Non é máis limpo o que máis limpa, senón o que menos enlixa"!

ZONAS VERDES

Este curso e máis o pasado, Lixoman botounos unha man para mellorar as zonas verdes do noso cole, facilitándonos as ferramentas adecuadas e pedindo axuda ao Concello de Ribeira (con aportacións), asi como a asociación Ambar.

Os nosos xardíns melloraron notablemente ca plantación de novas plantas e flores pero non debemos esquecer que para que as zonas verdes se manteñan no seu esplendor deben ter uns coidados continuos. O noso alumnado ofrécese voluntario para o seu mantemento e podemos dicir que Lixoman está encantado ca súa colaboración.

Distribuir contido