Campañas

Taller Axenda Urbana 2023

O alumnado de sexto de Primaria, tivo a primicia de poder inaugurar o  arranque da Axenda Urbana do Concello de Ribeira, xunto co noso alcalde.   Taller Axenda Urbana 2023-alc Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023 Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023

Desenvolveuse un obradoiro, onde os nenos e nenas puxemos en valor a cidade, e analizamos distintos aspectos, para logo facer as suxerencias axeitadas para conseguir que o noso entorno sexa cada vez máis sostible e humanizado.

Sementeira Ciscabyte22-23-Proxecto Terra

Sementando Edusostibilidade

O noso centro, o noso alumnado e as mestras e mestres seguimos a traballar por un mundo máis limpo,  que a nosa cidade estea cada vez máis limpa, con menos lixo, con menos elementos contaminantes. Dentro dos programas do Plan Proxecta, a través do Proxecto Terra, da man do arquitecto Luís Carretero, os nenos e nenas saíron a recoller lixo polos arredores do colexio, para logo facer un mapeado  do mesmo, para rematar dándolle unha dimensión artística. Mirade o proceso.

Sementeira Ciscabyte 22 23 Canva

O horto do Grupo 21-22

O horto do Grupo
Este ano lanzámonos a tope coa plantación do noso horto comestible. Fixémolo no horto de primaria e tamén nos bancais de infantil. Coa axuda de Manolo da Roxa, da asociación ecolóxica local  "Sachos á rúa", botamos a andar, e...
botade unha ollada a todo o que plantamos e colleitamos!!!


FOGGA: froita e leite frescos 21-22

FROITA E LEITE FRESCOS!! logo FOGGA

Este ano co FOGGA da Xunta de Galicia, participamos na campaña de consumo de froita e leite frescos. Como desfrutamos comendo amorodos, plátanos, sandía, mandarinas, mazás ou nectarinas. Que boas estaban!! E logo,... a beber leite fresco, cento por cento galego!!!

Esto si que é merendar san!!

 

 

TI SI QUE ES UN BO PEIXE 21-22

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Con este obradoiro, aprendemos moito sobre os tipos de peixes, os tipos que hai e os aportes alimentarios que cada un  proporciona.

Ti si que es un bo peixe

Movémonos moito 21-22

Movémonos cada día máis

No cole estamos a procurar unha vida cada día máis activa e san.

Aproveitamos cada oportunidade para bailar, facer coreografías, xogos divertidos ao son da música,..., Animádevos con nós!

Premede na imaxe para coller ideiñas.

Proxecta +

 

 

 

 

O CERCO- UN XEITO DE VIDA

O CERCO. UN XEITO DE VIDA

 O alumnado do noso cole estivo a investigar sobre este xeito de vida tan galego, sobre os peixes que con esta arte de pesca os nosos mariñeiros traen a terra. Tamén sobre os beneficios para a saúde que nos aporta o seu consumo. Fixemos teatro, radio,...Aprendemos moito e pasámolo aínda mellor!!!

Premede na imaxe, para ter acceso aos enlaces da obra de teatro e dos podcasts de RadioTodiño. Que os desfrutedes.

Acerga- teatro e radio

Día do Medio Ambiente

04/06/2021 09:00
04/06/2021 14:00
Europe/Paris

Ningún xoguete sen neno ou nena.

10/11/2019 20:19
Europe/Paris

     Xa está aquí! Xa chegou un ano máis a campaña "Ningún xoguete sen neno ou nena". Lembrade que é unha campaña organizada polo equipo de Medio Ambiente para recoller eses xoguetes que xa non usamos, pero que non tiramos, xa que están en bo estado. Ordeade trasteiros e habitacións e traede xoguetes á entrada do cole,no edificio principal, alí teredes unha caixa onde depositalos.

                             GRAZAS! Estaremos ata o 20 de decembro.

Campaña Nadal 2018

"NINGÚN XOGUETE SEN NENO"

 

Como cada nadal o noso cole, coa vosa colaboración, quere ser solidario cos pequenos e pequenas que non van poder gozar destas datas como a maioría dos nenos e nenas.

Para botar unha man trae ao cole xoguetes. Recorda que tamén serven aqueles que están tristes e esquecidos na túa casa, e así veremos o máis grande dos sorrisos nas súas caras!  Sorriso

 

 

campaña solidaria,xoguetes,nadalcampaña solidaria, xoguetes, nadal

 

Distribuir contido